Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

10 março, 2015

Off Mental - programa 71 (Durutti Column_1ª parte)

Vini Reilly (The Durutti Column)

Edición nº 71 de Off Mental; a cara "b" da música na cara "b" da radio. Primeiro achegamento a Durutti Column, banda post-punk xurdida en Mánchester en 1978,  formada orixinalmente polo guitarrista Vini Reilly e os fundadores do Factory Records, Tony Wilson e Alan Erasmus. A formación ligada estreitamente ao Factory Records,  tamén publicou as súas obras ao  través do selo belga Les Disques du Crépuscule. A súa música é unha sorte de mistura de jazz, folk, música clásica, rock, mais tamén vangarda, protagonizada polo singular son da guitarra do seu principal baluarte, Vini Reilly.

A narración que pode ouvirse neste audio é unha adaptación radiofónica da entrada adicada aos Durutti Column, aparecida no estupendo blog: http://rincondesconexion.blogspot.com.es/.

Músicas:
  • Madeleine (Single -cara "b"-  Lips That Would Kiss. Factory Benelux / Les Disques du Crépuscule, 1981).
  • Collette (Lp. The Return of the Durutti Column. Factory Records, 1980).
  • Wath is it to me woman (Lp. The Guitar and Other Machine. Factory Records, 1987).
  • 28 Oldham Street (tema extra aparecido na versión CD do álbum The Guitar and other Machines. Factory, 1988).
  • Weakness and fever (Lp. sampler, From Brussels with love. Les Disques du Crépuscule, 1980).
  • Lips that would kiss (Single -cara "a"- homónimo. Factory Benelux / Les Disques du Crépuscule, 1981).
  • Without mercy (I), extracto (Lp. Without Mercy. Factory Records, 1984).
  • Vino della casa bianco (Lp. Obey the Time. Factory Records, 1990).
  • Arpeggiator -Bruce Michell, percusión- (Lp. The Guitar and other Machine. Factory, 1988).
  • Conduct (Lp. The Return of the Durutti Column. Factory Records, 1980).
  • Sketch for summer (Lp. The Return of the Durutti Column. Factory Records, 1980).
  • First aspect of the some thing -Martin Hannett- (Flexidisc que acompañaba ao Lp The Return of the...Factory Records, 1980).
  • The eye and the hand (doble Lp. sampler, The Fruit of the Original Sin. Les Disques du Crépuscule, 1985).


Selección musical e locución: André "Pequeno Monstro".
Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol), Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela), Radio Redondela, 94,9 FM e TT Radio. Para sumarse a emisión, contacte co Pequeno Monstro.
+ info: http://offmental.blogspot.com

04 março, 2015

19º Programa Entrelazados

19º Programa Entrelazados, programa divulgativo en Lingua Galega
coordinado e conducido por Xurxo Gago.
Temas das seccións
Literatura Galega: O Monográfico [Proclamación da República Galega]
da Fundación Moncho Reboiras.
As Minientrevistas: II Entrevista a Roberto Carrodeguas, Xeoinxenería.
Misterios do Mundo e da Terra: Relato [Os Defuntos Falaban Castelao] de Lúa Films.
Música Galega: Lydia Botana co seu disco (Bolboreta) e a súa canción [Ken nos keima] e
en segundo lugar ao grupo Liska! Co seu disco (Sonhos de raiva) e a súa canción [vida].

Email:entrelazadosnasondas@gmail.com.
Twitter:@EntrelazadosRF
Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com
Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html
Emisións: Mércores de 21:00 a 22:00 horas.Reposicións: Venres de 02:00 a 03:00 da madrugada, domingos de 09:00 a 10:00 horas da mañá. Podes descargar a APP da Rádio FilispíM na seguinte ligazón: http://www.appsgeyser.com/getwidget/RadioFilispiM%20APP/ ou tamén podes descargar a APP Tunein para escoitar a nosa radio dende un smartfone ou tablet.

03 março, 2015

La Trastienda (te da el espacio que necesitas)




Neste programa imos dar un paseo intergaláctico mentres escoitamos 19 estreliñas que conforman esta galaxia sonora. Recoméndase escoitalo cun cargamento de Biodramina metido no corpo, que é un voo longo. 

http://www.ivoox.com/trastienda-te-da-espacio-necesitas-audios-mp3_rf_4156120_1.html

01 março, 2015

Divertimento - Especial Ruben Artabe, proxecto "Cataratas" + Concerto no Ateneo presentación "Canciones de Pan"

Ana Lucecú & Rubén Artabe, en Divertimento (Rádio Filispim)

Venres 27 de febreiro entre as 18:00 e 20:00 h, aconteceu unha nova edición de DIVERTIMENTO PARA PEQUENOS MONSTROS, o programa máis surreal da Rádio Filispim, 93.9 FM.

Especial CATARATAS de Rubén Artabe.
  • Na primeira hora do programa, entrevista ao autor ferrolán, quen nos apresentou o seu novo proxecto: Cataratas, coa interpretación dalgunha das novas pezas en directo no estudio. Conversamos longo e tendido ... do presente, pasado e futuro "rubeniano", do Woodstock galego que se celebra en Teo e da gravidade de Río Records no Inferno. Ademáis, Rubén, oubeou durante o programa varias veces e finalmente acordamos abrir un evento no face: unha quedada na traseira do Mercado de Caranza para chapotear nos charcos e enfangarnos completamente espid@s, apostado por un Woodstock caranzeiro.
  • Na segunda hora, como a situación era realmente insostíbel, decidimos marcharnos na metade do programa, e deixar, ao que ficaba da audiencia, coa gravación íntegra en exclusiva mundial, do concerto que RUBÉN ARTABE, acompañado de Andrea Gómez Navarrete (acordeón e bombo legüero) e Soraya García (frauta e piano), deu no Ateneo Ferrolan o pasado 28 de xuño de 2014, apresentando o seu primeiro álbum, Canciones de Pan.
Conduciron e apresentaron completamente afectados: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Grazas a Rubén Artabe polo seu sentido do humor, neste programa certamente surrealista.
Emisión: Radio Filispim 93.9FM & Rádio Kalimera, 107.9FM


Todos os programas: http://pequenosmonstros.blogspot.com

28 fevereiro, 2015

PROGRAMA 21 DE SONSREVELA2 (27-02-2015)

Onte tivemos o pracer de poder contar no estudio de Radio Filispim con Jamie Fifthring ("Quintanilla"). Un programa cheo de música e bo ambiente.

