Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

12 janeiro, 2016

80 Vinilos/h - Programa 83

Kamenbert, BCN

Edición nº 83 de 80 Vinilos/h.

- Volume nº 37 da Enciclopedia Musical Estatal dos 80s.
De KAMENBERT  á  KIKI D´AKI

Neste programa:
  • KAMENBERT.
          - Tuve una novia psicodélica (Single, cara "b". DNI/Flor y Nata Records, 1983).
          - Me molestas (maqueta, 1985).
          - El negro es mi color (maqueta, 1985).
          - Sha la la la (Mini Lp. Soul Nights. DRO, 1987).
          - Terciopelo azul (Mini Lp. Soul Nigths. DRO, 1987).
  • KARMAS COLECTIVOS.
          - Apoyada en el aire (12'' 45rpm, Psicodependencia. DRO, 1986).
          - Buscando el sentido (12'' 45rpm, Psicodependencia. DRO, 1986).
          - Psicodependencia (12'' 45rpm, Psicodependencia. DRO, 1986).
  • KIKI D´AKI. 
          - El futuro -letra: F.Márquez El Zurdo- (12´´ 45rpm. Nuevos Medios, 1984).
          - Accidente -letra: F.Márquez El Zurdo- (12´´ 45rpm. Nuevos Medios, 1984).
          - La ciudad y tú -letra: F.Márquez El Zurdo- (12´´ 45rpm. Nuevos Medios, 1984).
  • LAS CHINAS. 
          - Amor en frío -composición: Santiago Auserón- (Single. El hombre salvaje, cara "b". RCA-Victor, 1980).
          - Te espío -orixinal de Ejecutivos Agresivos- (Lp. BSO. La Próxima Estación. RCA-Victor, 1980).


Conduce e apresenta: André "Pequeno Monstro".
(*) Difunden: Rádio FilispiM (Ferrol), Radio Fene, Radio Eume (As Pontes), Radio Redondela, Radio Negreira. * Para emisión deste programa en radios non comerciais, contacta co Pequeno Monstro. Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com

10 janeiro, 2016

Programa 48 de Sons Revela2 (08-01-2016)

No primeiro programa do ano...Sons Revela2 encargouse de facer unha selección musical con temas que tiñan algo agochado detrás...ben fora un comentario, una nova, una impresión dun concerto, unha data próxima para poder velos,etc. 
Ademais, coma sempre, houbo moito humor, a nosa carteleira de eventos da movida Ferrolá e o noso recuncho Africano. 
Dende aquí queremos darlle as grazas a tod@s os ointes que todas as semanas seguides ahí. 



Temas que soaron: 

-Caxade "Gente Pota"
-Klute "Stay Away" 
-Cálido Home "I`m not blue"
-Weather Underground "Starting Over" 
-Fermin Muguruza "Kolore Bizia" 
-Ballou Canta "Soki"
-Silvio Rodríguez "Día de Agua" 
-José San Martín "Una noche entera" 

07 janeiro, 2016

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 165 29.12.2015


UN RECORRIDO POR LA MÚSICA ELECTRÓNICA

Finalizaron ya las competiciones internacionales de surf y llegó el invierno. Es el momento de enfrentarnos en Galicia a las olas grandes, rápidas, fuertes, en aguas frías y, muchas veces, en medio de la lluvia. Buen momento también para, en esos atardeceres tempranos, abrir nuevos horizontes musicales con esa música poco frecuente en el programa, pero que hoy está presente de una u otra forma en la obra de los grupos y artistas más innovadores. Cerramos el año, pues, con un recorrido por los diversos senderos de la música electrónica. Aphex Twin, Synkro, Nosaj Thing, Ametsub, Kiasmos, Jon Hopkins, Brian Eno, Burial, Tycho y, cómo no, Kraftwerk.

05 janeiro, 2016

Off Mental - programa 80 (Coda Records, 1ª parte)

Edición nº 80 de Off Mental. 
- Especial Coda Records (Landscape). 1º parte.
  • CHRIS JORDAN - Lp. Twilinght of The Gods (Coda Records, 1987).
         - Pilgrims (Pilgrim´s Chorus from "Tannhauser", Richard Wagner).
         - Rhinegold (Themes from "Das Rheingold", Richard Wagner).
         - The bride´s lament (Bridal Chorus from "Lohengrin", Richard Wagner).
  • TIM CROSS - Lp. Classic Landscape (Coda Records, 1985).
         - Symphony No. 41 in C Major, K. 551: "Jupiter": 3rd movement "Menuetto, Allegretto & Trio" (Wolfgang Amadeus Mozart).
         - Pastorale (Tim Cross).
  • STEPHEN CAUDEL - Lp. Wine Dark Sea (Coda Records, 1986).
         -Wine Dark Sea (part I). The Outward Journey (extracto, versión Lp).

