Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

07 abril, 2019

Programa especial - Pecha Kucha Electoral en Canido, Ferrol 2019

O 6 de abril de 2019, no Centro Cívico de Canido, celebrouse o primeiro Pecha Kucha de Canido, un evento que congregou a moitas persoas e no que interviron oito dos candidatos e candidatas alcaldables á cidade de Ferrol neste ano electoral.

Tamén podes escoitalo e descargar o audio en Archive.org

01 abril, 2019

Programa 106 de Sons Revela2

O pasado venres, 29 de marzo do 2019, emitiuse un programa adicado aos novos temas do grupo brasileiro "Tribalistas".



Quén dixo que fora doado facer unha selección musical?¿ hehehe


29 março, 2019


Programa  nº 22.-  (28-3-2019)

A Xanela dás Fucas recibe a Mulleres no territorio unha iniciativa que que reúne a mulleres profesionais que traballan no estudo, xestión e planificación territorial e urbana. 
O coordinan – Mari Carmen Tapia- A Coruña- Arquitecta urbanista e María José Piñeira- Geografa - Santiago de Compostela
O seu punto de partida e obxectivo é a declaración de compromiso do 1 marzo de 2019 que busca iniciar un compromiso a incorporar a visión como mulleres no seu que facer técnico. Parece sinxelo pero aparecen  moitas  barreiras que non o facilitan e queren comezar a atopalas e facelas visibles.

Producíronse avances no desenvolvemento de temas de coidado, dependencia e seguridade das mulleres na cidade, pero queren apuntar a un cambio estructural, revisando os factores de localización, usos e significados que condicionan a organización espacial do territorio.
Suscitan que forman parte do territorio, víveno e, por conseguinte, reflexionan sobre él.
Entenden que as estratexias territoriales deben incluír a equidad e a xustiza ambiental, a igualdade de xénero e a erradicación da pobreza como obxectivos fundamentais.
  Convidada:   Mari Carmen   Tapia Gómez.
Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa,   Laura  Couto  Vilches,   Sonia Fernández Bellas,  Ana Belén López Verez, Eva   Tizón    Bouza.
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;
 Mujer  (Amparo Ochoa);   Maldigo del alto cielo. (Violeta Parra) ; Feeling Good. (Nina Simone) . 


Related Posts with Thumbnails