Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

20 abril, 2016

Festival dos 40 anos do Ateneo Ferrolán. Venres 29 de abril as 9:30 pm, Super 8


Venres 29 de abril de 2016, ás 9:30 da noite, na sá Super 8 de Ferrol.
Festival musical en conmemoración dos 40 anos da refundación do Ateneo Ferrolán.
Coas actuacións de:Jaimie Fithring, Adóbriga e Os Derradeiros.
Apresenta: Cris Moreira.

.. fin de festa con Disque toca Djs de Rádio FilispiM. Sorteos e sorpresas. Entrada 5€.

Promo:

18 abril, 2016

Programa 58 de Sons Revela2 (15-04-2016)

O pasado venres, no directo de Sons Revela2 tíñamos gañas de poñer música! Así que nos puxemos máns as obras. 

Esta vez contamos coa colaboración de Juan Cortabitarte para pasar un bo rato xuntos! 



Dende aquí queremos agradecerlle a él e a tod@s os ointes por estar ahí unha semana máis. 



Temas que soaron:

-The Tragically Hip   "Long Time Running"
-Rise Against "Satellites"
-True Montains "Midnight Birds"  
-Bon Jovi "Hallelujah"
-Eurielle "Song of Durin" 
-Sunday Girl - "Where Is My Mind" 
-Marcus Miller "Hylife"
-Anba Siklòn "Lakou Mizik"

FilispiM Vai... a "La Espuma" 16-04-2016

O sábado 16 de abril de 2016 "FilispiM Vai a... La Espuma".

Com este novo programa de rádio ao vivo, contamos histórias de ultramarinos centenarios coma El Rápido e probaremos cerveja artesá "La Ferrolana" e também contamos com a música do ferrolán Jaimie Fithring.

Falamos com membros dos grupos musicais de Kurwa, Alarido Mongólico, Klüte, com o multidisciplinar Juampa Ameneiros e Sergio Peck de "Ferrol Records".

15 abril, 2016

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 176 12.4.2016


ILLINOIS, SUFJAN STEVENS

El décimo aniversario del quinto álbum del genial artista de Detroit, ha dado lugar a su reedición, con pequeños cambios en la portada y una sensacional versión del célebre tema Chicago. En nuestro programa nos hacemos eco de todo ello y aprovechamos para dedicárselo íntegro a la obra de Sufjan Stevens, posiblemente uno de los artistas de mayor creatividad de este comienzo de siglo.


14 abril, 2016

20º Programa Entrelazados [II Temporada]

As Minientrevistas: Minientrevista a Bruno Lopes, directivo da dinámica e activa Fundaçom Artabria para falarnos das vindeiras actividades que ten por diante a entidade neste meses de abril e maio. Músicas de Brasil e Outras Terras: Sección de Eugenia Sanmartín: O tema de hoxe: [O Clube da Esquina de Milton Nascimento II]. O Cantor de Jazz: Sección de música e cine con Carmen Sixto: O tema de hoxe [A Comedia Negra].



Programa divulgativo en Lingua Galega, coordinado e conducido por Xurxo Gago. Email: entrelazadosnasondas@gmail.com. Twitter: @EntrelazadosRF Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html Emisións: Ao vivo, mércores de 21:00 a 22:00 h. Reposicións: Madrugada do xoves ao venres de 02:00 a 03:00 h., domingos de 09:00 a 10:00 h. da mañá.

13 abril, 2016

Ábrete de orellas, programa CXXIV, 11-abril-2016

Ábrete de orellas finalista nos Premios Martín Códax de Música na categoría de Espazo de Comunicación Musical. Con medios técnicos mínimos, facendo a versión radiofónica nunha radio comunitaria modesta como Rádio Filispim e que sexan os Músicos ao Vivo quen premian cos seus votos. Como para non estar contento !

Varios finalistas sonan no programa desta semana para falar de novidades e moitos concertos.


  • Orquestra Jazz de Galicia "Xota do Marreco"
  • Alberto Vilas Quartet "Tándem"
  • Orquestra Os Modernos "A lua tem duas caras"
  • The Lákazans "Wonderland Words"
  • Corizonas "Todo va bien"
  • Quique González "No es lo que habíamos hablado"
  • Silvia Penide "Roto"
  • Treme "Linda"
  • Las Migas "Ojos grandes"
  • Familia Caamagno "Eu moto run-run"
  • Barbitúricos "Escravos da moda" 
  • The Specials "Rude Boys Outta Jail"
     


Velaquí os horarios de emisión:

Rádio FilispiM: luns, 20:30 h.; mércores, 15:00 h.; xoves 22:00 h.
Cuac FM: mércores 9:00 h.
A Kalimera: martes 12:00 h.
Radio Roncudo: martes 17:00 h.
Onda Neria: mércores 21:00 h.

12 abril, 2016

IV Xornada sobre o maltrato á infancia e á adolescencia de AGAMME


AGAMME, A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores en colaboración com o Concello de Ferrol e o Ateneo Ferrolán, organiza este Venres 15 de Abril, a partir das cinco da tarde no Ateneo Ferrolán as súas IV Xornadas sobre o maltrato á infancia e á adolescencia.

Analizarán o impacto sobre os dereitos das vítimas menores de idade que supón o novo marco normativo de infancia.

INTERVIRÁN:
  • A Psicóloga Sonia Vaccaro, experta en vitimoloxía e avaliación do testemuño infantil.
  • O profesor de dereito Penal da Universidade da Coruña José Antonio Ramos, investigador das modificacións do Código Penal en materia de violencia sexual contra menores de idade.
  • A Psicóloga Clínica Felisa Balboa que nos falará da súa experiencia como traballadora no Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller do Concello de Vigo, especialmente no relativo aos dereitos da infancia en casos de violencia de xénero.

11 abril, 2016

FilispiM vai a La Espuma, este sábado 16 de abril ao vivo en r/ Igrexa, 90

Este sábado 16 de abril de 2016 "FilispiM vai a ... La Espuma".

Faremos radio ao vivo, contaremos historias de ultramarinos centenarios coma El Rápido e probaremos cervexa artesá e delicatessem... e haberá música, con Jaimie Fithring.

Lembra, non é unha festa da espuma... é o FilispiM vai a La Espuma. Delicatessemmmm, rapaz@

Acude a gravación ao vivo este sábado 16 a partir das 18:00 horas, en La Espuma (R/ Igrexa, 90).

Escoitao en diferido a partir do sábado 23 de abril ás 19:00 hrs en Rádio FilispiM, 93.9 FM.



Rádio FilispM, 10 anos compartindo.



Promo:
Related Posts with Thumbnails