Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Conspirando. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Conspirando. Mostrar todas as postagens

12 abril, 2007

Fotos do IV Conspirando Por umha Rádio Livre (5/04/2007)

Estas som algumhas fotos do IV Conspirando por umha Rádio Livre que este ano se fixo em Sam Sadurninho, na Sala DZine
Clica nas fotos para ampliar.


A mesa do material estaba preparada e bem custodiada, ainda que ao final da noite tanto likor café fai estragos ;P
Abraham e Cris, sorprenderom e gustarom moito, comezarom a festa e animarom a continuala, a noite prometia.

Tocarom e enlazarom um grupo com outro, Os Chiquilicuatres entrarom a escea com todo um himno, o Likor do Negro Café, que interpretarom todos juntos e a umha velocidade de espanto que fixo cantar e bailar a todos e todas.

Os Chiquilicuatres, gustarom e moito, com cançons proprias e adaptaçons de A Compañia do Ruido, grupo ao que pertencem os tres, e com versións de Rosendo ou outros clásicos do auténtico Rock tocadas em acúsitico.


Mentras a música nom paraba, na entrada seguiamos conspirando e entrevistando a grupos e público mentras o fotógrafo oficial nom paraba de fazer funcionar o flash.


Mentras na barra nom parabam, Os Chiquilicuatres baixarom do cenário para meter mais canha que nunca e fazer bailar a todos e todas.


O nosso Trasno presentador, inprovisou um pequeno concurso mentras se preparaba o seguinte grupo, houbo triple empate polo que as tres participantes levarom um lote filispiniano completo cada umha.


La Sentina foi o último grupo da noite, sorprendendo a todos e todas com seu Rock-Obreiro, a forza e as letras contundentes fixerom-nos botar e berrar a todos e todas ate o final.

Estas quatro intrépidas, animarom como ninguem ao baile e à festa, e ainda tinham tempo para sacar fotos.


O público, como podedes ver, do mais variado e festivo ;) , inundou a sala.

Esperámos-vos na próxima e escoitámo-nos, cada dia,
no 93.9 da FM, um saudo e grazas por todo.
Rádio FilispiM

30 março, 2007

IV Conspirando por umha Rádio Livre (05/04/2007)


Já está em marcha o IV Conspitrando por umha Rádio Livre, o Joves 5 de Abril, às 10:30 na Sala DZine (Sam Sadurninho) terá lugar o incrivel encontro anual filispiniano, este ano temos moitas sorpresas, sorteos, concursos e presentador@s únicos, música ao vivo a cargo de La Sentina (Rock desde Ferrol) e os Chiquilicuatres (Fussom desde Riveira) que seguramente sorprenderám ate o mais impasivel.

Vémonos alí!

10 maio, 2006

Imaxes do III Conspirando por unha radio libre (13/04/2006)


Aqui estám algumhas fotos do IIIº Conspirando por umha Rádio Livre, algumhas estám algo.... bom, mais ou menos como transcurriu a festa ;) de arriba a abaixo e de abaixo arriba.
Lembrade que para ver a foto ampliada, tedes que fazer Click sobre ela.

Todo estaba preparado para que a festa comeza-se, os preparativos e a decoraçom estabam listos, com um pouco de retraso, que é o que fai que ainda tenhamos mais ganas de entrar.
Prendimos as caixas luminosas e dimos a entrada ao público para que okupase o local e o convertise em seu proprio.
Os primeiros em subir ao cenário, fôrom "A Sociedad Protectora del Hombre Mono + Boy Elliot". Começarom por separado, pero vesse que juntinhos estabam melhor.
Os presentadores da noite, as persoagens da Radio Novela "Paissom de Ganhanes" retrasmitindo em directo para toda a comarca.
Depois subiriam a animar a festa e fazer-nos quedar com ganhas de mais, "Os Tres Trebóns e o Vendaval do Rosal".
Alguem queria saber como soaba isso de Ranchera-Punk, e creo que quedou bem clarinho, festa, baile e berros.
A mesa com o Material Filispiniano.
Ainda estades a tempo de conseguir camisolas, chapas, cd's, pegatas, etc. Tambem podedes ver nesta foto ao machacas das entradas ;) , e a duas rapazas mercando algo, cousa que deberiades fazer tod@s @s que puidesedes.
A Belarmina e o seu moço, tambem forom presentadores por um dia, e inclusso intentarom actuar ;) tiberom a sua gram oportunidade e houbo quem os confundiu com os Strutter.
A IV Gerra Mundial sorprendeu-nos a tod@s, tocarom moi pouquinho, quedando-nos com moitas ganas de voltar a escoitalos.
E grazas a que a IV Guerra Mundial, actuou pouco tempo, tibemos a ocassom de ver a actuaçom sorpresa dos Breakers, tambem foi um espectáculo case incrivel, e que deixou (como podedes ver na foto) a moit@s alucinad@s.



