Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

14 novembro, 2014

DIVERTIMENTO - Especial Marchas da Dignidade, 29-N. Toma o Obradoiro.

O venres 14 de novembro de 2014, DIVERTIMENTO para pequenos monstros, realizou un especial "MARCHAS DA DIGNIDADE, 29-N. Toma o Obradoiro", en Rádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM.

Durante noventa minutos, falamos do por que deste movimento cívico cidadá en todo o Estado, particularmente no país galego, na nosa comarca e, claro, da convocatoria do vindeiro sábado 29-N en Compostela. 

No estudio da FilispiM, estiveron:
  • Daniel Melcón (coluna caranceria).
  • Santiago Lamelo (Fronte Cívico, Coruña).
  • Alberto Espiñeira (Marchas Dignidade Ferrolterra).
  • Marta González (coluna caranceira).
  • André Martínez (coluna caranceira).
  • Carme Cela (coluna caranceira).
Conduce e apresenta: o Pequeno Monstro.
Difunden: Radio Filispim 93.9FM (Ferrol) e Rádio Kalimera, 107.9FM (Compostela).

@s traballador@s irregulares da ría de Ferrol denuncian a súa criminalización.

"Isto vai a pior, non hai ningúen que se sente e que poña unha solución riba da mesa, cada vez hai máis xente no paro, na ría, sen recursos. Estamos abocados a isto, ao paro. Nin clases altas, nen clases medias... todo para abaixo". Con ista claridade expresábase unha pequena representación do cada vez máis numeroso grupo de traballador@s irregulares da ría de Ferrol, no descorrer da emisión do programa Escarnio da Rádio FilispiM. Entre trescentas e catrocentas persoas recorren aos froitos da ría, coma último recurso, ante a falla de perspectivas laborais ou prestacións das Admóns, co telón de fondo da realidade cotiá da cidade con maior taxa de paro do país, Ferrol.

No transcorrer da longa e intensa charla, os traballadores irregulares da ría, denunciaron trato denigrante por parte da policía, nos cada vez máis frecuentes operativos da Xunta e "forzas do orde". "Danche un chuvasqueiro do `Capitán Pescanova´, ou vas nú para casa", denuncian. Ademáis falan de atribucións de incautacións que non se corresponden coa realidade e que non se lles da recibo do incautado, entre o que se atopa útis de traballo e roupa de mar. Conclúen que as Autoridades (Xunta e policía) están interesadas en crear unha alarma social para lograr que o agora mesmo considerado coma falta administrativa pase a "resoverse" coma ser fór un delicto, pola vía penal. Ante esta situación, veñen de organizarse en Asembleas para chamar a atención sobre o que está a acontecer.

Ouvimos un pequeno extracto da longa charla. O audio íntegro, pode escoitarse aquí: http://opaii.blogspot.com.es/2014/11/xa-podedes-escoitar-o-4-programa-de.html


Redacción de Informativos, Rádio FilispiM.

43 xovenes estudantes de maxisterio asasinados pola policia e a mafia en Iguala, México.

Tras recibir órdes do poder político e dun lider narco, a policía entrega a un grupo de sicarios a 43 xovenes estudiantes de maxisterio para que sexan executados dun tiro na nuca e calcinados nunha pira de lixo. Esto que pode parecer o argumento dun filme do máis absoluto dos horrores, forma parte da actualidade do estado de Iguala, cidade ao norde do estado de Guerrero, en México. No tempo de información local de Rádio FilispiM, Miguel Castro oferécenos unha nova de carácter internacional, baixo a reflexión de José Torregrosa, emitida orixinalmente no programa O Recuncho que emite esta radio.


Redacción Informativos, Rádio FilispiM.

Ábrete de orellas, programa 52

gravación do 10-novembro-2014

Comezamos con efeméride e deseguido orientamos as orellas cara unha fin de semana grande de concertos. Mencionamos algúns con novidades, lembranza e mesmo unha curiosidade ao vivo. 
Como é habitual, seguimos a repasar eses discos que chegaron recentemente á redacción orelluda e adiantamos algún que, agardamos, pronto o fará.
  • Carmen McRae "How Long Has This Been Going On?"
  • Aurora and the Betrayers "Ain't Got No Feelings"
  • M-Clan "Superstitious"
  • Arizona Baby "Wooden Nickles"
  • Josh Rouse "Julie (Come out of the Rain)"
  • Caxade "Gente pota"
  • Magín Blanco "Gatuxo" "A risa"
  • Carmen París "Just One?/¿Sólo uno?""
  • Raúl Rodríguez "Betunia sonora"
  • Talabarte "Schaerbeek Circle"   
Aproveito para comentar que falarei da miña experiencia no WOMEX 2014 no programa "Sons Revela2" o venres 14 ás 20:30 horas. 
 
Selecciona e comenta, Pepe Cunha. Abretedeorellas.com

aquí tedes o podcast: Ábrete de orellas nª 52

13 novembro, 2014

Xa podedes escoitar o 4º programa de Escarnio!





Xa podedes escoitar o 4º programa de Escarnio!