MOITÍSMAS GRAZAS!
                                                   

27 fevereiro, 2015

Abrete de orellas, 23-febreiro-15, programa 67

gravación do 23-febreiro-2015


Achégase moito concerto para esta fin de semana, así que aproveitamos para recuperar cancións vellas de artistas cos que temos cita no festival A Candeloria de Lugo ou na Festa do Queixo de Arzúa.
Tamén hai concertos en salas e mencionamos algúns deles.
Como é costume, completamos a variedade con efemérides e novidades discográficas.

  • Ariel Rot "Hasta perder la cuenta"
  • Los Enemigos "Resucitao"
  • Ruxe-Ruxe "Cando o demo non ten nada que facer" 
  • Kepa Junkera & Treixadura " O melro ..."
  • Rústica "Mens"
  • Lulavai "Cantariño novo"
  • Grampoder "O imperio do mal"
  • Es un árbol "Sarajevo"
  • Sokram "Vacas" 
  • Smokey Robinson & The Miracles "The Tracks of my Tears"
  • Nina Simone "See-Line Woman"
  • Beny Moré "El campesino" 
  • Helena Gogh "To the Sky"
  • The Soul Jacket "Smokin' House"

Selecciona e comenta, Pepe Cunha.
Abretedeorellas.com
Podcast de Ábrete de orellas 

Escarnio! 9º programa do 26 de febreiro, xornada de folga estudantil


Se a Ley Wert non era dabondo para esnaquizar a educación pública, chega directamente da manga do señor ministro unha nova medida para atentar contra os dereitos educativos. O estudantado sae novamente á rúa para defender os seus dereitos. Este xoves de folga estudantil, tras a manifestación das 12 da mañá (que sae da Praza de España), contamos pola tarde no noso programa con varios estudantes, para conversar sobre o estado da educación e a xornada de loita.

Contamos tambén coa información local de atualidade na nosa sección "Partes de Guerra", sen perder de vista tamén o eido internacional, e con algunha proposta nova para a Sección Cultural. Non o perdades!

Lembrade que podedes participar en directo chamando ao número da radio (981 37 10 40), ou a través do noso twitter @Escarnioradio



Escoita, participa e súmate ao escarnio!

25 fevereiro, 2015

Programa Entrelazados [Especial Rosalía de Castro]

18º Programa Entrelazados, programa divulgativo en Lingua Galega
coordinado e conducido por Xurxo Gago.

Temas das seccións
O Monográfico: Rosalía de Castro. Relato: Síndrome Rosalía, gañador do certame de curtas para Rosalía 2011. Documento sonoro: Todas con Rosalía, os versos de Rosalía recitados dende o presente. Escritoras da AELG. Música Galega: Grupo vocal Entrelas [Cantar, Cantei].

Email:entrelazadosnasondas@gmail.com.
Twitter:@EntrelazadosRF
Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com
Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html
Emisións: Mércores de 21:00 a 22:00 horas.
Reposicións:
Venres de 02:00 a 03:00 da madrugada, domingos de 09:00 a 10:00 horas da mañá. Podes descargar a APP da Rádio FilispíM na seguinte ligazón: http://www.appsgeyser.com/getwidget/RadioFilispiM%20APP/ ou tamén podes descargar a APP Tunein para escoitar a nosa radio dende un smartfone ou tablet.

24 fevereiro, 2015

La Trastienda surf explosion!!


Ondas musicais de 300 metros de percorrido convirten as ondas do espectro radioeléctrico nesa pipeline melódica que está desexando ser surfeada por orellas exquisitas como as vosas. O estudo de Rádio Filispim se enche de area, sol e táboas de surf para poder rechupetear cada un dos melocotonazos que soan neste programa. Deixádevos salpicar polo estoupido surf retransmitido dende o mesmísimo corazón de Galifornia. 

http://www.ivoox.com/trastienda-surf-explosion-audios-mp3_rf_4124496_1.html%EF%BB%BF

21 fevereiro, 2015

O "taxazo"; fraude e tomadura de pelo a cidadanía de Ferrol.

Tempo de información local na libre e comunitaria que emite dende Ferrol, Rádio FilispiM.

Os colectivos e organizacións que forman a Plataforma contra do cobro da taxa de saneamento, que pretende imputar a cidadanía o Alcalde de Ferrol e o seu grupo de goberno, compareceron este sábado 21 de febreiro en rolda de prensa, co obxecto de fazer balanzo da mobilización do pasado xoves, falar de posíbeis novas mobilizacións e fundamentar xurídicamente a presentación dun Recurso masivo por parte das persoas afectadas polo "taxazo": toda a cidadanía de Ferrol.
No audio que segue, oivimos un extracto da rolda de prensa deste sábado 21 de febreiro de 2015, Alexandre Carrodeguas e a Cesar Manso, dous dos portavoces da Plataforma.

Informou Fer Ocampo e o Pequeno Monstro, para os informativos local da FilispiM.
Related Posts with Thumbnails