Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

23 fevereiro, 2017

Programa 10 de Directo de Esquerdas (22-02-2017)

Programa radiofónico da actualidade política cunha ollada dende a esquerda. No programa de hoxe entrevistamos a Mati e Ricardo da Plataforma Social Galega. Com Celso Posada e Jorge Mirancos na Radio Filispim ( Radio Livre e Comunitária de Trasancos) na 93.9 FM todos os mércores de 18:30 a 19:30h.

22 fevereiro, 2017

57º Programa Entrelazados [7º - 3T]

As Minientrevistas: Entrevista ao catedrático e historiador, Bernardo Máiz, para falar sobre a recente publicación do seu libro  “Amada García e os seus arredores”. Música Galega: Antón Seoane [Foi Coma un Soño]. O Cantor de Jazz: Sección de música e cine con Carmen Sixto: O tema de hoxe [O Terceiro Home] Temas: [Escena da nora], [Escena dos Borgia e o reloxo de Cuco], [BSO]. Músicas de Brasil e Outras Terras: Sección a cargo de Eugenia Sanmartin: O tema de hoxe [Temas de Chico César (Aos Vivos)].



Programa divulgativo en Lingua Galega, coordinado e conducido por Xurxo Gago. Email: entrelazadosnasondas@gmail.com. Twitter: @EntrelazadosRF Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html Emisións: Ao vivo, mércores de 21:00 a 22:00 h. Reposicións: Madrugada do xoves ao venres de 02:30 a 03:30 h., domingos de 09:00 a 10:00 h. da mañá. Podedes visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.

17 fevereiro, 2017

Ábrete de orellas, CLXV, 13-febreiro-2017

Seguimos na nosa liña,para ben ou para menos ben. ;-)

Semana de celebracións, concertos de artistas internacionais e do país e esas paradas en novidades que nos chegaron nos últimos meses.

Non deixes de nos contactar en abretedeorellas@gmail.com



  • Rústica "Meu cabalo"
  • Peter Gabriel "In Your Eyes"
  • Joe Jackson "On Your Radio"
  • Nadine Khouri "I Ran Thru' the Dark"
  • John Mayall "Drifting Blues"
  • Josh Hoyer & Soul Colossal "Parts of a Man"
  • Os amigos dos músicos "O dourado"
  • Moon Cresta "Sweet Innocence"
  • Ruxe Ruxe "Libre"
  • Brigada Bravo & Díaz "K K K Katy"
  • Ialma "Doutras Terras"

Na selección, comentarios e descontrol técnico, Pepe Cunha.

Velaquí os horarios de emisión:

Rádio FilispiM: luns, 20:30 h.; mércores, 15:00 h.; xoves 22:00 h.
Cuac FM: mércores 9:00 h. e venres ás 15h.
A Kalimera: martes 12:00 h.
Radio Roncudo: martes 17:00 h.
Onda Neria: mércores 21:00 h.
Radio Piratona: luns (23h), martes (19h), mércores (02h), venres (11h) e domingos (14h)

16 fevereiro, 2017

Programa 9 de Directo de Esquerdas (15-02-2017)

No programa de hoxe temos a presenza de Luis Losada para nos comentar das Novas. Entrevistamos a Manolo Pita e Henrique Barreira da Asociación da Memoria Histórica Democrática de Ferrol.

15 fevereiro, 2017

56º Programa Entrelazados [6º - 3T]

As Minientrevistas: Entrevista á presidenta da Asociación de veciños de Ferrol Vello para falarnos das reivindicacións dun barrio necesitado da man das institucións e das actividades que organizan no novo centro cívico do histórico barrio de Ferrol Vello. Música Galega: Roger de Flor, CD Apelón, [Ferrol Vello]. O Cantor de Jazz: Sección de música e cine con Carmen Sixto: O tema de hoxe [A Radio no Cine] Temas: [Historias de la radio], Jefferson airplanes [Good Morning, Vietnam], The Who [My Generation]. Músicas de Brasil e Outras Terras: Sección a cargo de Eugenia Sanmartin: O tema de hoxe [Cancións dos mares fríos de Hector Zazou].



Programa divulgativo en Lingua Galega, coordinado e conducido por Xurxo Gago. Email: entrelazadosnasondas@gmail.com. Twitter: @EntrelazadosRF Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html Emisións: Ao vivo, mércores de 21:00 a 22:00 h. Reposicións: Madrugada do xoves ao venres de 02:30 a 03:30 h., domingos de 09:00 a 10:00 h. da mañá. Podedes visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.

Programa 8 de Directo de esquerdas (08-02-2017)

Programa radiofónico da actualidade política cunha ollada dende a esquerda. No programa de hoxe entrevistamos a Alberto Sotillos para falar sobre o seu libro "Democracia contra democracia" entre outros temas. Com Celso Posada e Jorge Mirancos na Radio Filispim ( Radio Livre e Comunitária de Trasancos) na 93.9 FM todos os mércores de 18:30 a 19:30h.


13 fevereiro, 2017

FilispiM Vai á Libreria Rosetta o Venres 17 de Febreiro de 2017

Este venres 17 de febreiro ás 18:00 h. terá lugar unha nova edición do "FilispIm Vai", unha iniciativa do colectivo Opaíí-Rádio FilispiM para achegar esta emisora libre e comunitaria da comarca de Trasancos a distintos centros educativos, entidades sociais e puntos culturais da súa contorna.

Desta vez gravarase o programa ao vivo na Librería Rosetta, sita no número 69 da Rúa Magdalena, coa participación de xente de editoras, librarías, historiadores, coleccionistas ... e a música ao vivo dos Weather Undergrund.

A emisión do programa será ao día seguinte, ás 19h., a través do 93.9 do dial da FM e vía streaming en: http://opaii.blogspot.com

Grazas pola difusión,

A asemblea do Colectivo Opaíí-Rádio FilispiM.



12 fevereiro, 2017

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 211 7.02.2017




UN PROGRAMA ABIERTO

Una característica básica de Radio Filispim es estar abierta y al servicio de la Comunidad Ciudadana. Por eso cuando el IES Saturnino Montojo y para sus alumnos del Ciclo de FP de Vídeo, D.J. y Sonido nos planteó ver y participar en uno de nuestros programas no lo dudamos. Fue un placer compartir con la profesora Elvira Rodriguez y 7 de sus alumnos una hora hablando de sus proyectos, de sus ilusiones y de su realidad actual. La tecnología y la creatividad artística se mezclan de forma diversa en cada uno de ellos, pero afortunadamente existe total coincidencia en lo interesante del ciclo y que a todos –y a todas- les está abriendo su mente en más direcciones de lo que nunca pensaron. Éramos muchos en el estudio, tantos que tuvimos que recurrir a la inestimable ayuda de Esperanza, nuestra compañera de la radio, que junto con Javier hace Sons Revela2. Para tomar aliento fuimos escuchando algunos temas de Cass McCombs, Alberto Knox, Terry Lee Hale, Kanaloas y uno estupendo de Ana, la alumna presente, a la que auguramos un gran futuro, como artista o como técnica, indistintamente.

Related Posts with Thumbnails