Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

22 maio, 2015

O beco da língua vol. 03: a voltas com a língua.



Falamos com o Bruno como autor do logótipo ganhador do concurso convocado pelo Beco da Língua, e com o Mauri, a quem perguntamos pelo facto de os governantes deste país terem dedicado o dia da Língua a Filgueira Valverde, da necessária mudança de política linguística na Galiza, as alternativas, a relação do galego com o português e a ILP Valentim Paz Andrade. Fazemos, também, estreia duma seção: Pega num livro, e damos conta de diversos eventos relacionados com a cultura portuguesa que vão acontecer na Galiza nos próximos dias.

21 maio, 2015

26º Programa Entrelazados [Especial Decreto Filgueira]

26º Programa Entrelazados, programa divulgativo en Lingua Galega
coordinado e conducido por Xurxo Gago.

Literatura Galega: Nesta ocasión escoitaremos un documentario sobre Filgueira Valverde, o escritor homenageado no Dia das Letras 2015, que dá nome a um documento fundamental para entender a história do galego contemporáneo: o “Decreto Filgueira”, que em 1982 oficializou a normativa do galego que chegou aos nossos dias, derrogando as imediatamente anteriores de Carvalho Calero. Decreto Filgueira explica os antecedentes deste acontecimento desde os anos 70. Un documentario realizado pola AGAl(Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa USC. E escoiteremos aos Diplomáticos co seu Deitado frente ao mar. Rematamos cun todavía vixente discurso para Queremos Galego de Xurxo Souto.Música: Os Dplomáticos de Montealto [Deitado frente ao mar].


Email:entrelazadosnasondas@gmail.com.
Twitter:@EntrelazadosRF Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com
Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html
Emisións: Mércores de 21:00 a 22:00 horas.Reposicións: Venres de 02:00 a 03:00 da madrugada, domingos de 09:00 a 10:00 horas da mañá. Podes descargar a APP da Rádio FilispíM na seguinte ligazón: http://www.appsgeyser.com/getwidget/RadioFilispiM%20APP/ou tamén podes descargar a APP Tunein para escoitar a nosa radio dende un smartfone ou tablet.

18 maio, 2015

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 140 12.05.2015




DANI –AMENEIROS- DE VUELTA EN FERROLTERRA

Nos reconforta que algunos de los jóvenes que por una razón o por otra un día se nos fueron regresen a su tierra, a sus playas. Es el caso de Dani Ameneiros. La razón inicial de su marcha fue su vocación artística, que le llevó a estudiar Bellas Artes fuera, luego el trabajo y la vida misma, esa vida que ahora nos lo devuelve…ojalá! que por mucho tiempo.

Dani es un surfer enamorado de Campelo, un pintor vocacional puro, un diseñador gráfico y web magnífico… y una maravillosa persona. Para nosotros –y por extensión para todo el mundo del surf- su huella es ya indeleble por los múltiples trabajos que realizó para el Pantín Classic. Posters, webs, libros, vídeos… por cierto, también la música ocupa un lugar importante en la vida de Dani, así que alguna se la trajo al programa, entre otros a la Velvet, Joy Division, Dadawa, Muse, Rufus Wainwright, Nick Drake, Jeff Buckley…


16 maio, 2015

PROGRAMA 30 DE SONS REVELA2 (15-05-2015)

Esta semana tivemos a sorte de contar no programa coa visita de "SARAVÀ CRIÔLO". Dende o programa queremos darlles a grazas a Lidia e a Fredy pola súa colaboración. Foi un luxo poder disfrutar coa súa música. 

                                                 

                           

13 maio, 2015

Escarnio! Cos folguistas de telefonica-movistas


Este xoves tocounos escarnecer á grande multinacional privatizada Movistar, polas precarias condicións de traballo que impón aos traballadores das súas contratas. Para coñecer esta realidade de primeira man, contamos no noso programa cun compañeiro da contrata Liteyca, onde levan xa máis de un mes en folga.



Non o perdades!

12 maio, 2015

La Trastienda (vende joyas y melocotonazos)


Nesta Trastienda soan as xoias e melocotonazos que máis estiven a escoitar últimamente. Cousiñas delicadas e auténticos bombazos se misturan neste programa sen coherencia algunha...

http://www.ivoox.com/trastienda-vende-joyas-melocotonazos-audios-mp3_rf_4479663_1.html

10 maio, 2015

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 139 5.05.2015




LET ROBESON SING –Dejad que Robeson cante-

Uniéndonos al homenaje que en su día le hicieron a Paul Robeson los Manic Street Preachers a través de la canción que da título a esta entrada, a lo largo del programa repasamos la biografía de este hombre ejemplar. Estamos en vísperas de elecciones... cuánto necesitamos personas así, con… “a voice so pure, a vision so clear…" como insistentemente nos recitan los Manics, galeses rebeldes y grandes artistas al tiempo. Personas como Paul Robeson, comprometidas de verdad con la igualdad de todos los seres humanos independientemente de su sexo, raza, lengua o religión.

