Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

06 fevereiro, 2015

Abrete de orellas, 2-febreiro-15, programa 64


 gravación do 2-febreiro-2015

Unha semana máis, recomendamos concertos e estreamos discos. Ás veces da man, como acontece esta semana coa visita a Galiza do guitarrista José Luis Pardo ou a mini-xira da banda da zona de Vigo The Soul Jacket.

As voces femininas galegas e levantina protagonizan o comezo e o rock en diferentes formas ocupa a parte central. Actualidade manda, por concerto ou por novidade discográfica.

O bloco final vai adicado, con 3 cancións sobre a lingua, á reivindicación de Queremos galego! por mor da manifestación convocada para o domingo 8 de febreiro en Compostela.



  • Faltriqueira "Bei Mir Bist Du Schön"
  • Lulavai "Meniña de auga"
  • Helena Gogh "Trafalgar" 
  • Villanueva "Bombas nucleares"
  • Pasajero "Gente subterránea"
  • Los Radiadores "Sin dejar de sonreír" 
  • Es un árbol "Camarlengo"
  • The Soul Jacket "Moonshine Whisky Rye" 
  • José Luis Pardo "Pensando" 
  • Sokram "Falo galego"
  • Zënzar "O galego"
  • Quempallou "Coa lingua de fóra"
Selecciona e comenta, Pepe Cunha.
Abretedeorellas.com
Podcast de Ábrete de orellas 

05 fevereiro, 2015

O Recuncho nº 212


Mércores, 4 de Febreiro de 2015, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada, e mércores alternativos de 19 a 20 hs.
O Recuncho” nº 212, programa quincenal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitados: Daniel Espada, periodista de Diario de Ferrol e Rafael Pillado, Vicepresidente de Fuco Buxán.
Na “Sección Poética” e Música : Lluis Llach
Os libros comentados, espazo de Víctor G. Novás : “As inxustizas do Casón” de Tamara García.
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Na equipa técnica: Xurxo Gago
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

04 fevereiro, 2015

16º Programa Entrelazados

15º Programa Entrelazados, programa divulgativo en Lingua Galega
coordinado e conducido por Xurxo Gago.
Temas das seccións
O Monográfico: Concepción Arenal.
As Minientrevistas: De Sonia Castro a Concepción Arenal.
Misterios do Mundo e da Terra: A Hora do Morto.
Música Galega: Fuxan os ventos [Mulher (Woman)] e Astarot [A proa no ceo].

Email: entrelazadosnasondas@gmail.com.
Twitter: @EntrelazadosRF
Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com
Subscripción ao Podcast: http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html
Emisións: Mércores de 21:00 a 22:00 horas.
Reposicións: Venres de 02:00 a 03:00 da madrugada,
domingos de 09:00 a 10:00 horas da mañá.
Podes descargar a APP da Rádio FilispíM na seguinte ligazón:
http://www.appsgeyser.com/getwidget/RadioFilispiM%20APP/ ou tamén podes descargar
a APP Tunein para escoitar a nosa radio dende un smartfone ou tablet.

03 fevereiro, 2015

Ponte en Galego nº 39



Unha entrevista ao actor Manuel Manquiña, realizada polos alumnos do IES de Mugardos, un monólogo de Beatriz Suárez sobre o Nadal, espazos de Fútbol sala, Serpes e Inventos; o relato A escuridade enmascarada, a celebración do Día da Paz e outras entrevistas a Iria García, de Semente, e aos integrantes do grupo teatral Dame Cuerda que Teatro. Todo isto compón o Ponte en Galego deste mes de xaneiro.

O Pinchacarneiro C.T. 28-01-2015

   -  estrea dos "INFORMATIVOS RETRANQUEIROS"
   - "Recuncho da Nosa Cultura": Museo do Humor e     entrevista a Xaquín Marín
    - "Bouradeiro do Confurco": A actuación das forzas de   seguranza a debate.



