Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

26 abril, 2015

As constantes vitais da Sanidade Pública en Ferrolterra, a análise.

Esta semana as constantes vitais da Sanidade Pública, na nosa comarca, foron analisadas en Escarnio.

O pasado xoves, no tempo do programa Escarnio, que emite Rádio FilispiM, falou Francisco Xavier Igleisas, delegado da CIG – Saúde en Ferrol. Durante boa parte do programa contou os atrancos que deben sortear as traballadoras da sanidade pública da Comarca de Ferrol, no día a día do seu traballo, facendo fronte a falta de persoal e de recursos imprescindíbeis para prestar un servizo público de calidade, fundamental, como é o da saúde pública.

O delegado sindical puxo de manifestó a vangarda, canto a defensa de dereitos, na que está a Comarca de Ferrol, que conta cunha Plataforma en Defensa da Sanidade Pública moi activa. Ademáis, falou de como sectores máis sensíbeis da poboazón están a sofrer de maneira especial os recortes sanitarios, mesmo na atención primaria, como é o caso do colectivo de inmigrantes, e mesmo da represión sindical que exerce a Consellaría de Sanidade diante das mobilizacións das traballadoras e delegad@s sindicais. Así, lembrou o acontecido en febrero de 2014 cando dous delegados da CIG foron trasladados a Comisaría Ferrolá para a súa identificación e posteriormente sancionados. Acontecía trala visita da Conselleira ao Hospital Arquitecto Marcide, previo desaloxo das traballadoras do seu propio centro de traballo, por uns 15 antidistubios, todo esto dentro das instalación do hospital público ferrolán. A día de hoxe os dous sindicalistas seguen pendentes de xuizo.

Escoitamos ao delegado de CIG Saúde Francisco Xavier Iglesias, no programa Escarnio de Rádio FilispiM, o pasado xoves.

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria de Ferrol.

PROGRAMA 28 DE SONS REVELA2 (24-04-2015)

O programa desta semana está adicado integramente a unha selección musical realizada polo noso compañeiro Javier Malespina.

Moitas grazas!
                                                   

24 abril, 2015

PINCHACARNEIRO C.T.: infor. Retranqueiro/ Vero BOQUETE/ Bouradeiro: Aficións de Futebol

Neste programa (especial futebol):

- Informativos Retranqueiros , coa colaboración de Oscar e Victor
- Na seción "recuncho da nosa cultura": Entrevista  a  VERÓNICA BOQUETE (Xogadora do FFC Frankfurt , e internacional coa seleción Española de futebol)
- No "Bouradeiro do Confurco": falamos sobre "as aficións de futebol e o radicalismo"  











Para enviar tematica ao "Bouuadeiro": pinchacarneiro.asfedro@gmail.com

Ábrete de orellas programa 75, 20-abril-2015

Esta semana chegan a Galiza notabeis artistas internacionais dentro do espectro pop-rock: The Godfathers, The Dodos e Willie Nile.
Abre unha banda roqueira que xurdiu de San Sadurniño e que presenta terceiro álbum xa. Tamén repaso novidades de folque e canción de autor a cargo de artistas galegas con talento e xuventude.
Completo cun par de rescates dos 80-90, o traballo conxunto de dous cubanos imprescindibles e recomendo o blues rural ao vivo dos coruñeses Miki Nervio & the Bluesmakers.



  • Sandford Music Factory "Showtime"
  • The Godfathers "She Gives Me Love"
  • Steve Wynn and The Miracle 3 "Amphetamine" 
  • Riobó "Retellos"
  • Alba María "Retellando o ceo"
  • Sés "Sentir sen pensar" 
  • Willie Nile "If I Was a River"
  • The Dodos "Competition"
  • Miki Nervio & The Bluesmakers "This Crab-Louse is Killin' Me" 
  • Pablo Milanés & José María Vitier "Tengo miedo a perder la maravilla"
  • Mestizos"Tacón cubano"
    Selecciona e comenta, Pepe Cunha.
    Abretedeorellas.com
    Podcast de Ábrete de orellas

    Ponte en Galego nº 41, con Pepe Sendón e "Marx no Soho"


    Unha entrevista ao grupo de teatro Arjé, que prepara Nai Coraxe, de Bertolt Brecht; o capítulo 4º da radionovela A escuridade enmascarada; a crítica do libro O diario violeta de Carlota por Sara Allegue; entrevistas e actuacións musicais d@s alumn@s de 1º de ESO; un novo monólogo de Beatriz Domínguez, e unha entrevista a Pepe Sendón sobre a súa obra Marx no Soho. Todo isto conforma a edición número 41 do programa de radio Ponte en Galego!




