Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

25 janeiro, 2018

UNHA TARDE NO MUÍÑO

Programa nº 9. Luns 22 xaneiro 2018.

Comeza a emisión coa sintonía e intervención de Roberto Taboada que dende a súa sección Noticias do Barrio Alto-Canido, informa arredor das novas propostas da Asociación Veciñal. Propostas sobre catalogación de casas en estado ruinoso, peticións de posible zona peonil, cambios en tráfico…

Rafa Aguirrebengoa presentou Outra información é posible. Desenvolvendo temas como o tratamento dado aos emigrantes nos centros de acollida, o xuízo a sindicalistas por defender a Sanidade Pública, a confluencia privatizadora das distintas propostas dadas dende o poder para as pensións…

Vivo, penso e declaro foi a nova sección presentada por Chelo Carballal. Repaso vital e exposición de necesidades para a mellora do barrio, do País, …do Mundo no que tocou vivir. Trámite de Solicitude e proposta de resolución a quen corresponda.

No Tema do día, estivo presente a Doutora Carmen Diego Roza, Xefa da sección de Pneumoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, Insignia de ouro Ferrol 2017.  Problemática do amianto nos estaleiros de Ferrol  foi o tema desenvolto. Dende a practica clínica, a incidencia e número de traballadores afectados polo amianto, evolución das enfermidades, sintomatoloxía, razón da alta incidencia destas enfermidades en Ferrol, problemas da presencia do amianto actualmente… e a actuación en demanda de dereitos unha vez detectada a enfermidade.


Remate do programa escoitando o Himno dos Mineiros interpretado pola agrupación alentexana Alencanto.

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 253 23.01.2018




CLÁSICOS –DEL PROGRAMA- EN 2017

No podemos quejarnos de la cosecha del pasado año. Por el programa pasaron muchos de los grandes discos editados en ese período, pero también grandes canciones olvidadas o que no conocíamos –es imposible abarcarlo todo- de años anteriores y que para nosotros también son hoy verdaderos clásicos. Una buena muestra de todos ellos componen la banda sonora de este programa. Para los seguidores habituales es un buen resumen y para los nuevos un índice creemos interesante. En un próximo programa con Fran y Jesús daremos otro repaso que sin duda será igualmente atractivo. De momento aquí tienes a Ray Davies, Sufjan Stevens (por partida doble), Courtney Barnett, The National, Slowdive, The Magnetic Fields, Future Islands, Sona Jobarteh, Neil Young y Wolf Alice. 

16 janeiro, 2018

Ábrete de orellas, CCXIII, invitado Víctor Aneiros, 15-xaneiro-2018

Victor Aneiros visítanos con "Un extraño en la multitud", o seu oitavo disco.
Falamos da súa xestación, do cambio a castelán nas letras, da gravación, dos concertos ..

Ademais de pezas deste traballo, non falta algunha recomendación de concertos, algunha novidade discográfica e lembrarmos unha debilidade común.


    • Víctor Aneiros "Cerca del puerto"
    • Jorge Drexler & Natalia Lafourcade "Salvavidas de hielo"
    • Víctor Aneiros "Ciudad olvido" 
    • A banda da loba "Coma un blues"
    • Víctor Aneiros "Mucho postureo"
    • Doctor Divago "Los pies en la tierra"
    • Víctor Aneiros "Refugiados"
    • Rory Gallagher "Bad Penny"
    • Víctor Aneiros "Vuelvo a mi casa"
Na selección, comentarios e descontrol técnico, Pepe Cunha.

Contáctanos en abretedeorellas@gmail.com

Velaquí os horarios de emisión en Rádio FilispiM: luns, 20:30 h.; mércores, 15:00 h.; xoves 22:00 h.

Tamén redifundido pola Regarlic - Rede Galega de Rádios Libres e Comunitárias:
Cuac FM, mércores ás 9 da mañá
A Kalimera Rádio Livre
Radio Roncudo, martes ás 5 da tarde
radiONeria mércores ás 21h e sábado ás 9 da mañá
Radio Piratona
Radio Fedello os xoves
Related Posts with Thumbnails