Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

28 outubro, 2014

"Carne Cruda" e Javier Gallego aterran na libre de Ferrol, Rádio FilispiM, 93.9 FM


Carne Cruda, o estupendo programa de Javier Gallego, volve a carga dende eldiario.es. Logo de ter probado sorte na radio pública e na radio privada, cren na necesidade de independizarse e pedir aos ouvintes que sexan os propios produtores do espazo. Neste enlace atoparás toda a info de como contribuir a darlle continuidade ao máis crudo programa de radio.

Dende xa, Rádio FilispiM, vai redifudir os podcast do programa, enlazadoa orixinalmente en: http://www.carnecruda.es/. Grazas a disposición de Javier "Crudo" e a súa equipa, aa radios libres e comunitarias do Estado daremos difusión a este estupendo programa gañador do premio Ondas 2012, ao mellor programa de radio.

Toma nota da difusión de Carne Cruda na Rádio FilispiM, 93.9 FM:
  •  Mércores, de 10:00 a 12:00 h. do mediodía.
  •  Domingos, de 21:00 á 23:00 h. da noite.

27 outubro, 2014

A Fábrica de Lus vol.33: Electrocutados


Falamos neste volume da Fabrica de lus con Andrés, representante en Ferrol da ILP pola auditoría do sector enerxético en España, con Begoña, do colectivo Véspera de Nada, que xa vai pola segunda edición da súa "Guía para o descenso enerxético", e con Lalán, do Comité Cidadán de Emerxéncia da Rí­a de Ferrol, sobre as repercusións ambientais, sociais e económicas do sector da enerxía no noso país.                                 

26 outubro, 2014

Apressentouse o documentário "15 anos da Fundaçom Artábria".

Dentro das atividades do seu XVI aniversário a passada sexta-feira, 24 de outubro, às 20.00hs, os cinemas Duplex de Ferrol acolherom a estreia do documentário "15 anos da Fundaçom Artábria". A entrada foi livre até que se completou o aforo.
Este projeto audiovisual estivo financiado popularmente através de umha campanha de crowfunding, que permitiu recolher os fundos necessários para levar adiante este trabalho.
No documentário participam ativistas que realizarom trabalho na Fundaçom Artábria desde a decáda de 90 até o dia hoje, dando umha visom histórica dos 15 anos, que já som 16, da entidade. A obra que se apressentou vai ser editada em formato DVD com umha versom extendida que contará com subtítulos em diferentes línguas entre elas catalám, inglês ou castelám.
O documentário foi realizado por Xosé Antom Moure, ganhador do Mestre Mateu 2008, ao melhor programa de televisom galego.

Boa parte do tecido cultural e social da cidade acudiu à estreia. Foi o caso da AC Fuco Buxán, o Ateneu Ferrolano, Medúlio, Rádio Filispim, CNT, Associaçom de Vizinhança de Esteiro, Esquerda Unida, NÓS-Unidade Popular, AGAL ou BRIGA.
Nos informativos da Rádio FilispiM, livre de Ferrol, oferecémosvos umha serie de mini reportagems coas vozes que protagonizan o documentário, gravadas a passada sexta feira no descorrer da súa apressentaçom nos cinemas Duplex de Esteiro-Ferrol... 



Informou o Pequeno Monstro,
Informativos da Rádio FilispiM, livre de Ferrol.

3º PROGRAMA DE SONS REVELA2

O pasado venres 24 de outubro  foi a data escollida dende 1977, pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil co apoio do Ministerio De Cultura, como a xornada das bibliotecas. 
Esta semana coincidiu co 3º programa de SONS REVELA2, unha tarde chea de sorpresas tendo como convidado especial a ALBERTO RODRÍGUEZ, un especialista en voo de Drones para acadar unhas fotografías e vídeos únicos.
Temas seleccionados:
-Djavan- Se
-John Boutté- Treme Song
-Sade-Smooth Operator
-Lila Downs- La niña
-Sierra Leone`s Reffugiados-Min Do Sin Tay
-Jingle del FA

Para todos aqueles que queiran ver o traballo de Alberto poden poñerse en contacto da seguinte forma:
- https://vimeo.com/107525219
-Correo: informacionvideodrones@gmail.com
-Telf: 671315733
                                                       
Twitter: @SonsRevela2
Facebook: SONS REVEL2
Correo: sonsrevela2@gmail.com

24 outubro, 2014

Xaquín García Sinde, vetado polo CNI en Navantia.