Por cierto, también el gran Pablo Neruda le honró en su monumental Canto General, lo que nos da ocasión de escuchar al igualmente genial Mikis Theodorakis, interpretando la obra en directo en Berlín. Diferentes, pero no menos sensibles y creativos, escuchamos también a Grateful Dead, liderados por el inolvidable Jerry García, nieto de un emigrante coruñés a California…

09 maio, 2015

DIVERTIMENTO - Especial "Ferrol Mola en Eleccións" _ 08/05/2015

Instantanea do especial "Ferrol Mola en Eleccións".

Edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros do venres 8 de maio de 2015, na Rádio Filispim, 93.9 FM, libre e comunitaria dende Ferrol.

Especial, "FERROL MOLA EN ELECCIÓNS".

Coa presenza de:
  • MELI CRIADO. Comandanta en Xefa do blog: http://labocadelaria.blogspot.com
  • XABI PORTO. Comandante en Xefe de ningúen. Espazo Libertario (CNT-Unión Libertaria).
  • PEDRO FERRÁNDEZ. Comandante en Xefe do seu pensamento. Ideologo e pensador no Diario de Ferrol, no seu tempo en Rádio FilispiM, con "Aquiloquevibra".
  • ELENA. Comandante en Xefa da súa natureza. Integrante da Sociedade Galega de Historia Natural, cantante de samba, boas vibracións.
Neste program xuntamos a persoas para falar de política con maiúsculas, que é como fala a xente do pobo. Así, Meli contounos máis da Ria de Ferrol, do Porto e do seu blog (La Boca de La Ría) onde a Ría, coma ser vivo de natureza rebelde que é, toma a palabra. Elena, lembrou a Manolo de Vite, ser humano que soubo pasar polas persoas e terras que camiñou, integrante da Sociedade Galega de Historia Natural. Xabi, falou do 1º de Maio e Pedro pensou en Ferrol. Despois, entre tod@s falamos do inicio da campaña eleitoral en Ferrol... e así pasaron case dúas horas con xente que fala de corazón.

Apresentan e conducen: Ana Lucecú e Pequeno Monstro.

O Beco da Língua vol.02: uma trilha pela Estremadura



Falamos da viagem a Peniche realizada nos passados dias 1, 2 e 3 de maio, organizada pela equipa de dinamização linguística da EOI de Ferrol. Os seus protagonistas contam, em primeira pessoa, as suas experiências que vão desde a kizomba ao surf, desde o património geológico à memoria do 25 de abril, desde a gastronomia aos orçamentos participativos. Henrique, Mercedes, Paula, Carme, Carolina e Fran dão as suas opiniões sobre a viagem.

08 maio, 2015

Ábrete de orellas programa 77, 4-maio-2015

Veñen de deixarnos Ben E. King e J.J. Cale, así que os lembramos no programa desta semana.

Acabamos de recibir o novo traballo dos veteráns Zënzar, que será presentado ao vivo o sábado 9, ao igual que farán os Sandford Music Factory na Casa Tomada da Coruña.

Niño y pistola despídense esta fin de semana o mesmo día que Víctor Coyote volve a Galiza. Haberá que elixir :-(

Completamos a variedade con máis novidades: Riobó, Fred Martins, Candy Caramelo e El Twanguero.



  • Zënzar "Cousa pouco seria"
  • Sandford Music Factory "Throwing Dices"
  • Niño y pistola "Red Leaf"
  • Riobó "Comboio sul"
  • Víctor Coyote "Have mos d' ir a Viana"
  • Coyotes "Como un extranjero"
  • El Twanguero "Bailando con el twanguero"
  • Candy Caramelo "Felicidad"
  • Fred Martins "Tempo afora"
  • The Drifters "This Magic Moment"
  • The Drifters "Save the Last Dance for Me"
  • J.J. Cale "Sensitive KInd" 
 Selecciona e comenta, Pepe Cunha.
Abretedeorellas.com
Podcast de Ábrete de orellas
Related Posts with Thumbnails