E como agasallo especial, temos aquí, queridos amigos, un vídeo da IV Guerra Mundial. Correspóndese có principio do seu concerto, coa canción Síndrome de Diógenes. Disfrutádea!!

Lembrade que ainda estades a tempo de apotar algo à Rádio FilispiM mercando o material que temos. A pantasma que aparece na foto nom é mala, impresiona, mas ainda assim, podedes achegar-vos sem medo.
Os Strutter eram o último grupo da noite, deronno todo e houbo quem os grabou em video a umha mam, mentras que, ao mesmo tempo, com a outra bebia umha cerveja, e todo isto com os olhos fechados, e que nas festas filispinianas pasa de todo.
Os Dj's Automatas Beat montarom moita moita festa, pero sobre todo fixerom que nos quedaramos com ganhas de mais, vinham preparados com todo o material e nom lhes deu tempo nem de quitar o buzo.
Tanto @s filispinianos coma o público, quedamos satisfeit@s e preparad@s para voltar com ganas o ano que vem, algumhas vos reconheceredes nestas fotos, e outr@s seguro que nom vos queredes reconhecer.

Um saudo a tod@s e grazas por fazer a festa.

05 abril, 2006

III Conspirando por unha Rádio Libre (xoves 13 de abril de 2006)


Hoxe é Xoves Santo? Pois HOXE ímola armar!!! ...

III Conspirando por umha Rádio Livre
en Ferrol, coas fabulosas actuacións no festival de...

Strutter
 Rock
IV Guerra Mundial
Hip Hop
Os Tres Trebóns e o Vendaval do Rosal
Ranchera Punk
Sociedad Protectora del Hombre Mono
+ Boy Elliott
Pop

E algunha que outra sorpresa... Estade atentos!!

Será hoxe, disque 13 de abril e disque dende as 21.30 horas no San Carlos de Esteiro.

Entrada 3 euros !! Poderedes tamén adquirir materiais filispinos diversos a precios ridículamente baixos!!

Escoita AQUÍ Artefacto casero de IV Guerra Mundial
Escoita AQUÍ Clan destino de IV Guerra Mundial

Escoita AQUÍ Santa liberdade de Os Tres Trebóns e o Vendaval do Rosal
Escoita
AQUÍ Foucellas de Os Tres Trebóns e o Vendaval do Rosal

22 março, 2005

II Conspirando por unha radio libre (26/03/2005)

Informamos de cambios no cartel do II Festival "Conspirando por unha rádio libre", sábado 26 de marzo a partir das 9 da noite, na Fundaçom Artábria, (Travesía de Batallóns, Esteiro-Ferrol), a 50 metros da Biblioteca do Patín.

Grupos musicales de Ferrol participantes:
VLADI (substitúe a Reggaetto)
KOBE (pop-rock alternativo)
MISQUIOUS (electrónica poética).

Tras as actuacións en directo, alá pola media noite, seguirá a festa cunha coidada e ecléctica selección de música enlatada.

Prezos: 3 € anticipada e 4 € no día do concerto.
Puntos de venda anticipada: Discos TIPO Ferrol, pub Manchita Cosa, A Bodega e Fundaçom Artábria. Aforo limitado a 250 persoas!
Organiza: Colectivo OPAII - Rádio FilispiM.

Axuda a activación da
Rádio FilispiM (proxecto autónomo e independente de rádio libre e comunitária. Apoia ás bandas locais!

Colaboran: Anunciantes, Fundaçom Artábria, Ateneo Ferrolán e TIPO Ferrol.
Máis info en opaii.rfm@gmail.com, filispina@gmail.com e www.opaii.blogspot.com

10 abril, 2004

Agradecimentos filispinianos post-conspiratorios (1º Conspirando).