Apresenta e conduce: André "Pequeno Monstro". Difunden: Radio FilispiM (Ferrol), Radio Kalimera (Compostela), Radio Fene, Radio Eume (As Pontes), Radio Negreira e Radio Redondela. Para sumarse á emisión contactar co Pequeno Monstro.

25 dezembro, 2015

Ponte en Galego nº 45: Faltriqueira, Teatro e moito máis


En PEG pechamos o ano con Ana Leira, exalumna do instituto e compoñente do grupo folk eumés Faltriqueira; con Cris e Brais, tamén exalumnos e entusiastas teatreiros; cos viaxe á India que nos propoñen Sara e Marta, e con moitas outras cousas. Normalizando onde máis falta fai. Este é o resultado do noso traballo nas clases de Investigación e Tratamento da Información, nos recreos, nas horas libres… Que vos guste!




23 dezembro, 2015

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 164 15.12.2015




RADIO FILISPIM EMITIENDO DESDE EL MAR

Un mal sueño y el rememorar la apasionante historia de las emisoras piratas nos lleva a zarpar hacia mar abierto para realizar este programa. Recorremos la costa gallega con la banda sonora de “ The boat that rocked” (“Radio Encubierta” en castellano) al tiempo que recordamos los orígenes, desarrollo y peripecias de Radio Luxemburgo, Radio Caroline y las que les siguieron. Un viaje repleto de añoranzas y la música de los Kinks, Stones, Who, Beach Boys, Troggs, Martha Reeves, Easybeats, Jimi Hendrix, Cream, Skeeter Davis….

21 dezembro, 2015

PINCHACARNEIRO C.T 4º T 2ª P: Heavy TERAPEUTICO pra escomezar o Natal


Entrevista a Ivan Mendez, impulsor e princial responsável do Resurretion Fest (Viveiro), no que este ano debutará Iron Maiden, entre outros.
A posteriori debullamos a procedencia do sentimento consumista, que tanto emerxe nestas datas, e os condicionates que iso con leva para as persoas con menos recursos.

Retomamos o espazo do Boureadeiro. analizando a situación do Sector Leiteiro.
Xa pra rematar, abrimos o espazo larpeiro, onde o maestro dos queimadores de hoxe propón un menú composto de dous pratos e unha sobremesa, do máis xeitoso e doado para sorprender nestas datas.
... todo isto ben ataviado co Heavy terapeutico do Confurco.

Difusión - para propoñer tematicas ou opinar, escrever a : pinchacarneiro.asfedro@gmail.com,                               abordaremos as diferentes propostas nos vindeiros programas
                blogue: pinchacarneiroasfedro.blogspot.com

18 dezembro, 2015

80 Vinilos/h - programa 82

Kaka de Luxe

Edición nº 82 de 80 Vinilos/h.

- Volume nº 36 da Enciclopedia Musical Estatal dos 80s.
De JULIO BUSTAMANTE  á  KAKA DE LUXE

Neste programa:
  • (Sintonía) Paraíso - Estrella de la radio (Single. Para ti. Zafiro, 1980).
  • JULIO BUSTAMANTE - Cargo de mi (Lp. Cargo de mi. Discos Medicinales, 1987).
  • JULIO BUSTAMANTE - Cenizas mojadas (Lp. Cargo de mi. Discos Medicinales, 1987).
  • JULIO BUSTAMANTE - Ellos sólo duermen (Lp. Cargo de mi. Discos Medicinales. 1987).
  • KABUKI DRAMA - Libertad de imagen (Single Libertad de Imagen. Melodías de ayer y de hoy, 1986).
  • KABUKI DDRAMA - Días optimistas (Single Libertad de Imagen. Melodías de ayer y de hoy, 1986).
  • KAKA DE LUXE - La pluma eléctrica (Ep. Chapa Discos, 1978).
  • KAKA DE LUXE - Viva el metro (Ep. Chapa Discos, 1978).
  • KAKA DE LUXE - Rosario / Toca el pito (Ep. Chapa Discos, 1978).
  • KAKA DE LUXE - Pero que público más tonto tengo (Lp. Canciones Malditas. El Fantasma del Paraiso, 1983).
  • KAKA DE LUXE - La tentación (Lp. Canciones Malditas. El Fantasma del Paraiso, 1983).
  • KAKA DE LUXE - La alegría de vivir (Lp. Canciones Malditas. El Fantasma del Paraiso, 1983).

