Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

12 abril, 2016

IV Xornada sobre o maltrato á infancia e á adolescencia de AGAMME


AGAMME, A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores en colaboración com o Concello de Ferrol e o Ateneo Ferrolán, organiza este Venres 15 de Abril, a partir das cinco da tarde no Ateneo Ferrolán as súas IV Xornadas sobre o maltrato á infancia e á adolescencia.

Analizarán o impacto sobre os dereitos das vítimas menores de idade que supón o novo marco normativo de infancia.

INTERVIRÁN:
  • A Psicóloga Sonia Vaccaro, experta en vitimoloxía e avaliación do testemuño infantil.
  • O profesor de dereito Penal da Universidade da Coruña José Antonio Ramos, investigador das modificacións do Código Penal en materia de violencia sexual contra menores de idade.
  • A Psicóloga Clínica Felisa Balboa que nos falará da súa experiencia como traballadora no Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller do Concello de Vigo, especialmente no relativo aos dereitos da infancia en casos de violencia de xénero.

11 abril, 2016

FilispiM vai a La Espuma, este sábado 16 de abril ao vivo en r/ Igrexa, 90

Este sábado 16 de abril de 2016 "FilispiM vai a ... La Espuma".

Faremos radio ao vivo, contaremos historias de ultramarinos centenarios coma El Rápido e probaremos cervexa artesá e delicatessem... e haberá música, con Jaimie Fithring.

Lembra, non é unha festa da espuma... é o FilispiM vai a La Espuma. Delicatessemmmm, rapaz@

Acude a gravación ao vivo este sábado 16 a partir das 18:00 horas, en La Espuma (R/ Igrexa, 90).

Escoitao en diferido a partir do sábado 23 de abril ás 19:00 hrs en Rádio FilispiM, 93.9 FM.



Rádio FilispM, 10 anos compartindo.



Promo:

08 abril, 2016

Off Mental - programa 84 (Philip Glass)

Philip Glass
Edición nº 84 de Off Mental. 
- Especial PHILIP GLASS.

Contido:
  • 1000 Airplanes on the roof (Venture-Virgin, 1989)
        - 1000 Airplanes on the roof.
        - City Walk
        - Girlfriend
        - My building disappeared
        - Screens of memory
        - What time is grey
        - Labyrinth

The Philip Glass Ensemble. Saxo: Richard Peck. Saxo, flute and synthesizer (wind): Jack Kipl, Jon Gibson. Vocals: Linda Ronstadt. Producer: Kurt Munkacsi. Conductor: Michael Riesman. Drama: David Henry Hwang. Music: Philip Glass
  • The Voyage. An opera in three acts (Orange Mountain Music, 2006)
       - Act I scena 2 (interludio).
       - Act II scena 1.

Soloists and chorus of the Landestheater Linz (Austria). Bruckner Orchester Linz. Conductor: Dennis Russell Davies. Libretto: David Henry Hwang. Story and music: Philip Glass. 

Apresenta e conduce: André "Pequeno Monstro". Difunden: Radio FilispiM (Ferrol), Radio Kalimera (Compostela), Radio Fene, Radio Eume (As Pontes), Radio Negreira e Radio Redondela.
Outras radios alternativas interesadas na emisión contactar co Pequeno Monstro.


+ info: offmental.blogspot.com

07 abril, 2016

Ábrete de orellas; programa CXXIII, 4-abril-2016


Seguen a chegar discos á redacción orelluda e concertos ao noso correo para incluír na nosa axenda. Outra escolma de cancións bastante ecléctica.



  • Orquestra Os Modernos "Ó abre alas"
  • Tatán "Chuvia"
  • The New Raemon "La reina del Amazonas"
  • Barbitúricos "Bonnie & Clyde"
  • Familia Caamagno "Fuga de cerebros"
  • Sandford Music Factory "Seconds"
  • Guadalupe Plata "Tormenta"
  • O Cadelo Lunático "R & M"
  • Track Dogs "Onion Sees"
  • Treme "Ni una vez más"
  • Bronco Bullfrogg "I Got the Rain"
  • Cucharada "Quiero baliar rock and roll"


Velaquí os horarios de emisión:

Rádio FilispiM: luns, 20:30 h.; mércores, 15:00 h.; xoves 22:00 h.
Cuac FM: mércores 9:00 h.
A Kalimera: martes 12:00 h.
Radio Roncudo: martes 17:00 h.
Onda Neria: mércores 21:00 h.

19º Programa Entrelazados [II Temporada]


As Minientrevistas: Minientrevista á xunta directiva da Asociación Cultural Camiño da Artesanía para coñecer a súa historia e actividades, e para falar da vindeira inauguración da súa exposición que terá lugar no salón de exposicións da Autoridade Portuaria Ferrolá dende o xoves 7 de abril. Músicas de Brasil e Outras Terras: Sección de Eugenia Sanmartín: O tema de hoxe: [O Clube da Esquina de Milton Nascimento]. O Cantor de Jazz: Sección de música e cine con Carmen Sixto: O tema de hoxe [A Fotografía no Cine].



Programa divulgativo en Lingua Galega, coordinado e conducido por Xurxo Gago. Email: entrelazadosnasondas@gmail.com. Twitter: @EntrelazadosRF Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html Emisións: Ao vivo, mércores de 21:00 a 22:00 h. Reposicións: Madrugada do xoves ao venres de 02:00 a 03:00 h., domingos de 09:00 a 10:00 h. da mañá.

05 abril, 2016

As contas do VIII Conspirando por umha Rádio Livre


Pedimos colaboraçom e participaçom para realizar o VIII Conspirando por umha Rádio Livre a grupos, ouvintes, soci@s, público, e ajudar à financiaçom da rádio sem ter que depender de ninguem nem estar subordinadas a nada, somos livres graças a vos.


Aquí tendes as contas do VIII Conspirando por umha Rádio Livre que se celebrou este ano 2016:




04 abril, 2016

VIII Conspirando por unha radio libre_Radio FilispiM, xoves 24/03/2016 (audio)

Espejos y Diamantes conspirando

Gravación do VIII CONSPIRANDO por unha radio libre, celebrado o xoves 24 de marzo de 2016 na sá Super8 de Ferrol, pola autoxestión da Rádio FilispiM, coas presentacións, entrevistas filispinas e concertos de Alberto Knox, Espejos y Diamantes e Blah! (Oscar Fojo).

Grazas aos grupos, artistas e xente que colaborastes!!!



Toma de son: Jorge Mirancos.
Edición e montaxe: Pequeno Monstro.

Escoitao en diferido este domingo ás 18:00 h. na Rádio FilispiM, 93.9 FM

03 abril, 2016

Programa 57 de Sons Revela2 (01-04-2016)

Xa estamos de volta nas ondas filispinianas! 

Aquí vos deixamos o último programa de Sons Revela2, do pasado venres 1 de abril do 2016. 

Neste caso, tivemos a sorte de ter no estudio a Javier Carnota, director do "O Ferrolán" e a Purificación Rodríguez Calvo, unha das responsables de "Pingota Comunicación"

Dende aquí queremos darlles as grazas pola súa colaboración. Foi un pracer! 




Temas que soaron: 

-Martelo "Regulación de plantilla"
-Nana Vasconcelos "Batuques nas aguas"
-Bombino "Akhar Zaman" 
-Ca`yegros "Magnetismo" 
-Jamie Fifthring "It could be you" 

Related Posts with Thumbnails