Imaxe dunha das faixas incitando ao 1º Conspirando por unha Radio Libre

Agradecementos tralo suceso do I Festival CONSPIRANDO por unha rádio libre en Ferrol (8/04/2004).

A coordernadora do Colectivo OPAII!! quere agradecer a todos e todas os que colaboraron no éxito da primeira edición do seu seu festival "Conspirando por unha radio libre" do pasado xoves 8 de abril de 2004, na Estación de Ferrocarril de Ferrol.

O apoio inmediato do Ateneo Ferrolán deunos forza e credibilidade para que o noso proxecto dunha asociación cultural e unha radio libre estea a facerse unha realidade, os establecementos colaboradores publicitados no cartel do festival posibilitaron a financiación inicial do mesmo, os artistas que desinteresadamente achegaron as súas cancións para formaren parte do noso primeiro CD compilatorio de bandas locais, grazas ao cal atopamos o primeiro motivo para montar o festival...


...ao ferrolán Gabriel, xefe de esceario, e o santiagués Ramón, técnico de son, por seren dous auténticos luxos como profesionais e como persoas, a Miguel Alonso, Óscar Fernández e Serxio Ces, Funky Brewster and the Karma Business Band, Loom, Window Pane e La IV Guerra Mundial por actuaren desinteresadamente, pola súa profesionalidade e unhas estupendas actuacións en cadanseu estilo...

...á xente de Tamarindo polos seus bocatas e aos pinchadiscos que mantiveron a festa: Pequeno Monstro, Abi, Fonso, Abretedeorellas, Manchita, aos que nos axudan a divulgarmos as iniciativas do Colectivo OPAII e Rádio FilispiM, como Diario de Ferrol, Rádio Fene, CUAC FM, Alonso "As Muxicas", Vieiros, abretedeorellas.com, Localia Ferrol e moitos sitios e individuos na Rede que non caberían nestas liñas...

...e tamén agradecemos aos medios que pretenden ignorarnos, porque nos dan un pulo aínda máis forte para apostarmos por un medio de comunicación aberto, libre, ao servizo da comunidade ferrolterrá: Rádio FilispiM. Aos centos de persoas que se achegaron ao festival pola súa resposta e polo seu comportamento, entre todos e todas déstesnos moita enerxía para seguirmos "a todo filispín".

Coordinadora do Colectivo OPAII - Abril 2004



Video: algunhas imaxes da pinchada posterior ás actuacións, no I Conspirando por unha Rádio Libre (8/4/2004)

01 abril, 2004

1er festival Conspirando por unha radio libre (08/04/2004)

Cartaz da mítica primeira edición do Conspirando por unha radio libre, que deu un importante apoio ao Colectivo Opaií! canto a activazón da radio libre e comunitaria Rádio Filispim, 93.9 FM [Ferrol-Terra de Trasancos].

Aquela primeira edizón celebrouse nunha sala da estación de ferrolcarril de Ferrol [A Corunha] un 8 de abril de 2004 [xoves "santo"], acudindo perto de 400 persoas, o que supuso un estupendo espaldarazo para a merca dos equipos técnicos, conseguindo o Colectivo Opaií! cumprir un dos seus principios fundacionais: autofinanciarse.

Todos os grupos e solistas que actuaron naquela edición executaron unhas estupendas actuacións e tocaron desinteresadamente apoiando a idea. En agradacimento a el@s, aquí van os nomes d@s artistas e bandas: Miguel Alonso, Óscar Fernández e Serxio Ces, Funky Brewster and the Karma Business Band, Loom, Window Pane e La IV Guerra Mundial.

Conqueridos os equipos técnicos necesarios [alta e baixa frecuencia], así como un local cedido polo Ateneo Ferrolán, Rádio Filispim comeza a emitir en agosto de 2005, conquerindo o Colectivo Opaíí!! ACTIVAR a primeira emisora de carácter libre [sen patrocinadores públicos e privados] e comunitaria [participación activa dos colectivos socias] de Ferrol/Terra de Trasancos.


Video: pequena montaxe realizada do I Conspirando por unha Rádio Libre (8/4/2004)
Related Posts with Thumbnails