Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

15 abril, 2018


UNHA TARDE NO MUÍÑO.

Programa nº 14. Luns 9 abril 2018. 
Sintonía e, despois de presentar aos convidados, comeza Roberto Taboada a súa sección: Noticias do Barrio Alto. Información sobre a visita ao Concello, sobre a Intrabarrial e sobre a incidencia do Plan de barrios que se está a levar en Canido.

En segundo lugar tivemos a intervención de Ana Álvarez, Presidenta da Asociación de Hostaleira, Comercio e Profesionais do Barrio de Canido. Informa Ana da recente constitución desta Asociación. Tamén de obxectivos, socios e proxectos a realizar.

Rafa Aguirrebengoa en Outra información é posible, presenta e desenvolve información sobre o Movemento en defensa das Pensión Públicas. Tamén sobre “O Delito “ de salvar vidas e tamén sobre a presentación en Ferrol da Plataforma Vía Galega.

Guilberto Seoane participou na sección Vivo, penso e declaro.

O tema do día: A revolta das pedradas. Xan López foi o relator neste Obradoiro de Historia. Partindo da denominación, cronoloxía e do ámbito xeográfico, o historiador expuxo as chaves económicas, os foros, o réxime fiscal abusivo para o campesiñado, o agrarismo en Ferrolterra…O sistema da Restauración, clasista e alonxado das necesidades populares. O estado de desesperación, o sufrimento  e as circunstancias que fan que nestes momentos, marzo de 1918  estoupe a Revolta das pedradas.
E camiñar,camiñar.


UNHA TARDE NO MUÍÑO

Programa nº 13. Luns 26 marzo 2018.


Nova emisión dende as instalación do Centro Cívico de Canido. Emisión que comeza cun chamamento de Fran, en representación de Radio Filispím, a participar no Conspirando 2018.

Roberto Taboada en Noticias do Barrio Alto, informa da entrevista mantida co Alcalde , preparatoria dos Maios. Tamén informa da próxima visita do Concellal de Barrio a Canido .

Na sección Outra Información é Posible colabora , nesta ocasión, Rafa Rodríguez. Reflexión sobre a necesidade de buscar información máis aló do comercial. Percorrido pola actualidade comentando temas variados: Sanidade, Xustiza, Cataluña…

Vivo, Penso e Declaro contou coa intervención de Sabela Rodríguez .

O Tema do Día tivo como cerne de exposición  O Dereito a Pensións Dignas. Participaron neste debate Chitola Rey, Marichi Cuadrado, Rafa Rodríguez  e María José, asistente dende o público. Unanimidade entre os participantes en presentar as Pensións como un dereito. Dereito de toda a cidadanía a vivir con dignidade.
Exposicións biográficas de anos de traballo e loita e, duras críticas a mensaxes e intentos de xustificar as privatizacións de servizos públicos, nomeadamente as Pensións.
Despedida con Cesaria Evora e Eleftheria Arvanitaki, camiñando a S. Tomé.

13 abril, 2018

Esta fin de semana ten lugar na Coruña a asemblea da Red de Medios Comunitarios (ReMC)

Esta fin de semana ten lugar na Coruña a asemblea da Red de Medios Comunitarios (ReMC). www.medioscomunitarios.net.



Cuac FM e a ReMC inauguran o venres 13 Encontro Anual da Red De Medios Comunitarios en A Coruña cun coloquio sobre a liberdade de expresión ás partires das 18:00 horas no Centro Cívico Cidade Vella (Veeduría, 2)

O Xornalista Xabier Fortes, Premio Ondas 2017, inaugurará o evento cun coloquio sobre a situación actual da liberdade de expresión nos medios de comunicación Isa Lema(AMARC Europe Cuac FM) e Maria N. Limon (ReMC), expertas en comunicación e democratización mediática, abordarán a persecución aos medios comunitarios en España e que está a investigar a ONU Riccap Regarlic - Rede Galega de Rádios Libres e Comunitárias ComuniCambio

Durante a xornada do sábado terán lugar a asemblea en si, con debate, ponencias, charlas e mesas de traballo entre as emisoras englobadas neste Rede.
 


O domingo 15 ás 13h, na Sala Mardi Gras haberá unha sesión vermú aberta a todo o público en apoio a CUAC FM con Victor Grande e Ángela Triana. evento en facebook.

 Alí estaremos.

Ábrete de orellas, CCXXV, 9-abril-2018

Un honor abrir o programa desta semana co adianto do agardado novo disco de Mercedes Peón. O disco edítase o día 27 deste mes e presentarase no Auditorio de Ferrol o domingo 13 de maio.

 Temos moitos concertos e novidades que compartir, con moita presenza abonda de artistas do país. Que gocedes da selección !
     
