Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

27 março, 2015

PROGRAMA 23 DE SONS REVELA2 (20-03-2015)

TEMAS QUE SOARON:

-Congo Angola Bahia
-Richard Bona Group
-Xan Campos - Abril 2064
-Pablo Seoane Trio
-Ton Risco - Fuco's Blues
-Dina El Wedidi - 07. El Liel
-Ray Lema - Aigre-doux
-Fatoumata Diawara  Roberto Fonseca New Album At Home
-Carlou D - Baawu Naan
-Razia - Akory Tsikaby
-Orchestre National de Barbes   Chkoun
-Muse - Invincible

                                                    


PROGRAMA 22 DE SONS REVELA2 (6-03-2015)

                                               
                                                  

25 março, 2015

22º Programa Entrelazados "D. Ricardo Carvalho Calero"

22º Programa Entrelazados, programa divulgativo en Lingua Galega
coordinado e conducido por Xurxo Gago.
 
Literatura Galega: Entrevista de Reimunde Norenha a D. Ricardo Carvalho Calero [Lugo, 1985].
Música Galega: Ruxe Ruxe coa canción [Nom sei se matei] e en segundo lugar A Minha Embala coa canción [Maria Silêncio].

Email:entrelazadosnasondas@gmail.com.
Twitter:@EntrelazadosRF Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com
Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html
Emisións: Mércores de 21:00 a 22:00 horas.Reposicións: Venres de 02:00 a 03:00 da madrugada, domingos de 09:00 a 10:00 horas
da mañá. Podes descargar a APP da Rádio FilispíM na seguinte ligazón: http://www.appsgeyser.com/getwidget/RadioFilispiM%20APP/ou tamén podes descargar a APP Tunein para escoitar a nosa radio dende un smartfone ou tablet.

Morre um trabalhador nos asteleiros de Navantia

A vítima, de 58 anos de idade, trabalhava na empresa auxiliar ÍRIS, falecia na noite de 24 de Março, esmagado por uma grande peça para uma plataforma da naviera Fernández Tapias.
O ano passado foram registrados um total de 23.214 acidentes de trabalho em jornada laboral na Galiza, um incremento de 3,79 % a respeito do 2013, según dados da Xunta de Galicia através do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral. 
A incidencia da siniestralidad laboral medida em proporção ao número de trabalhadores e trabalhadoras, também aumentou em 3,58 % em comparação ao 2013.
Em 2014, na Galiza, rexistraronse oficialmente 59 mortes por acidente laboral, e nas províncias de Lugo e A Corunha aumentou consideravelmente a siniestralidade.
Em Ferrol, no que levamos de ano, este é o segundo acidente laboral com resultado de morte de um total de 153.
A cifra de acidentes mortais na Galiza leva aumentando desde o começo da crise, em 2012 foram 42 mortos, em 2013, 47 e em 2014, 59, e isso que o número de trabalhadores e trabalhadoras desceu consideravelmente ano após ano.
As organizações sindicais consideram que é devido a um recorte em segurança e a um aumento da precaridade e más condições no trabalho.
Informou Cholo para os Informativos Locais de Rádio FilispiM

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 131 17.2.2015



LARA FERNANDEZ Y LA MUSICA INDIE

Madrid puede ser por momentos una ciudad adorable pero en otros es algo odioso. Para disfrutar de los buenos y superar los malos, nada mejor que la música, la buena música, la que consigue transformar la atmósfera del metro en algo etéreo, la que convierte las prisas y el stress en una sensación de relax y la que cambia tristeza por optimismo. La  música indie que lleva Lara siempre -en no sé qué dispositivo- es de esas, de las que hacen milagros, hasta el punto que los vaivenes y brusquedades del metro te parecen las maniobras sobre la tabla de surf.

Aunque la música indie se confunde a veces con un género, su nombre proviene de la literalidad de la palabra, referida a la independencia que supone grabar para esos pequeños sellos, tan modestos como libres, y que respetan la creatividad de sus artistas…aunque ciertamente el indie pop o rock tiene un sonido sencillo y reconocible, y genera una atmósfera de paz y tranquilidad. Lara nos lo demuestra a través de Panda Riot, The Fresh & Onlys, Erlend Oye, Tiny Little Houses…si bien eso no quiere decir que en ocasiones no tenga que recurrir a clásicos como Buddy Holly o The Romantics.

24 março, 2015

Divertimento - Especial Marchas Dignidade 21M_2015

Alunhas das persoas participantes no especial Marchas Dignidade 21M - 2015

Edición do venres 20 de marzo de 2015 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros,

Especial MARCHAS DA DIGNIDADE, 21-M. Horas antes de que as columnas de Ferrolterra partisen para sumarse ao resto de columnas galegas na mobilización do sábado 21 de marzo de 2015 en Madrid, conversaremos na Rádio Filispim, 93.9 FM, con algunha das persoas que integran as Marchas na nosa comarca. 

Coma integrantes das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, estiveron no estudo: Rubén Dopico, André Martínez, Maximino Pardo, Alberto Espiñeira, Inacio Martínez e Elvira Marta.
Apresentaron e conduciron: Ana Lucecú e Pequeno Monstro.

Produzón deste especial: André Martínez i equipa de Divertimento.

20 março, 2015

Ábrete de orellas, 16-marzo-15, programa 70

Presenza notábel de voces e compositores femininas na volta ao formato máis habitual de programa. A estas alturas, xa sabedes que nos encanta presentar novidades discográficas do país como a de Sés e Os amigos dos músicos, así como repasar concertos de artistas do pais. 

Como tentamos ofrecer cada semana, un feixe de cancións máis que notabeis e por riba de estilos.



