Colabora na autogestom!
Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023
Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]12 março, 2015
Escarnio! O 10 de marzo de 1972
Este xoves 12 de marzo chega de novo Escarnio! ás vosas radios. Dous días despois do aniversario dos feitos de marzo do 72, nos que caían mortos baixo as balas da policía Daniel Niebla e Amador Rey, este éo tema principal que ocupa o noso programa. Para iso, contamos con varias entrevistas a persoas que, dun xeito ou outro, foron partícipes dos feitos.
Contamos tamén cos nosos informativos nos Partes de Guerra, a información dende a liña da fronte, así como a proposta do libro "La Mujer Nueva" para a sección cultural, relacionada co tamén recente día da Muller Traballadora.
Escoita, participa e súmate ao Escarnio!
Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 132 24.2.2015
ACURRÚCATE EN EL SOFÁ, SIGUE EL INVIERNO
Falsa alarma, el invierno sigue aquí, tendremos que seguir esperando pacientemente por la primavera. Neblina, llovizna, oscuridad…no hay mejor alternativa que acurrucarte en el sofá con tu pareja y escuchar la mejor música…para emocionarte, para soñar, para compartir…esperando que un suave nordeste nos permita volver a disfrutar de ese cielo azul de marzo y de las olas de primavera.
Ana Erdozain y Lara Fernández nos facilitan la tarea con una serie de temazos de Peter Broderick, Message to Bears, High Highs, Crystal Fighters, The Church, Tindersticks, Hibou, Hunx, Alt J y Alvvays. Da gusto tener amigas así, ¿verdad?
11 março, 2015
20º Programa Entrelazados "Especial 10 de marzo do 72"
coordinado e conducido por Xurxo Gago.
O Monográfico: [10 de marzo do 72 en Ferrol].
As Minientrevistas: De Esperanza Vázquez a Rafael Pillado Lista.
Documentario da CIG: "1972, Para que Galiza viva", sobre a loita obreira galega.
Música Galega: Miro Casabella coa canción [No Desterro] e en segundo lugar a Benedicto coa canción [Berros de loita (1977)].
Email:entrelazadosnasondas@gmail.com.
Twitter:@EntrelazadosRF
Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com
Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html
Emisións: Mércores de 21:00 a 22:00 horas.Reposicións: Venres de 02:00 a 03:00 da madrugada, domingos de 09:00 a 10:00 horas
da mañá. Podes descargar a APP da Rádio FilispíM na seguinte ligazón: http://www.appsgeyser.com/getwidget/RadioFilispiM%20APP/ou tamén podes descargar a APP Tunein para escoitar a nosa radio dende un smartfone ou tablet.
10 março, 2015
Off Mental - programa 71 (Durutti Column_1ª parte)
Vini Reilly (The Durutti Column) |
Edición nº 71 de Off Mental; a cara "b" da música na cara "b" da radio. Primeiro achegamento a Durutti Column, banda post-punk xurdida en Mánchester en 1978, formada orixinalmente polo guitarrista Vini Reilly e os fundadores do Factory Records, Tony Wilson e Alan Erasmus. A formación ligada estreitamente ao Factory Records, tamén publicou as súas obras ao través do selo belga Les Disques du Crépuscule. A súa música é unha sorte de mistura de jazz, folk, música clásica, rock, mais tamén vangarda, protagonizada polo singular son da guitarra do seu principal baluarte, Vini Reilly.
A narración que pode ouvirse neste audio é unha adaptación radiofónica da entrada adicada aos Durutti Column, aparecida no estupendo blog: http://rincondesconexion.blogspot.com.es/.
Músicas:
- Madeleine (Single -cara "b"- Lips That Would Kiss. Factory Benelux / Les Disques du Crépuscule, 1981).
- Collette (Lp. The Return of the Durutti Column. Factory Records, 1980).
- Wath is it to me woman (Lp. The Guitar and Other Machine. Factory Records, 1987).
- 28 Oldham Street (tema extra aparecido na versión CD do álbum The Guitar and other Machines. Factory, 1988).
- Weakness and fever (Lp. sampler, From Brussels with love. Les Disques du Crépuscule, 1980).
- Lips that would kiss (Single -cara "a"- homónimo. Factory Benelux / Les Disques du Crépuscule, 1981).
- Without mercy (I), extracto (Lp. Without Mercy. Factory Records, 1984).
- Vino della casa bianco (Lp. Obey the Time. Factory Records, 1990).
- Arpeggiator -Bruce Michell, percusión- (Lp. The Guitar and other Machine. Factory, 1988).
- Conduct (Lp. The Return of the Durutti Column. Factory Records, 1980).
- Sketch for summer (Lp. The Return of the Durutti Column. Factory Records, 1980).
- First aspect of the some thing -Martin Hannett- (Flexidisc que acompañaba ao Lp The Return of the...Factory Records, 1980).
- The eye and the hand (doble Lp. sampler, The Fruit of the Original Sin. Les Disques du Crépuscule, 1985).
Selección musical e locución: André "Pequeno Monstro".
Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol), Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela), Radio Redondela, 94,9 FM e TT Radio. Para sumarse a emisión, contacte co Pequeno Monstro.
+ info: http://offmental.blogspot.com
+ info: http://offmental.blogspot.com
04 março, 2015
19º Programa Entrelazados
coordinado e conducido por Xurxo Gago.
Literatura Galega: O Monográfico [Proclamación da República Galega]
da Fundación Moncho Reboiras.
As Minientrevistas: II Entrevista a Roberto Carrodeguas, Xeoinxenería.
Misterios do Mundo e da Terra: Relato [Os Defuntos Falaban Castelao] de Lúa Films.
