Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

27 janeiro, 2017

Ábrete de orellas, CLXII, 23-xaneiro-2017

Programa especial con invitado, aínda que non deixo de recomendar algúns concertos nos días vindeiros.
Acompáñame o carrilexo Cristian Silva, músico, produtor e docente, para compartirmos comentarios e algúns dos seus temas e artistas favoritos.





  • Terry Lee Hale "Regret"
  • David Bowie "Starman"
  • Grampoder "Robert Millar"
  • Bunbury "Todo"
  • Trilitrate "Aligrina"
  • Kasabian "Clouds"
  • The Wave Pictures "Pool Hall"
  • Chupacabras "Pa' Telas"
  • Budiño "Lóstregos"
  • Maga "Diecinueve"

Na selección, comentarios e descontrol técnico, Pepe Cunha .

Velaquí os horarios de emisión:

Rádio FilispiM: luns, 20:30 h.; mércores, 15:00 h.; xoves 22:00 h.
Cuac FM: mércores 9:00 h. e venres ás 15h.
A Kalimera: martes 12:00 h.
Radio Roncudo: martes 17:00 h.
Onda Neria: mércores 21:00 h.
Radio Piratona: luns (23h), martes (19h), mércores (02h), venres (11h) e domingos (14h)

26 janeiro, 2017

Nova - Crónica do #PecheCoia - Anúlase o xuízo contra Diego e vence a solidariedade

Na véspera do xuízo contra Diego, activista da O.D.S. de Cóia, en Vígo, chegou a boa nova da retirada da acusación por parte do policía que o denunciára (Mentindo), por atentado a autoridade. Por iso, con ledícia, queremos dar conta desta pequena vitória dun modesto movemento veciñal e solidário.
Nova de tirada de @GalizaContrainfo


53º Programa Entrelazados [3º - 3T]


Apuntamentos de Lingua Galega: [Toponimia e Antroponimia]. Reminiscencias do Pasado: Co Catedrático de Lingua e Literatura Galega Xosé M. Dobarro [II parte do Limiar das Irmandades da Fala, 1916]. O Cantor de Jazz: Sección de música e cine con Carmen Sixto: O tema de hoxe [Personaxes Memorables]. Músicas de Brasil e Outras Terras: Sección a cargo de Eugenia Sanmartin: O tema de hoxe [Arenga]. Música Galega: Sés [Semente de Vencer], Ruxe ruxe [Botarse a andar].



Programa divulgativo en Lingua Galega, coordinado e conducido por Xurxo Gago. Email: entrelazadosnasondas@gmail.com. Twitter: @EntrelazadosRF Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html Emisións: Ao vivo, mércores de 21:00 a 22:00 h. Reposicións: Madrugada do xoves ao venres de 02:30 a 03:30 h., domingos de 09:00 a 10:00 h. da mañá. Podedes visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.

25 janeiro, 2017

Cancións para días de chuvia #30

Escoita o noso programa nº 30, esta semana, con bandas que fixeron do fuzz seu selo característico, e outras que seguiron seu exemplo. Escoitamos a Davie Allan and the Arrows, The Ventures, The T-Bones, The Surf Coasters, The Giljoteens, Gruesomes, Link Protrudi...


Playlist:
The Dreg (fleshtone 77) - The Fleshtones
Stupid ol`sun - The Fleshtones
Fuzz Theme - Davie Allan and the Arrows
Wild Night - The Ventures
Yellow jacket - The M Ventures
Rail vette - The T-Bones
Malibu - Bruce Johnston
No Stopping - The Dave Clark five
No money no honey - The Invaders
Fuzzy Nova - Los Straitjackets
Steppin’ out - The surf coasters
Shalako - The Bent Scepters
Get a head - The Giljoteens
Way down below - Gruesomes
Already down - The Insomniacs
Ain’t a shame - Os Haixixins
She’s the one - Ramonetures
Hanky Panky - Link Protrudi and the Jaymen
Don’t mess with my mind - The Stomachmouths
That thing you do - The Rubinoos




Emitimos en Radio Filispim os mércores de 20:00 a 21:00, venres de 15:00 a 16:00 e martes de 1:00 a 2:00.
Contacto: diasdechuvia@gmail.com
Miki Staccat Dora

22 janeiro, 2017

Programa 75 de Sons Revela2 (20-01-2017)

Esta semana tivemos a oportunidade de recibir no estudio a Manolo Bacallau e a Lan, quenes viñeron a falarnos do proxecto SONDOBAR

Foi un auténtico pracer poder compartir con eles a tarde-noite e descubrir tantos segredos que esconde esta nova ilusión. 

Moitas grazas a tod@s! 





21 janeiro, 2017

Directo de Esquerdas 6



Tertulia con Javier Losada, Rafael Pillado e Fernando Ramos sobre os conceptos de esquerda e clase obreira na actualidade, a situación de ambas e os movementos progresistas modernos. Que é hoxe esquerda? Que futuro teñen as esquerdas? Está representada a clase traballadora?


http://www.ivoox.com/directo-esquerdas-6-audios-mp3_rf_16573459_1.html

Directo de Esquerdas 5

http://www.ivoox.com/directo-esquerdas-episodio-5-audios-mp3_rf_16320636_1.html

Directo de Esquerdas en Radio Filispim, a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, na 93.9 da FM. Comentario de noticias e temas de actualidade e tertulia sobre a tenda de troco de Caranza, como exemplo de economía social saída do Encontro Social de Ferrolterra.

Directo de Esquerdas 4

http://www.ivoox.com/directo-esquerdas-episodio-4-audios-mp3_rf_15848086_1.html

Alegato a prol da unidade das esquerdas, comentariio de noticias relevantes e tertulia/entrevista con Maíta Fernández e Lluis Cerdá sobre resiliencia urbana e sobre mobilidade urbana e transportes aplicado especialmente a Ferrol e á súa comarca. É Ferrol unha cidade resiliente?
Related Posts with Thumbnails