Conduce e apresenta: André "Pequeno Monstro".
(*) Difunden: Rádio FilispiM (Ferrol), Radio Fene, Radio Eume (As Pontes), Radio Redondela, Radio Negreira. * Para emisión deste programa en radios non comerciais, contacta co Pequeno Monstro. 
 + info: http://80vinilos.blogspot.com

17 dezembro, 2015

9º Programa Entrelazados [II Temporada]

As Minientrevistas: Entrevista telefónica con Alberto Hermáns, guitarrista e cantante do grupo Lenda Ártabra para falarnos da vindeira presentación do disco do grupo, Noites de Lenda, que terá lugar o vindeiro día 23 de xaneiro do 2016 ás 20:30 horas no teatro Jofre. Músicas de Brasil e Outras Terras: Programa especial fin de ano no que a única protagonista será a música, temos con nós a Eugenia Sanmartín que presentará a súa sección xunto a outra melómana por nome Carmen Sixto. Entre as dúas, deleitaranos coa súas recomendacións musicais.
Programa divulgativo en Lingua Galega, coordinado e conducido por Xurxo Gago:
Email: entrelazadosnasondas@gmail.com. Twitter: @EntrelazadosRF
Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com Subscripción ao Podcast: http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html Emisións: Ao vivo, mércores de 21:00 a 22:00 h. Reposicións: Madrugada do xoves ao venres de 02:00 a 03:00 h., domingos de 09:00 a 10:00 h. da mañá.

13 dezembro, 2015

Exposición "10 anos de historia filispiniana". Xoves 10 de decembro, ás 20h. no Ateneo Ferrolán

O Colectivo OPAÍÍ-Rádio FilispiM continúa cos actos de celebración do 10º aniversario das emisións de Rádio FilispiM, libre e comunitaria que emite dende Ferrol.



Este xoves 10 de decembro e 2015, na sá de exposicións do Ateneo Ferrolán (R/Madalena, 202-204), ás 20:00 h., inauguramos a Exposición "10 anos de historia filispiniana".

Estades convidad@s.
 --
A prehistoria do Colectivo OPAÍÍ-Rádio FilispiM remóntase á desaparecida emisora universitaria Radio Kaos. Tras o verán de 2003, algunhas voces que xa participaran da mencionada experiencia sentían a necesidade de volver ás ondas e outras persoas interesáronse na idea. Após varias asembleas en locais de ocio, o 28 de novembro de 2003 fixeron un primeiro chamamento aberto á cidadanía para presentar esta iniciativa de crear unha nova emisora. Desta vez sería un medio libre, independente das institucións oficiais, e ao servizo da comunidade. A denominación debía ser claramente ferrolá, tanto para o colectivo como para a emisora.

Tras esa data no Ateneo Ferrolán, o proxecto de Rádio FilispiM participou en decembro no Foro Negro nunha mesa de traballo xunto a Piratona, Kalimera e outros medios de contrainformación. Nun período de gran actividade contra-informativa en Galiza e o Estado, o colectivo realizaba unha asamblea tras outra. Debatía ideas, obxectivos e estatutos, organizou a asamblea de constitución dos principios de ReGARLIC (rede galega de radios libres e comunitarias) e plantexaba iniciativas de recadación para adquirir o equipamento técnico. Entre as realizadas, a edición dun fancine, ciclos de cinema, festas varias, a confección e venda dun par de CDs compilatorios de grupos e solistas da comarca e, sobor de todo, un exitoso I Festival Conspirando por umha Rádio Livre na semana santa de 2004. Conseguidos os cartos, a emisora comeza emitir en probas desde o Ateneo Ferrolán, nun “metro cuadrado” rehabilitado no verán de 2005. "A nossa história facémola nós” da Matraca Perversa é a primeira canción que soa no 93.0 da FM (agora estamos no 93.9FM) o 27 de agosto de 2005.

Coa intención de ter presenza alén das ondas, comezan unhas sesión vermú que se manteñen na actualidade con periodicidade, teñen lugar varias edicións do festival Conspirando e últimamente a radio desprázase no Filispim Vai... a diversos locais da comarca. E se falamos de desprazamentos, Rádio FilispiM viviu dúas mudanzas. No dial, móvese ao actual 93.9 da FM o 15 de decembro de 2006 pola “concesión legal” do 93.0 a unha radio privada. Na ubicación física, o inicio das obras de rehabilitación do Ateneo Ferrolán en xuño de 2005 fan necesario o cambio de local e, pasado o verán, as ondas filispinianas volven ao ar desde a súa actual ubicación na traseira do Mercado de Caranza.

Nestes 10 anos de existencia, moitas voces e propostas chegaron, participaron, resistiron, saíron e regresaron, sempre achegando novos folgos e pluralidade a esta experiencia. Rádio FilispiM segue aí, libre e comunitaria, chamando ao teu interese, á túa participación, á túa achega.

Related Posts with Thumbnails