Programa radiofónico da actualidade política cunha ollada dende a esquerda. No programa de hoxe tivemos a compañía de Alberto Espiñeira e Juan Allegue, activistas de diversas áreas. Falamos tamén con Rubén Juste, autor do libro "IBEX 35". Com Celso Posada e Jorge Mirancos na Radio Filispim ( Radio Livre e Comunitária de Trasancos) na 93.9 FM todos os martes de 21:30 a 22:30h.
Colabora na autogestom!
Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023
Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]18 maio, 2017
17 maio, 2017
Programa 81 de Sons Revela2
O pasado venres 12 de maio tivemos a visita no estudio filispiniano de dous dos integrantes de CGTH.
Nesta conversa puidemos tocar temas como o próximo concerto que organizarán no Pub Indie o día, 20 de maio, coa actuación de "Diola" ou do seu fanzine "Cidade Cretina".
Respecto ao temas que sonaron son referencias que editaron durante estos meses.
Dende aquí queremos agradecerlles a súa colaboración con nós. Coma sempre é un pracer contar con eles.
Programa 80 de Sons Revela2
O pasado mes tivemos a sorte de poder celebrar o 80 programa dun proxecto moi importante para nós. Dende aquí queremos darvos as grazas por seguir ahí.
É un pracer!
Ábrete de orellas, programa CLXXVIII, 15 de maio de 2017
En Ábrete de orellas a música en galego sona durante todo o ano con naturalidade, ao igual que o fan diferentes estilos da música popular.
Xa que logo, na semana do Día das Letras Galegas non temos por qué limpar conciencias ou facer protagonista a lingua do país unha vez ao ano.
Iso si, quixen facer unha escolma de letras de poetas galeg@s feitas cancións.
- Os amigos dos músicos "A Banda"
- Lobalú "Cantar 22"
- Acadacanto "Mar maior dos namorados"
- Leilía "Por riba do medo"
- Clara Pino & Pablo Vidal "San Simón"
- Señora Carmen "Maio longo"
- Narf "Autobiografía"
- Víctor Aneiros "Vida bohemia"
- O cadelo lunático "Non"
- Labregos do tempo dos sputniks "Amor e sangue en Chiapas"
- Fanny + Alexander "Espida de credo"
- Uxía con Lenine "Os teus ollos"
Na selección, comentarios e descontrol técnico, Pepe Cunha.
Contáctanos en abretedeorellas@gmail.com
Velaquí os horarios de emisión:
Rádio FilispiM: luns, 20:30 h.; mércores, 15:00 h.; xoves 22:00 h.
Cuac FM: mércores 9:00 h.
A Kalimera: martes 12:00 h.
Radio Roncudo: martes 17:00 h.
Onda Neria: mércores 21:00 h.
Radio Piratona: luns (23h), martes (19h), mércores (02h), venres (11h) e domingos (14h)
Radio Fedello: xoves
11 maio, 2017
Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 222 2.05.2017
DELICATESSEN
Cuando Ana Erdozain y Alba González se acercan a Galicia –lo suyo es la danza contemporánea- siempre tienen el detalle de acercarse a Ferrol para ponernos al día de nuestras vidas y escuchar música. En su última visita –acaban de actuar en el Rosalía de Coruña- hicieron lo propio y nos dedicamos a escuchar música tranquila de alta calidad, auténticas delicatesen. Nos contaron muchas cosas, entre otras las dificultades que atraviesan los artistas hoy día a causa de la reducción de los presupuestos, que afecta al número de componentes, a la escenografía, vestuario…a todo. Pero cuando hay calidad y pasión –sobre todo esto último- todo se supera. Es lo que ellas hacen y por eso las queremos y admiramos. Entre historia e historia, cervezas, empanadas y te, fueron sonando Jordan Klassen, Sufjan Stevens, Elliot Smith, The Pack A.D., Nick Mulvey, Exitmusic, Whitney y Say Hi.
10 maio, 2017
63º Programa Entrelazados [13º - 3T]
Reminiscencias do noso pasado: Escoitamos [II Parte] da conferencia do historiador Eliseo Fernández que trata sobre o movemento obreiro e o limiar das Irmandades da Fala, unha conferencia organizada pola Fundaçom Artabria co gallo do centenario das Irmandades da Fala de Ferrol. O Cantor de Jazz: Sección de música e cine con Carmen Sixto: O tema de hoxe [O Jazz no Cine]. Músicas de Brasil e Outras Terras: Sección de Eugenia Sanmartín. O tema de hoxe [Espazo de Reflexión].
Programa divulgativo en Lingua Galega, coordinado e conducido por Xurxo Gago. Email: entrelazadosnasondas@gmail.com Twitter: @EntrelazadosRF Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html Emisións: Ao vivo, mércores de 21:00 a 22:00 h. Reposicións: Madrugada do xoves ao venres de 02:30 a 03:30 h., domingos de 09:00 a 10:00 h. da mañá. Podedes visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.
Programa 21 de Directo de Esquerdas (09-05-2017)
Programa radiofónico da actualidade política cunha ollada dende a esquerda. No programa de hoxe falamos con Manuel Rodríguez Carballeira (Lalan) do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Com Celso Posada e Jorge Mirancos na Radio Filispim ( Radio Livre e Comunitária de Trasancos) na 93.9 FM todos os martes de 21:30 a 22:30h.
07 maio, 2017
FilispiM Vai a Canido o 5 de Maio de 2017
Escoita o programa de radio ao vivo no que contamos con asociacións e persoas que viven e teñen o seu centro de actividades neste barrio mítico da cidade de Ferrol, Canido.
O Venres 5 de Maio ás 18:00h no vestíbulo do Centro Cívico de Canido, falamos con representantes da A.V.V., da Asoc. Muiño do Vento, con persoas que levan toda a súa vida no Barrio e persoas que chegaron doutras partes e quedaron en Canido por amor ou por negocios, con o Clube de Montaña de Ferrol, con a SGHN, e muitas outras persoas, falamos da Festa dos maios, das meninas e novos proxectos, non o perdas.
Podes ver o album de fotos aquí:
https://www.facebook.com/pg/radiofilispim.opaii/photos/?tab=album&album_id=1303482706415387
https://www.facebook.com/pg/radiofilispim.opaii/photos/?tab=album&album_id=1303482706415387
Assinar:
Postagens (Atom)