  • Sés "Tronzar os valos"
  • Alba María "Albas perdidas"
  • Guadi Galego "Ramo" 
  • Eladio y los seres queridos "Highway to Heaven"
  • Niños mutantes "Todo va a cambiar"
  • Gastelo "Punk"  
  • Martirio e Raúl Rodríguez "Quisiera amarte menos"
  • Tammi Terrel e Marvin Gaye "Your Precious Love"
  • Ainara Legardón "Once We Wished"
  • La habitación roja "Posidonia"
  • Cró! "32"
  • Es un árbol "Sarabanda"
  • Os amigos dos músicos "Alalá ao sol"
Selecciona e comenta, Pepe Cunha.
Abretedeorellas.com
Podcast de Ábrete de orellas 

Ponte en Galego: Chegamos ao 40 e seguimos!


E chegamos ao número 40 do noso programa Ponte en Galego! Nesta nova edición entrevistamos a Isabel Risco despois da súa actuación no IES Breamo, continuamos co relato radiofónico A escuridade enmascarada, presentamos o novo monólogo de Beatriz Domínguez sobre os paraugas, seguimos coas seccións de Serpes, por Aarón Tenreiro e Inventos, por Emilio Sánchez Ródenas, e presentamos un traballo sobre Nelson Mandela feito polas alumnas e alumnos de 2º de ESO no día da Paz.




19 março, 2015

A Igrexa e a policía española seguen a ocultar información sobre Marzo do 72

Tempo de información local na Rádio FilispiM.
A Igrexa e a policía seguen a ocultar información sobre Marzo do 72.
Testemuño 1

Testemuño 2

Testemuño 3


Este mes de marzo de 2015 cumpríronse 43 anos dos terríbeis sucesos de marzo do 72 na comarca de Ferrol.

Coincidindo con esta data, apresentouse no Ateneo Ferrolán o volume “Informes diversos de los sucesos de Ferrol. 10 de marzo de 1972” (publicado por Liber Factory) , escrito pola profesora da Universidade Complutenese de Madrid, Rosa Cal, quen ofereceu novos datos sobre aquel marzo do 72 en Ferrol, que rematou co asasinato, por parte da policía, dos traballadores dos astelerios, Amador e Daniel, cuxas figuran ficaron inmortalizadas na escultura ao carón do IES Ferrolterra, a altura das Pías.

Según a autora do novo estudio, Rosa Cal, os feitos seguen tendo dúas visións ben diferentes: a dos que están a favor e en contra dos obreiros. No segundo caso estaría a policía, e no primeiro, todos os demais. No caso da Policía Armada o informe da época é unha vergoña: non fala nin dos obreiros mortos nin dos feridos. Tristemente, 43 anos despois os documentos, que consta existen nos arquivos da Policia, seguén a estar vetados aos investigadores... 43 anos despois dos sucesos.

Asi, Rosa Cal, na súa investigación para a redacción deste novo volume “Informes diversos de los sucesos de Ferrol. 10 de marzo de 1972”, afirma que no arquivo do Reino de Galicia da Coruña, ou o do Arquivo Militar do Noroeste en Ferrol, tiveron unha excelente disposición a hora de facilitarlle acceso a documentación da época; mais, canto aos arquivos policiais, aseguraronlle á autora que “non tiñan nada”, polo que non puido acceder as dúas caixas que si consta existen nos arquivos policiais sobre os sucesos.

Canto ao arquivos da Igrexa, ao non ter arquivo histórico, a historiadora acudiu a conferencia epicopal dos Obispos. Unha vez alí, aseguráronlle que “algo sabían”, mais que non podian facilitar documento algún até transcorridos 80 anos...

A policia e a Igrexa seguen a ocutar información sobre marzo do 72; 43 anos despois dos sucesos que acabaron coa vida dos traballadores dos asteleiros ferroláns Amador e Daniel a disparos da policia, e con centros de feridos e represaliados pola autoridade fascista do momento, sendo ademáis o inicio dunha espiral de represión, e dun punto de inflexión na luita obreira a nível de todo estado, que tería como cenario Ferrol e coma protagonistas a sua clase obreira.

No programa de Rádio FilispiM, "Escarnio" adicaron un tempo a estes sucesos, recollendo algunhas das voces dos testemuños vivos daqueles dias... escoitámolos:

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria de Ferrol.
Fonte documental: Diario de Ferrol,, libro de Rosa Cal "Informes diversos de los sucesos de Ferrol. 10 de marzo de 1972.

21º Programa Entrelazados "Especial Urbano Lugrís González"

21º Programa Entrelazados, programa divulgativo en Lingua Galega
coordinado e conducido por Xurxo Gago.

Falando do pintor do mar: Colectivo In Nave Civitas Lugrís [Xurxo Souto, Teresa Ramiro, Rodrigo Osorio e Xurxo Gago]. O Monográfico: [A Coruña que viviu Lugrís da Nosa Terra TV] con Antón Patiño e Xurxo Souto. Música Galega: Colectivo literario In Nave Civitas Lugrís [Rapsodia ao pintor do mar], Nacho López [A Marea no Xanrei], Mercedes Peón [Marés Vivas (O Mar de Portozás)].


Email:entrelazadosnasondas@gmail.com.
Twitter:@EntrelazadosRF
Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com
Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html
Emisións: Mércores de 21:00 a 22:00 horas.Reposicións: Venres de 02:00 a 03:00 da madrugada, domingos de 09:00 a 10:00 horas
da mañá. Podes descargar a APP da Rádio FilispíM na seguinte ligazón: http://www.appsgeyser.com/getwidget/RadioFilispiM%20APP/ou tamén podes descargar a APP Tunein para escoitar a nosa radio dende un smartfone ou tablet.
Related Posts with Thumbnails