Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

22 abril, 2015

Off Mental - programa 73 (Especial Durutti Column, 3º parte)

Vini Reilly
Edición nº 73 de Off Mental; a cara "b" da música na cara "b" da radio. Terceiro achegamento a Durutti Column e ao seu principal baluarte, Vini Reilly. A súa música é unha sorte de mistura de jazz, folk, música clásica, rock, mais tamén vangarda. Hoxe camiñamos polas súa producións musicais entre o ano 1986 e 1992.

A narración que pode ouvirse neste audio é unha adaptación radiofónica da entrada adicada aos Durutti Column, aparecida no estupendo blog: http://rincondesconexion.blogspot.com.es/
Músicas:
  • Tomorrow (Lp. Circuses and Bread. Factory, 1986).
  • All that love and maths can do? -John Metcalfe- (12´´ Tomorrow. Factory, 1986).
  • For friends in Italy (12´´ Greetings Three. Materiali Sonori, 1986).
  • Danny (Valuable Passages -compilatorio- . Casete. Factory, 1986) -orixin. 7´´ Enigma, 1981-.
  • L.F.O. Mod -tema extra- .CD. The Guitar and other Machines. Factory, 1987).
  • Late night, Naudlin Streeet. -Morrissey/Reilly- Lp. Viva Hate. His Master´s Voice Rcds, 1989).
  • Otis (Lp. Viny Reilly. Factory, 1989).
  • Contra-indications (Lp. Obey the Time. Factory, 1990).
  • Red Shoes (Lp. Red Shoes -compilatorio-. Materiali Sonori, 1992) -orixin. Lp. The Guitar and Other Machines, 1987-.
  • Neon (Lp. Obey the Time. Factory Rcds, 1990).

Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol), Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela), Radio Redondela, 94,9 FM e TT Radio. Para sumarse a emisión, contacte co Pequeno Monstro.
Selección musical e locución: André "Pequeno Monstro".
+ info: offmental.blogspot.com

21 abril, 2015

PROGRAMA 27 DE SONS REVELA2 (17-04-2015)

Coma cada semana, aquí deixámosvos o programa que tivemos a sorte de facer este venres. Neste caso a nosa convidada foi ANA ALCAIDE. Un auténtico pracer. Moitas grazas.


                                                 

As contas do VII Conspirando por umha Rádio Livre


Pedimos colaboraçom e participaçom para realizar o VII Conspirando, e ajudar à financiaçom da rádio sem ter que depender de ninguem nem estar subordinadas a nada, somos livres grazas a vos.

Aquí tedes as contas do VII Conspirando por umha rádio libre que se celebrou este ano 2015:


19 abril, 2015

PROGRAMA 26 DE SONS REVELA2 (10-04-2015)

Neste programa tivemos a sorte  de contar no estudio con, Mateo Bruquetas, un dos compoñentes do dúo "Bite the Soul" ademais de poder contactar vía telefónica con Eva Diaz González a outra artista.

Foi un auténtico pracer poder compartir unha tarde de venres con eles. Moitísimas grazas.


                                                   

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 136 7.04.2015




SIGUE LA PRIMAVERA (segunda parte)

…y que dure para siempre. En el programa pasado, centrado en música surf, no tuvimos ocasión de pinchar algunos clásicos instrumentales de la costa oeste americana de obligada escucha. Así pues, antes de cambiar de temática, aquí va una segunda entrega de música surf de la primera época con los Strangers, Lancasters, Surfmen, Storms, Davie Allan…al tiempo que hacemos una breve crónica de lo musicalmente más relevante de la pasada semana santa en Ferrol, que no fue otra cosa sino la celebración del VII Conspirando en la sala Super 8, conmemorando el X Aniversario de Radio Filispim. No hace falta decir que fue un éxito en todos los sentidos. Chapeau, o mejor, chapó!

A plataforma cidadá de Ferrolterra contra do TTIP, falou en Rádio FilispiM.



A Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra do TTIP (Tratado Transnacional de "libre comercio") vén
de participar, o pasado sábado 18 de abril de 2015, nunha convocatoria mundial contra deste tipo de tratados, impulsados a costas da cidadanía, resultado de negociacións ás agachadas entre os gobernos dos Estados de Canadá, EEUU e a propia U.E., con empresas transnacionais, vulnerando todo tipo de dereitos das persoas e prexudiciais ao medio ambiente.