Extracto da entrevista realizada a Xaquín García Sinde, enxeñeiro técnico e integrante de CC.OO. (sector crítico) quen foi vetado polo CNI (Centro Nacional de Inteligencia español) na libre circulación polas instalacións de Navantia, ao serlle denegada a "Habilitación de Personal de Seguridad" (HPS) que tiña solicitada. García Sinde traballa nos asteleiros de Navantia-Ferrol dende hai 34 anos, e nunca foi amonestado nin expedientado, non ten antecedentes penais e nen sequer foi detido. Según a normativa vixente, a acreditación HPS pódese denegar a quen "demostrou, de obra ou palabra, falta de honradez, deslealdade, falta de fiabilidade, non ser de confianza ou indiscreción".


Fonte do audio: programa O Recuncho (mércores, 22/10/2014).

Redacción Informativos de Rádio FilispiM.

O doutor Antonio García Jimenez fala da Sanidade Pública e do évola.

Extracto da entrevista realizada ao Doutor Antonio García Jiménez, ao respeito da Sanidade Pública, universal e gratuita, así como das infeccións polo virus évola. Audio tirado do programa O Recuncho do mércores 15 de outono de 2014.



Redacción informativos locais de Rádio FilispiM.

23 outubro, 2014

Ábrete de orellas, programa 49, 21-outubro-2014


Un par de novas de actualidade (premio e pasamento), ese par de versión +(case)orixinal, e moita diversidade estilística nun Ábrete de orellas inspirado polo WOMEX 2014 que ten lugar en Santiago de Compostela.

N.H.U. "A titiritada"
John Holt "Stick by Me"
Sérgio Tannus "Magnético Zen"
Carmen París "Hija de la gran madre"
Martirio & Chano Domínguez con big band "No me digas que no"
Raúl Rodríguez " Razón de son" 


Leadbelly " The Gallis Pole"
Rober Plant & Jimmy Page "Gallow's Pole" 


Cesária Évora "Petit pays" 
Nusrat Fateh Ali Khan "Mustt Mustt"
Lokua Kanza "Sallé"
Dissidenten "Fata Morgana"


Selecciona e comenta, Pepe Cunha.

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 115 7.10.2014


DE LA EXAGERACIÓN A LA BANALIZACIÓN DEL RIESGO EN EL SURF
El trágico accidente de hace unos días, con el fallecimiento en la playa de Zarautz de dos surfistas de edad adulta, nos lleva a reflexionar acerca de la evolución de la percepción que para la sociedad en general ha tenido la práctica del surf. Hemos pasado de ser un grupo de valientes arriesgados, con atisbos de locura, en los años ’70, a otro escenario en donde cualquiera y en casi cualquier circunstancia puede hacer surf.

A lo largo del programa comentamos posibles soluciones que centren el problema y minimicen estos casos. Desde la formación en los colegios –similar a la educación vial- hasta un cambio conceptual en la forma de prestar los servicios de socorrismo. En esta reflexión ecuánime nos acompañan con grandes temas Amason (con s), Dum Dum Girls, FMLYBND, Of Monsters and Men, I. Q. y Neil Young.

4º Programa Entrelazados


Cuarta emisión do programa Entrelazados na Rádio FilispiM, un programa de variedades presentado e conducido por Xurxo Gago, con música galega, literatura, relatos, monográficos, pasaxes da historia galega, minientrevistas, divulgación de novas alternativas e misterios do mundo e da terra, conxúganse coa sección d@s oíntes, todo, dende a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos.


Temas das seccións
Literatura Galega: Relato: Os Paseos da Morte.
As Minientrevistas: Xurxo Souto e os Contos do Mar de Irlanda.
A Túa Voz: Lectura de emails d@s oíntes.
Misterios do Mundo e da Terra: Entrevista a muller ferrolá que ten o don de "Ver".
Música Galega: Mercedes Peón (Mareas Vivas)
 Nacho López (A Marea no Xanrei).




Email: entrelazadosnasondas@gmail.com.
Subscripción ao Podcast: http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html
Emisións: Mércores de 21:00 a 22:00 horas. Reposicións: Venres de 02:00 a 03:00 da madrugada, domingos de 09:00 a 10:00 horas da mañá.

3º Programa Sin Fronteras (4ª Temporada)


Programa presentado y coordinado por Sunana Alaniz, con Xurxo Gago en el equipo técnico y con la presencia de la Abogada Maite Bustamente y Omar. En el tercer programa de la cuarta temporada tratamos sobre las elecciones en Uruguay, conectamos con Uruguay y hablamos con Marta Passeggi. En la sección de Inmigración de Maite se trata el tema de la nueva legislación que quieren aprobar para legalizar las devoluciones en caliente.


Directo: Miércoles de 20:00 a 21:00hrs.
Repetición: Viernes de 11:00 a 12:20hrs.
Online: http://opaii.blogspot.com/
http://sinfronterasrf.blogspot.com/

Related Posts with Thumbnails