Desta vez ocupa o noso tema principal a loita que están emprendendo os traballadores da marea (chamados "furtivos"), en contra da represión policial que sofren. Contaremos para iso coa presenza de tres compañeiros deste colectivo para que nos falen de primeira man da súa situación.

Non perdades tampouco as nosas seccións habituáis dos Partes de Guerra e a Cultural.

Estreamos tamén unha conta de Twitter (@EscarnioRadio), mediante a cal vos convidamos a participar tamén no programa, enviarnos as vosas opinións, comentarios, etc.

Podedes escoitar o programa no seguinte enlace:



Redifusións os xoves de 18 a 19 e á unha da magrugada. Tamén os luns ás once da mañá.

Xa sabedes: escoitade, participade e sumádevos ao Escarnio!

O Recuncho nº 206


Mércores, 12 de novembro de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
O Recuncho” nº 206 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitados: Teresa Vilariño. “Pobo Xitano e RAE”
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “O crime foi en México”
Na “Sección Poética” : El Romancero Gitano de F. García Lorca
Os libros comentados, espazo de Víctor G. Novás : “Prestige: a catástrofe que espertou a Galicia”.
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Na equipa técnica: Miguel Castro.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

7º Programa Entrelazados

7º Programa Entrelazados, programa divulgativo en Lingua Galega
coordinado e conducido por Xurxo Gago.
Temas das seccións
Literatura Galega: Pasaxe da Historia Galega:
"Galliciense Regnum, O Reino de Galicia"
As Minientrevistas: Entrevista a Manolo Basoa, colaborador do programa,
recente protagonista dun vídeo da campaña “Soñemos como galegos” dunha empresa galega.
A Túa Voz: Lectura dos emails/mensaxes Twitter d@s radiooíntes.
Música Galega: Sés: Concordias de Papel. Luís Olivares: Venceremos.
Novas Alternativas: Lectura das noticias máis relevantes
do periodismo alternativo mundial.
Email: entrelazadosnasondas@gmail.com.
Subscripción ao Podcast: http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html
Emisións: Mércores de 21:00 a 22:00 horas. Reposicións: Venres de 02:00 a 03:00 da madrugada, domingos de 09:00 a 10:00 horas da mañá.

6º Programa Sin Fronteras [4ª Temporada]


Programa presentado y coordinado por Sunana Alaniz, con Xurxo Gago en el equipo técnico. En el sexto programa de la cuarta temporada tratamos sobre los estudiantes desaparecidos en México, además hablaremos sobre como fueron tratado los inmigrantes en Canarias por sospechar de ellos que tenían ébola. Música de Pink Floyd, Vicente Amigo y Pablo Milanés.


Directo: Miércoles de 20:00 a 21:00hrs.
Repeticiones: Lunes de 10:00 a 11:00hrs.
Viernes: 01:00 a 02:00 hrs.
Online: http://opaii.blogspot.com

12 novembro, 2014

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 117 21.10.2014




CON CARLOS BREMÓN EN EL WCT DE PENICHE

Algunos tienen suerte, Laly y Carlos, por ejemplo. Les coincidieron una serie de circunstancias felices y decidieron ver en directo a las estrellas del CT, previa paradita en Nazaré, donde “solo” había olas de 5 o 6 metros. A lo largo del programa, Carlos nos hace una espléndida crónica del ambiente, los entrenamientos libres y la competición. Mención especial merece su encuentro personal con Kelly Slater y Aritz Aramburu o la sesión de surf libre de Gabriel Medina y Fred Patacchia.

No fue el típico año de olas perfectas y buen tiempo, más bien al contrario, condiciones muy difíciles incluso para la élite del surf mundial, lo cual les añade más mérito. Los resultados en Supertubos ponen muy emocionante la carrera por el título mundial. Por otra parte, estar allí nos supone siempre analizar -consciente o inconscientemente- la viabilidad de traer un CT a Pantín, objetivo a nuestro alcance si se consigue la financiación necesaria. El programa se lo dedicamos de todo corazón a Súper, el carismático surfer ferrolano, que afortunadamente ya está recuperado del susto que nos dio. Para el sonó Smile, los Maccabees, Of Monsters and Men y otros grandes artistas.  

Off Mental - programa 66

Edición nº 66 de Off Mental, a cara "b" da música na cara "b" da radio. Especial música ambient-espacial, cunha selección do álbum Western Spaces, publicado por Innovative Communication e Fortuna Records no ano 1987, en dous edicións diferentes.

Selección musical:
  • STEVE ROACH.
        - The breathing stone.
        - The slow turnign.
  • KEVIN BRAHEHY.
        - Desert walkabout.
  • STEVE ROACH & KEVIN BRAHENY.
        - Desert prayer.
  • RICHARD BURMER. 
        - Across the view.
  • STEVE ROACH, K. BRAHENY & RICHARD BURMER.
        - Western spaces.
Conduce e apresenta: André "Pequeno Monstro".
Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol), Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela), Radio Redondela, 94,9 FM e TT Radio // Para sumarse a emisión, contacte co Pequeno Monstro.

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com
Related Posts with Thumbnails