Esta semana, tres integrantes da Plataforma cidadá contra do TTIP en Ferrolterra (Rubén, Celso e Elvira), explicaron na Rádio FilispiM, as orixes deste tipo de tratados e as consecuencias directas contra das persoas habitantes dos Estados que andan a asinar estes Tratados as costas da súa poboazón, como é o caso do español.

Ovímolos...

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria de Ferrol

O Ateneo Ferrolan apresentou umha solicitude de reconhecemento de responsabilidade patrimonial ao Concello de Ferrol.


O Ateneo Ferrolán solicita ao Concello de Ferrol que assuma o custo da fatura do transporte e custódia dos seus bens.

O Ateneo Ferrolán solicitou o reconhecemento da responsabilidade patrimonial ao Concelho de Ferrol em umha rolda de impresna que, seu presidente, Eliseo Fernández e o avogado da entidade, José Manuel Aneiros, deram na passada quarta feira 15 de avril (mércores) no edificio do Ateneo Ferrolán.

A continuaçom escutamos o audio da rolda de impremsa.

Informou Cholo para Rádio FilispiM.
Edición de audio: Pequeno Monstro.

17 abril, 2015

DIVERTIMENTO - Ateneo Ferrolán, rolda de prensa + Plataforma de Ferrolterra contra do TTIP (Acordo Transatlántico de Libre Comercio)

Un instante do programa especial contra do TTIP
Edición do venres 17 de abril, na Rádio Filispim, 93.9 FM, de DIVERTIMENTO para pequenos monstros.
  • Na primeira hora falamos do ATENEO FERROLÁN, da solicitude de recoñecemento de responsabilidade patrimonial que veñen de presentar ao Concello de Ferrol. Escoitamos íntegra a rolda de prensa que o presidente do Ateneo, Eliseo Fernández, e o avogado da entidade, José Manuel Aneiros, deron o pasado mércores no edificio do Ateneo Ferrolan.
  • Na segunda hora falamos do TTIP (Acordo Transatlántico de Libre Comercio), que negocian en secreto EE.UU., Canadá e a U.E. e que, de aplicarse, tería consecuencias directas sobre os nosos dereitos e liberdades individuais e colectivas (saúde, educación, en materia de lexislación laboral, medioambiental...). Para elo contamos no estudio con tres integrantes da Plataforma de Ferrolterra contra o TTIP, Rubén, Celso e Elvira. El@s, ademáis, anunciaron a convocatoria global para este sábado 18 de abril as 12:30 hrs., que en Ferrol terá lugar na  Praza do Concello.
Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Difunden: Radio Filispim 93.9FM e A Kalimera Rádio Livre


16 abril, 2015

O Recuncho nº 215


Mércores, 15 de abril de 2015, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada, e mércores alternativos de 19 a 20 hs. “O Recuncho” nº 215 , programa quincenal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitados: Entrevista telefónica a Alberto Garzón Espinosa, Sectº Xeral de IU, sobre o seu libro “La III República”. No estudio, co tema da República: Celso López Pazos, Presidente da Asemblea Republicana de Vigo, e Manuel Fernández Pita, Presidente de Memoria Histórica Democrática, de Ferrol.
Na “Sección Poética” e nos libros de Víctor: Eduardo Galeano.
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música: La Gran Orquesta Republicana.
Na equipa técnica: Miguel Castro.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

O Recuncho nº 214


Mércores, 25 de marzo de 2015, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada, e mércores alternativos de 19 a 20 hs. “O Recuncho” nº 214 , programa quincenal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Tema central: O 10 de Marzo de 1972. Coloquio de José Torregrosa, Victor Novás e Miguel Castro, e reproducción de fragmentos do radioteatro “Crónicas Republicanas”.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “Andrés Serantes: Lección de vida”.
Na “Sección Poética” : “Días Negros” de Ramiro Fonte.
Os libros comentados, espazo de Víctor G. Novás : “Informes de los sucesos del 10 de marzo” de Rosa Cal.
Novas e comunicados,
Música: Barrikada
Na equipa técnica: Miguel Castro
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

 

Related Posts with Thumbnails