O Pinchacarneiro C.T. é un programa feito ao 100% polas persoas que están internas na Comunidade Terapeutica do Confurco.
O espazo do "bouradeiro do Confurco" elabórase con propostas dos/das ouvintes do programa. As propostas pódense enviar ao correio electrónico; pinchacarneiro.asfedro@gmail.com



La Trastienda (cando chove e fai sol anda o demo por Ferrol)






Onte estaba caprichosa e decidín invocar a Satán. O caso é que que hai que ter coidado coas invocacións, porque poden ter os resultados agardados e ti con estes pelos! Por primeira vez na historia dos medios de comunicación, o Señor das Tebras aparece nun programa e se pon a pinchar cancións e explicar algunhas dúbidas que eu tiña sobre o averno, demos e outros asuntos con cheiro a alxofre...

http://www.ivoox.com/trastienda-cando-chove-e-fai-sol-anda-audios-mp3_rf_4030129_1.html



02 fevereiro, 2015

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 128 27.1.2015




LOS DISCOS DE REYES

No están mal los roscones de Reyes…pero prefiero los discos. Un año más se cumplió la tradición y ahora toca irlos saboreando poco a poco, estudiarlos, descubrir los matices. Algunos ya nos atrevemos a pincharlos. Es el caso de Cat Power, Nick Drake, Justine Electra, Doveman y Frankie Chavez. Todos ellos grandes artistas –cómo no- de estilos y épocas diferentes pero con un punto de melancolía e intimismo que los une…salvo Frankie que es diferente y al que nos gustaría ver actuar por aquí este año durante el Pantín Classic, ¿será posible?

Caso distinto es Nick Drake, hoy músico de culto, pero que en 1974 se sacó voluntariamente de en medio con solo 26 años. ¿Por qué será necesario que determinados artistas –no solo músicos- tomen la más drástica de las decisiones para empezar a ser reconocidos?...una pena.

O Pinchacarneiro C.T. 14.01.15

Neste primeiro programa do ano, comezamos falando do FURTIVISMO. Para mergullarnos nesta temática, entrevistamos a Manuel Bañobre, mariscador da zona de Balallobre e ex-Patrón Maior de dita confraria.

No Recuncho da Nossa Cultura, falamos da historia do Nadal no contexto galego analizando a figura Apalpador. Sobre el e os seus semellantes falanos Paulo Rico, membro da Comisión de Recuperaciónda Memoria Histórica da Gentalha do Pichel.

Para rematar, no espazo do "boureadeiro do Confurco" as e os analistas da Comunidade Terapeutica, avalian a presenza dos eucaliptos nos montes galegos, temática proposta por unha das ouvintes do programa . Nesta seción contamos coa colaboración de Nês; ecoloxista, presidente de ADEGA Trasancos e guia do programa "O Souto" en Radio Filispim.


 
- para propor temática a debater no "Bouradeiro do Confurco": pinchacarneiro.asfedro@gmail.com

31 janeiro, 2015

Programa 17 de SONS REVELA2 (30-01-2015)

O pasado venres 30 de xaneiro tivemos o pracer de contar no estudio de Radio Filispim en SONS REVELA2 co grupo "Adóbriga" un grupo formado por cinco rapaces ferroláns quenes viñeron a presentarnos a súa nova maqueta "Copa tras copa".

                                                    
Temas que soaron:

-"Mi Demente" No Te Va Gustar
-"A Caballo" Marea
-"Akory" Razia


30 janeiro, 2015

Escarnio! 08

Este xoves 29 ás 18:00 chegou ás radios de ferrolterra un novo programa de Escarnio! con toda a actualidade política e estupendas propostas culturais para pechar o mes de xaneiro. Desta volta analizamos as polémicas eleccións en grecia, que este pasado domingo deron a vitoria á organización Syriza.

Contamos tamén coas novas de actualidade nos Partes de Guerra, e artistas como Galeano ou Howlin Wolf visitan a nosa sección cultural. Non o perdades!



Related Posts with Thumbnails