Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

21 janeiro, 2017

Directo de Esquerdas 6



Tertulia con Javier Losada, Rafael Pillado e Fernando Ramos sobre os conceptos de esquerda e clase obreira na actualidade, a situación de ambas e os movementos progresistas modernos. Que é hoxe esquerda? Que futuro teñen as esquerdas? Está representada a clase traballadora?


http://www.ivoox.com/directo-esquerdas-6-audios-mp3_rf_16573459_1.html

Directo de Esquerdas 5

http://www.ivoox.com/directo-esquerdas-episodio-5-audios-mp3_rf_16320636_1.html

Directo de Esquerdas en Radio Filispim, a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, na 93.9 da FM. Comentario de noticias e temas de actualidade e tertulia sobre a tenda de troco de Caranza, como exemplo de economía social saída do Encontro Social de Ferrolterra.

Directo de Esquerdas 4

http://www.ivoox.com/directo-esquerdas-episodio-4-audios-mp3_rf_15848086_1.html

Alegato a prol da unidade das esquerdas, comentariio de noticias relevantes e tertulia/entrevista con Maíta Fernández e Lluis Cerdá sobre resiliencia urbana e sobre mobilidade urbana e transportes aplicado especialmente a Ferrol e á súa comarca. É Ferrol unha cidade resiliente?

Directo de Esquerdas 3

http://www.ivoox.com/directo-esquerdas-episodio-3-audios-mp3_rf_15134664_1.html

Directo de Esquerdas episodio 3. Comentario das novas máis relevantes da semana en Ferrolterra, Galiza, España e no plano internacional e tertulia con dous activistas das Marchas da Dignidade, Alberto e Maxi, sobre o concepto de pobreza enerxética e como afecta á poboazón. Tamén se comenta unha axenda de eventos para a semana.

Directo de Esquerdas 2

20 janeiro, 2017

Ábrete de orellas, CLXI, 16-xaneiro-2017

esta é unha semana rica en concertos interesantes, tanto de artistas galeg@s como internacionais, así que aproveitamos para repasalos canda discos recentes.

Encantounos a presentación do "Pasatempo"de Radio Cos, así que volvemos visitalo por partida dobre.





  • Trilitrate "A carracuca"
  • Cró! "Dezing"
  • Lanuca "Tibia turbia"
  • Sés "Romance da bela rosa"
  • Cristian Silva "O conto do pequeno batedor"
  • Brigada Bravo & Díaz "Oh, Frenchy!"
  • The Rubinoos "I Think We're Alone Now"
  • Lambchop "DIV"
  • Ruxe Ruxe "Ingravidade"
  • Radio Cos "Pateado de Ambroa"
  • Radio Cos "Pandeiretada de Rendal"
  • Ialma "Novo alén"
  • Talabarte "Schaerbeek Circle"

Na selección, comentarios e descontrol técnico, Pepe Cunha.

Velaquí os horarios de emisión:

Rádio FilispiM: luns, 20:30 h.; mércores, 15:00 h.; xoves 22:00 h.
Cuac FM: mércores 9:00 h. e venres ás 15h.
A Kalimera: martes 12:00 h.
Radio Roncudo: martes 17:00 h.
Onda Neria: mércores 21:00 h.
Radio Piratona: luns (23h), martes (19h), mércores (02h), venres (11h) e domingos (14h)

18 janeiro, 2017

52º Programa Entrelazados [2º - 3ªT]

Apuntamentos de Lingua Galega: Apuntamentos de Ortografía [O Alfabeto]. Reminiscencias do Noso Pasado: Co Catedrático de Lingua e Literatura Galega, Xosé M. Dobarro [Limiar das Irmandades da Fala, 1916]. O Cantor de Jazz: Sección de música e cine con Carmen Sixto: O tema de hoxe [Billy Wilder]. Músicas de Brasil e Outras Terras: Sección a cargo de Eugenia Sanmartin: O tema de hoxe [Cidade de Deus]. Música Galega: Amparo Arias [Enfeitizada],  Jacinta [Estranos na noite, 1967].



Programa divulgativo en Lingua Galega, coordinado e conducido por Xurxo Gago. Email: entrelazadosnasondas@gmail.com. Twitter:@EntrelazadosRF Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com Subscripción ao Podcast: http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html Emisións: Ao vivo, mércores de 21:00 a 22:00 h. Reposicións: Madrugada do xoves ao venres de 02:30 a 03:30 h., domingos de 09:00 a 10:00 h. da mañá. Podedes visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.

17 janeiro, 2017

Concentración unitaria en Ferrolterra na Acción Internacional contra o CETA - 21-01-2017


CUNHA PARA A CONCENTRACIÓN UNITARIA EN FERROLTERRA NA ACCIÓN INTERNACIONAL CONTRA O CETA.
SÁBADO 21 DE XANEIRO

NO CANTÓN DE FERROL (NAS INMEDIACIÓNS DO PALCO DA MÚSICA)
ÁS 12 DO MEDIODÍA

#STOPCETA
NON Á DITADURA DAS CORPORACIÓNS TRANSNACIONAIS
NA DEFENSA DOS POBOS E DO MEDIO AMBIENTE!




Co obxectivo de participar na convocatoria internacional contra o tratado de comercio e investimentos entre a Unión Europea e Canadá (CETA - Tratado Económico e Comercial entre a Unión Europea e Canadá) que está convocada para o sábado 21 de xaneiro de 2017. Tratado que está previsto que se debata no Parlamento Europeo a principios de febreiro e que no caso de que se aprobe, repetirían-se os debates nos diferentes parlamentos estatais, mesmo sería bon que se levara na Galiza aos diferentes concellos e ao Parlamento Galego, para crear un debate popular máis xeneralizado, mais iso depende dos partidos políticos e dos seus intereses.

O CETA é un tratado, no cal a modo de exemplo, de estar en vigor afectaría de cheo na nosa economía e ao noso poder de decisión. Todos lembramos o asunto da Mina de Corcoesto (Cabana de Bergantiños) onde a empresa Edgewater (que aínda non renunciou definitivamente), de capital canadense quería explotar unha mina de ouro destruíndo montes enteiros e enchendo as nosa augas e ríos de cianuro mercurio. Pois ao rexeitar o proxecto a compañía mineira podería esixir unha indenización multimillonaria e sen someterse aos tribunais ordinarios de xustiza (neste momento ten que lixitar no Tribunal Internacional da Haya onde pide sobre 20 millóns). O CETA prevee un sistema de resolución de conflitos inversor-estado (ICS) de acceso exclusivo aos inversores estranxeiros.

O CETA, como o TTIP e o TISA, non son tratados beneficiosos para as clase traballadora e o resto das clases populares, tanto de Europa, como de USAmérica ou Canada, só benefician a grandes corporacións transnacionais que impoñen os seus criterios para que os estados lexislen no seu beneficio, a cambio de transsacións comerciais ou investimentos que na maioría dos casos son moi prexudiciais para os pobos e o medio ambiente.

Related Posts with Thumbnails