Música Galega: Lydia Botana co seu disco (Bolboreta) e a súa canción [Ken nos keima] e
en segundo lugar ao grupo Liska! Co seu disco (Sonhos de raiva) e a súa canción [vida].
Email:entrelazadosnasondas@gmail.com.
Twitter:@EntrelazadosRF
Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com
Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html
Emisións: Mércores de 21:00 a 22:00 horas.Reposicións: Venres de 02:00 a 03:00 da madrugada, domingos de 09:00 a 10:00 horas da mañá. Podes descargar a APP da Rádio FilispíM na seguinte ligazón: http://www.appsgeyser.com/getwidget/RadioFilispiM%20APP/ ou tamén podes descargar a APP Tunein para escoitar a nosa radio dende un smartfone ou tablet.
03 março, 2015
La Trastienda (te da el espacio que necesitas)
Neste programa imos dar un paseo intergaláctico mentres escoitamos 19 estreliñas que conforman esta galaxia sonora. Recoméndase escoitalo cun cargamento de Biodramina metido no corpo, que é un voo longo.
http://www.ivoox.com/trastienda-te-da-espacio-necesitas-audios-mp3_rf_4156120_1.html
01 março, 2015
Divertimento - Especial Ruben Artabe, proxecto "Cataratas" + Concerto no Ateneo presentación "Canciones de Pan"
Ana Lucecú & Rubén Artabe, en Divertimento (Rádio Filispim) |
Venres 27 de febreiro entre as 18:00 e 20:00 h, aconteceu unha nova edición de DIVERTIMENTO PARA PEQUENOS MONSTROS, o programa máis surreal da Rádio Filispim, 93.9 FM.
Especial CATARATAS de Rubén Artabe.
- Na primeira hora do programa, entrevista ao autor ferrolán, quen nos apresentou o seu novo proxecto: Cataratas, coa interpretación dalgunha das novas pezas en directo no estudio. Conversamos longo e tendido ... do presente, pasado e futuro "rubeniano", do Woodstock galego que se celebra en Teo e da gravidade de Río Records no Inferno. Ademáis, Rubén, oubeou durante o programa varias veces e finalmente acordamos abrir un evento no face: unha quedada na traseira do Mercado de Caranza para chapotear nos charcos e enfangarnos completamente espid@s, apostado por un Woodstock caranzeiro.
- Na segunda hora, como a situación era realmente insostíbel, decidimos marcharnos na metade do programa, e deixar, ao que ficaba da audiencia, coa gravación íntegra en exclusiva mundial, do concerto que RUBÉN ARTABE, acompañado de Andrea Gómez Navarrete (acordeón e bombo legüero) e Soraya García (frauta e piano), deu no Ateneo Ferrolan o pasado 28 de xuño de 2014, apresentando o seu primeiro álbum, Canciones de Pan.
Grazas a Rubén Artabe polo seu sentido do humor, neste programa certamente surrealista.
Emisión: Radio Filispim 93.9FM & Rádio Kalimera, 107.9FM
Todos os programas: http://pequenosmonstros.blogspot.com
28 fevereiro, 2015
PROGRAMA 21 DE SONSREVELA2 (27-02-2015)
Onte tivemos o pracer de poder contar no estudio de Radio Filispim con Jamie Fifthring ("Quintanilla"). Un programa cheo de música e bo ambiente.
MOITÍSMAS GRAZAS!
MOITÍSMAS GRAZAS!
27 fevereiro, 2015
Abrete de orellas, 23-febreiro-15, programa 67
gravación do 23-febreiro-2015
Achégase moito concerto para esta fin de semana, así que aproveitamos para recuperar cancións vellas de artistas cos que temos cita no festival A Candeloria de Lugo ou na Festa do Queixo de Arzúa.
Achégase moito concerto para esta fin de semana, así que aproveitamos para recuperar cancións vellas de artistas cos que temos cita no festival A Candeloria de Lugo ou na Festa do Queixo de Arzúa.
Tamén hai concertos en salas e mencionamos algúns deles.
Como é costume, completamos a variedade con efemérides e novidades discográficas.
Como é costume, completamos a variedade con efemérides e novidades discográficas.
- Ariel Rot "Hasta perder la cuenta"
- Los Enemigos "Resucitao"
- Ruxe-Ruxe "Cando o demo non ten nada que facer"
- Kepa Junkera & Treixadura " O melro ..."
- Rústica "Mens"
- Lulavai "Cantariño novo"
- Grampoder "O imperio do mal"
- Es un árbol "Sarajevo"
- Sokram "Vacas"
- Smokey Robinson & The Miracles "The Tracks of my Tears"
- Nina Simone "See-Line Woman"
- Beny Moré "El campesino"
- Helena Gogh "To the Sky"
- The Soul Jacket "Smokin' House"
Selecciona e comenta, Pepe Cunha.
Abretedeorellas.com
Podcast de Ábrete de orellas
Escarnio! 9º programa do 26 de febreiro, xornada de folga estudantil
Se a Ley Wert non era dabondo para esnaquizar a educación pública, chega directamente da manga do señor ministro unha nova medida para atentar contra os dereitos educativos. O estudantado sae novamente á rúa para defender os seus dereitos. Este xoves de folga estudantil, tras a manifestación das 12 da mañá (que sae da Praza de España), contamos pola tarde no noso programa con varios estudantes, para conversar sobre o estado da educación e a xornada de loita.
Contamos tambén coa información local de atualidade na nosa sección "Partes de Guerra", sen perder de vista tamén o eido internacional, e con algunha proposta nova para a Sección Cultural. Non o perdades!
Lembrade que podedes participar en directo chamando ao número da radio (981 37 10 40), ou a través do noso twitter @Escarnioradio
Escoita, participa e súmate ao escarnio!
Assinar:
Postagens (Atom)