Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

25 maio, 2018

UNHA TARDE NO MUÍÑO .
Programa nº 17. Luns 21 maio 2018. 
Viviana Fernández, en representación da Asociación Veciñal, informa das actividades levadas nestes días por esta entidade. Reunión avaliadora das pasadas festas, reunión da Intrabarrial, próxima apertura do comedor …

Rafa Aguirrebengoa na sección Outra información é posible, analiza os problemas demográficos que están a darse en Galicia. Nun segundo apartado fai un comentario arredor do españolismo rancio. Informa, por último, dos preparativos que se están a facer en Muíño do Vento para recuperar do esquecemento a Pedro Guimarey.
Bibí Neira participou en Vivo ,penso e declaro.
Andando o tempo foi o título do Tema do día. Participaron Maru Fernández e Tita Martínez, mulleres do barrio de Canido. Despois de falar do seu percorrido vital, pasaron a facer análise do momento actual. Os problemas do barrio, da cidade, da sociedade… Pensións, mobilizacións das mulleres, axudas á dependencia, …
E “haja o que houber, havemos de ir a Viana”. Despedida con Amalia.

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 266 15.05.2018



TOMA GOMA

Más de 30 años envueltos en el aroma de la resina, imaginando formas, cogiendo olas, respirando salitre, disfrutando de la artesanía ligada al surf. Son Luis y Ricardo, Ricardo y Luis, dos hermanos que –desde Valdoviño- emanan cultura surf por todos sus poros. Arrancaron en los ‘80 arreglando tablas, pero pronto se decidieron a hacerlo todo, a fabricar tablas de verdad. Hoy, su marca, Toma Goma, es reconocida en el mundo del surf nacional como un símbolo de calidad. En su taller, por otra parte, se escucha buena música, aunque, por momentos, la concentración del artesano requiere, exige, silencio absoluto. Lo compensan haciendo música con su propio grupo, los Crazy Ponys. El nombre del grupo los delata en su amor y admiración por Neil Young, de hecho, la banda sonora de este programa la comparten con él. Una vida tan intensa y tan rica solo tiene –a su juicio- una pega: no pueden surfear tanto como quisieran. De todo ello –y de muchas más cosas- hablamos durante una hora, que se nos quedó corta.  

24 maio, 2018

Programa 89 de Sons Revela2


O venres, 18 de maio do 2018, Sons Revela2 emitiu o programa 89 en Radio Filispim. Neste caso tivemos a sorte de poder contar no estudo coa colaboración de Pepe Cunha quen nos falou do seu Premio Martin Códax na categoría a "Mellor Espazo de Comunicación Musical" con Ábrete de Orellas; E Teresa Dopico quen nos falou do Día das Letras Galegas do 2018 e do seu traballo como Dinamizadora Lingüística no CPI Atios de Valdoviño. 


Dende aquí queremos agradecerlles a súa presenza. Moitas grazas. Foi un auténtico pracer.



18 maio, 2018

Ábrete de orellas, CCXXX, 14-maio-2018

Semana das Letras Galegas así que desta vez todas as cancións son en galego. Álbumes recentes e varios poemas musicados.

  • Fernando Barroso e Margarida Mariño "O barqueirinho"
  • Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre "Voa o aire"
  • Guadi Galego "Bóla de cristal"
  • Uxía "O aire"
  • A banda da loba "Abrente"
  • Sés "De catro a catro" 
  • Samarúas "Non"
  • Brais Morán "Sangue do norte"
  • O sonoro maxín "O carreiro"
  • Cinta Adhesiva "As flores"
  • Mercedes Peón "Ela propón"
  • Baiuca "Solaina"
Na selección, comentarios e descontrol técnico, Pepe Cunha.

Contáctanos en abretedeorellas@gmail.com

Velaquí os horarios de emisión en Rádio FilispiM: luns, 20:30 h.; mércores, 15:00 h.; xoves 22:00 h.

Tamén redifundido pola Regarlic - Rede Galega de Rádios Libres e Comunitárias:
Cuac FM, mércores ás 9 da mañá
A Kalimera Rádio Livre
Radio Roncudo, martes ás 5 da tarde
radiONeria mércores ás 21h e sábado ás 9 da mañá
Radio Piratona, varios días e horarios
Radio Fedello os xoves

e tamén polas radios municipais
Radio Redondela, venres ás 23 h e sábados ás 21 h.
Radio Negreira, martes ás 14:30 h. 
 e
PontevedraViva.com os martes ás 21 h.

13 maio, 2018


UNHA TARDE NO MUÍÑO

Programa nº16. Luns 7 Maio 2018.

