Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

22 abril, 2021

A Xanela das Fucas Nº 50 (22-4-21)

 





Cada 22 de abril conmemórase o Día Internacional da Terra. Unha data de encontro para reflexionar sobre o impacto do ser humano no planeta. Cada ano, o mundo perde 10 millóns de hectáreas de bosques; unha extensión similar a Islandia. Non hai que esquecer que os ecosistemas sans axúdannos a protexernos das enfermidades porque a diversidade de especies fai máis difícil a propagación de patógenos. "Recuperemos a Terra". Este é o lema elixido este ano. Trátase de todo un chamamento para reducir o impacto das accións individuais de cada un sobre o planeta á vez que nos recuperamos, como especie, da crise sanitaria do covid-19. Hai que aceptar hoxe máis que nunca que todos temos unha responsabilidade como parte da solución

 Seguindo en contacto coa terra achegámonos aos libros coa proposta que nos fan Ana e Cristina. Son libros divertidos , emocionantes, instructivos e que nos mergullan en mundos con menos prexuízos e de seres humanos mais libres.

 Grazas porque as vosas propostas Cris e Ana,  son xanelas de liberdade.

 

 

Audios:  Día Internacional da Terra, As mulleres que len son perigosas. Homenaxe  a  Amada Garcia

 

Fucas que participan en directo:   Ana B. López Verez,   Chelo Carballal Balsa   

Invitadas:  Cristina  Sobrino López

 

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ; Brincadeira (Camerata Meiga)

19 abril, 2021

Unha tarde no Muiño 106

 - 25 de Abril no Muíño, por Carmen Cuesta e Rafa Aguirrebengoa.

—-O galego dentro
dun sistema de seu. Un Centro de lingüística e outros usos alternativos para a casa natal de Carvalho Calero, por Historiadores da AC Ferrolterra Antiga.
—- 25 de Abril e Literatura, por Eva Loureiro Vilarelhe.
—- A música de intervenciòn do 25 de Abril, por Jorge Mirancos.

18 abril, 2021

Sábados no Cruceiro - Programa Especial - Os Servizos Sociais en Ferrol a Análise

 

PROGRAMA ESPECIAL DE SÁBADOS NO CRUCEIRO ADICADO AÓS SERVIZOS SOCIAIS EN FERROL

🟢 Entrevistamos a Eva Martínez Montero, concelleira delegada de Servizos sociais e Patrimonio Histórico do Concello de Ferrol.

- 🟢 Falamos con Ángela Sixto, coordinadora de Adra Ferrol.

- 🟢 Conversamos con estudantes do grao en Relacións Laborais da Universidade da Coruña, que participaron nun proxecto de Aprendizaxe Servizo (ApS).

Música do Acordeonista Andrés Penabad


Podcast dispoñíble en Ivoox


Así mesmo, continuamos coa sección en colaboración coa Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña de divulgación de térmos económicos na radio:


Related Posts with Thumbnails