    23 abril, 2015

    Escarnio! 11º programa, sobre a Sanidade Pública na nosa comarca



    Este xoves 23 de abril chegou un novo programa de Escarnio! a Radiofilispim. Xa podedes escoitar un programa centrado na situación que atravesa a Sanidade Pública na nosa comarca, en medio desta voráxine de recortes a todos os niveis. E para coñecelo de primeira man, contamos coa presenza dun traballador do Sergas, Delegado sindical durante varios anos e implicado nas loitas pola defensa da nosa sanidade.

    Tamén contamos coas nosas seccións habituais, os Partes de Guerra, e a nosa Sección Cultural. Nesta última traémosvos a Belén Gopegui, Michael Moore e Non Servium.



    Non o perdades!

    Escoita, participa e súmate ao Escarnio!


    Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 137 14.04.2015




    CARRIE & LOWELL –SUFJAN STEVENS-

    Cinco años después de su último álbum de estudio, recibimos con ansiedad Carrie & Lowell, séptimo trabajo del genial artista de Detroit. Difícil de clasificar, Sufjan Stevens recrea en este disco sus vivencias más tempranas con una calidez, emoción y sencillez propias de los grandes artistas como él. El disco, que se acaba de editar hace pocos días, merece que le dediquemos todo el programa. Por fortuna, escuchándolo, nuestra ansiedad se ha convertido en serenidad, en paz.


    22 abril, 2015

    Off Mental - programa 73 (Especial Durutti Column, 3º parte)

    Vini Reilly
    Edición nº 73 de Off Mental; a cara "b" da música na cara "b" da radio. Terceiro achegamento a Durutti Column e ao seu principal baluarte, Vini Reilly. A súa música é unha sorte de mistura de jazz, folk, música clásica, rock, mais tamén vangarda. Hoxe camiñamos polas súa producións musicais entre o ano 1986 e 1992.

    A narración que pode ouvirse neste audio é unha adaptación radiofónica da entrada adicada aos Durutti Column, aparecida no estupendo blog: http://rincondesconexion.blogspot.com.es/
    Músicas:
    • Tomorrow (Lp. Circuses and Bread. Factory, 1986).
    • All that love and maths can do? -John Metcalfe- (12´´ Tomorrow. Factory, 1986).
    • For friends in Italy (12´´ Greetings Three. Materiali Sonori, 1986).
    • Danny (Valuable Passages -compilatorio- . Casete. Factory, 1986) -orixin. 7´´ Enigma, 1981-.
    • L.F.O. Mod -tema extra- .CD. The Guitar and other Machines. Factory, 1987).
    • Late night, Naudlin Streeet. -Morrissey/Reilly- Lp. Viva Hate. His Master´s Voice Rcds, 1989).
    • Otis (Lp. Viny Reilly. Factory, 1989).
    • Contra-indications (Lp. Obey the Time. Factory, 1990).
    • Red Shoes (Lp. Red Shoes -compilatorio-. Materiali Sonori, 1992) -orixin. Lp. The Guitar and Other Machines, 1987-.
    • Neon (Lp. Obey the Time. Factory Rcds, 1990).

    Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol), Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela), Radio Redondela, 94,9 FM e TT Radio. Para sumarse a emisión, contacte co Pequeno Monstro.
    Selección musical e locución: André "Pequeno Monstro".
    + info: offmental.blogspot.com

    21 abril, 2015

    PROGRAMA 27 DE SONS REVELA2 (17-04-2015)

    Coma cada semana, aquí deixámosvos o programa que tivemos a sorte de facer este venres. Neste caso a nosa convidada foi ANA ALCAIDE. Un auténtico pracer. Moitas grazas.


                                                     
    Related Posts with Thumbnails