    • Mercedes Peón "Plataforma"
    • Samarúas "Alento"
    • Xabier Díaz & Adufeiras de salitre "Flor de abril"
    • La Marabunta "Androide"
    • Nicolás Pastoriza "Mujer de centro derecha"
    • Izal "Bill Murray"
    • Tangata "Melodía de arrabal"
    • Los Hermanos Cubero "Ya se está poniendo el sol"
    • The Autumn Comets "Sangre y madera"
    • Cuarta Xusta "Querémonos libres"
    • MJ Pérez "Cando te canses"
    • Zënzar "Non"
    • Talabarte "Loch Nis"

Na selección, comentarios e descontrol técnico, Pepe Cunha.

Contáctanos en abretedeorellas@gmail.com

Velaquí os horarios de emisión en Rádio FilispiM: luns, 20:30 h.; mércores, 15:00 h.; xoves 22:00 h.

Tamén redifundido pola Regarlic - Rede Galega de Rádios Libres e Comunitárias:
Cuac FM, mércores ás 9 da mañá
A Kalimera Rádio Livre
Radio Roncudo, martes ás 5 da tarde
radiONeria mércores ás 21h e sábado ás 9 da mañá
Radio Piratona, varios días e horarios
Radio Fedello os xoves

e tamén polas radios municipais
Radio Redondela, venres ás 23 h e sábados ás 21 h.
Radio Negreira, martes ás 14:30 h. 
 e
PontevedraViva.com os martes ás 21 h.

FilispiM vai ás VI Xornadas de Enfermaría Familiar e Comunitaria, 14 de abril 2018 no Hospital Naval de Ferrol.



Este sábado 14 de abril, a partir das 10:45 am, dende o Áula Nodo de Innovación do Hospital Naval de Ferrol: “FilispiM vai ás VI Xornadas de Enfermería Familiar e Comunitaria.”

Gravación ao vivo coa participación do persoal técnico e sanitario especializado en enfermaría comunitaria: enfermeiras, sicólocos clínicos, traballadoras sociais, médicos, xestoras sanitarias e responsábeis de formación…

“Filispim vai ás VI Xornadas de Enfermería Familiar e Comunitaria”. Este sábado 14 de abril a partir das 10:45 am. Entrada libre.

Emisión en diferido o sábado 21 de abril a partir das 7 da tarde, en Rádio FilispiM, 93.9 FM

Rádio FilispiM, nacida libre.


(promo)

10 abril, 2018

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 261 3.04.2018



NEW ORDER

Paul Morley, colaborador insigne del mítico New Musical Express decía que New Order venían del norte geográfico –concretamente de Manchester- pero también del norte que marca las ideas avanzadas y la creatividad. También venían, claro, de Kraftwerk, de Brian Eno, de la Velvet… pero sobre todo venían de Joy Division y su genial líder y compañero de grupo Ian Curtis, quien lamentablemente puso fin a su vida de forma prematura. Hemos querido dedicarles un programa completo y creo que nadie podrá decir que no se lo merecen sobradamente. Escucharemos canciones inolvidables, desde el True faith y 60 Miles an hour a Blue Monday y Vanishing Point pasando por otros temas claves en su discografía, para acabar, claro, con el increíble Crystal.


09 abril, 2018

Escoita o programa especial do X Conspirando por umha Rádio Livre


O pasado xoves 29 de marzo, o Colectivo Opaii! – Rádio FilispiM celebrou a X edición do “Conspirando por unha radio libre” coa actuación de Oscar Fojo, compositor e letrista de “El Viejo Caracol” , “Blah!” e integrante das míticas bandas locais: Zinza, Morecegos, Retobato e Os Derradeiros. Actualmente, ultima a gravación do seu primeiro disco en solitario, “De ventos e lúas”.

Dende as 12:00 do mediodía, a radio libre e comunitaria de Trasancos  apresentou a toda a comunidade o seu novo estudio no Centro Cívico do bairro alto de Ferrol, Canido. Ademáis, no transcurso do festival houbo radio ao vivo con entrevistas, photocol, sorteo de camisolas de Rádio
FilispiM e riquísimos petiscos...


Programa 85 de Sons Revela2


O pasado venres 5 de abril do 2018 voltamos ás ondas filispinianas co programa 85 de Sons Revela2, unha selección de música africana, feita por Javier Malespina. 

Moitas grazas a tod@s pola acollida. 



Temas que soaron: 

 -Mercedes Peón- Plataforma 
-Fatoumata Diawara- Mali 
-Baloji- R.D. del Congo 
-Iness Mezel- Argelia 
-Ebo Taylor- Ghana 
-Imarhan-Argelia 
-Jean Luc Ponty- Senegal/Camerún/Guinea 
-Alune Wade-Senegal 
-Refugiados de Sierra Leona Allstar- Sierra Leona 

Related Posts with Thumbnails