Programa especial dedicado á Festa dos maios en Canido.
Maio, maio maduro cantado por Cristina Branco serviu de sintonía ao debate no que participaron Guillermo Leira, Viviana Fernández e Roberto Taboada, os tres compoñentes da Intrabarrial organizadora das festas.

Avaliación positiva do desenvolvemento da programación e consenso na idea de que o modelo elixido é o correcto. Modelo que ten como cerne a festa popular dos maios, e arredor deste eixo vertebrador de actividades de todo tipo e destinadas a todas as idades (actividades recreativas, culturais, musicais, feira, xantar…ata 27 actividades), procurando a participación activa da cidadanía. Modernidade e tradición nas festas populares tentando de implicar á cidadanía e fuxindo de canto ruído ou actividade sexa molesta para a vida cotiá da veciñanza.

María Romero Iglesias, rapariga que dende pequena veu “facendo maios” fixo a súa declaración en Vivo, penso e declaro.

Maio, maio de Pablo Quintana dou entrada a Inventa unha flor. O escritor Antonio Yáñez explica en que consiste este certame escolar que nos últimos seis anos ven formando parte da programación das festas do barrio. Bases, participación dende os Centros educativos do barrio, desenvolvemento do acto central, libro dixital que recolle os traballos elaborados…Avaliación e desexos de continuidade e futuro para este acto que a ASC Muíño do Vento programa.

E paso  ao recital poético dos nenos e nenas representantes dos Centros Educativos do barrio, IES Canido (Alba Díaz-Caneja), Juán de Lángara (Andrea Ramos Niebla), San Rosendo (Lola Sánchez Gómez) e Cruceiro de Canido (Tomas Cruz Saavedra).

Troula de Juán Durán coa OSG serviu de despedida ao programa.

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 265 8.05.2018



PRIMAVERA CON ANGUS & JULIA STONE

Llegó el momento. Hemos vuelto a ver el azul del cielo y a sentir la suave brisa del nordeste. Es hora, pues, de coger el coche conforme asoman los primeros rayos de sol, bajar la ventanilla y apoyando el brazo conducir relajadamente escuchando a este dúo de hermanos australianos. Destino, tu ola favorita, tu bosque preferido o simplemente poner rumbo a la nada, mientras en la radio suenan Heart Beat Slow, The Beast, Just a Boy, For You, Big Jet Plane, A Heartbreak, Grizzly Bear, Broken Brights, Wooden Chair…..te olvidas hasta de la marea, quisieras conducir hasta que se agote la gasolina…soñar y sentir mientras escuchas a Julia & Angus Stone…

11 maio, 2018

Ábrete de orellas, CCXXIX, 7-maio-2018

Esta semana a nosa escolma é case 100 % galega. A excepción é a primeira cita cos concertos "Delicatessesen" que anuncian o 17% Ribeira Sacra Festival: a estadounidense Angel Olsen está o sábado 12 en Compostela. E o outro concertro grande é o de presentación do novo álbum de Mercedes Peón, o domingo 13 no Auditorio de Ferrol.

Pero hai máis citas interesantes e tamén as comentamos canda novidades discográficas que chegan á redacción orelluda.


  • Angel Olsen "Sans"
  • The Soul Jacket "Spring Has Come"
  • Nicolás Pastoriza "En el funeral de José Luis"
  • Mercedes Peón "Cabo de min"
  • Turma Caipira "Meu amor é de você"
  • Brais Morán "Valarés"
  • Fernando Barroso & Margarida Mariño "Ruletta"
  • Rodrigo Romaní "Indo de cara á Grixoa"
  • Papi e Mami "Lúa de la"
  • Cró! "Clawdia"
  • Martelo "Podo prometer e prometo"
  • Sumrrá "Sofia"

    Na selección, comentarios e descontrol técnico, Pepe Cunha.

    Contáctanos en abretedeorellas@gmail.com

    Velaquí os horarios de emisión en Rádio FilispiM: luns, 20:30 h.; mércores, 15:00 h.; xoves 22:00 h.

    Tamén redifundido pola Regarlic - Rede Galega de Rádios Libres e Comunitárias:
    Cuac FM, mércores ás 9 da mañá
    A Kalimera Rádio Livre
    Radio Roncudo, martes ás 5 da tarde
    radiONeria mércores ás 21h e sábado ás 9 da mañá
    Radio Piratona, varios días e horarios
    Radio Fedello os xoves

    e tamén polas radios municipais
    Radio Redondela, venres ás 23 h e sábados ás 21 h.
    Radio Negreira, martes ás 14:30 h. 
     e
    PontevedraViva.com os martes ás 21 h.
    Related Posts with Thumbnails