Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

22 outubro, 2014

O Recuncho nº 203


Mércores, 22 de outubro de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
O Recuncho” nº 203 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitados: Xaquín García Sinde: “Ser roxo na Navantia do PP”.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “Concertinas”
Na “Sección Poética” : José Martí
Os libros comentados, espazo de Víctor G. Novás : “El derecho a la pereza” de Paul Lafargue.
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música: Cuba na voz de Sara González
Na equipa técnica: Miguel Castro
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

Boletín Informativo do programa Escarnio (16/10/2014).


Oferecémosvos o boletín informativo ("Parte de Guerra") do programa Escarnio, emitido na Rádio Filispim o pasado xoves 16 de outono de 2014, que a partires de hoxe incorpórase aos contidos dos Informativos da radio libre e comunitaria de Ferrol.



Redacción Informativos locais, RFM.

80 Vinilos/h - programa 69

Europa, La Última Emoción (1981)

Edición nº 69 de 80 Vinilos/h.
- Volume nº 24 da Enciclopedia Musical Estatal dos 80s.
De EUROPA á EXTREMODURO.


Contido:
  • EUROPA.
        - Quien soy yo (Casete. La Última Emoción. DAI (División Avanzada Independiente), 1981).
  • EX-CROCODILES.
        - Surf is a for letter word (Mini Lp. Sometime Music, 1984).
        - Away from the crowd (Mini Lp. Sometime Music, 1984).
  • EXOCET.
        - Escape radioactivo (Mini Lp. Discos Victoria, 1984).
        - Ciudad Futura (Mini Lp. Discos Victoria, 1984).
  • EX-POCH PINZA.
       - Viaje por paises pequeños (Lp. Nuevos Sistemas para Viajar. GASA, 1989).
       - Buscando relojes (Lp. Nuevos Sistemas para Viajar. GASA, 1989).
  • EXTRA.
       - Isabel (Lp. Extra. Belter, 1982).
       - Elvis está (Lp. Extra. Belter, 1982).
  • EXTRAÑOS EN LA NOCHE.
       - A sólo dos pasos (Maxi. En el Paraiso del Frío. Tranvía Records, 1987).
       - Magia en tu piel (Lp. Un Año Máis. Tranvía Records, 1987).
  • EXTREMODURO.
       - Jesucristo García (Lp. Rock Transgresivo. Avispa Records, 1989).

Locución, comentarios e realización técnica: André "Pequeno Monstro".
Emisión: Rádio Filispim, 93.9 FM (Ferrol), Radio Redondela, 94.9 FM e TT Radio, online.

Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com

19 outubro, 2014

O segundo programa de SONS REVELA2 xa está aquí!


Moitas grazas a Carmen Martín pola marabillosa entrevista que nos brindou sobre a súa visión e experiencia no arte da pintura.

Temas musicais:
-Bajofondo Pa' Bailar (Fiesta Tanguera Electronica)
-Pharrell Williams - Happy
-Turnedo (feat. Xoel Lopez _ Confesiones-directo) Iván Ferreiro
-Awadi The Roots ( Presidents d'Afrique)
Agardamos que poidades disfrutar!
                                                        

Para contactar con nós: 
-Correo: sonsrevela2@gmail.com
-Twitter: @SonsRevela2
-Facebook: SONS REVELA2 

18 outubro, 2014

XV Sesión Vermú da Rádio FilispiM, presentación 10ª grella, 2014/2015


Iniciada a décima grella de Rádio FilispiM, 93.9 FM, retomamos un dos nosos encontros clásicos coa comunidade "ferrolterráquea", a Sesión Vermú. 

A XV Sesión Vermú da Rádio FilispiM, acontecerá este sábado 18 de outubro de 12:00 a 15:00 h, na traseira do Mercado de Caranza. Contaremos coa actuación do grupo de música tradicional, "Vai Rañala Meu". 

Durante as tres horas emitirase un programa de radio especial ao través do 93.9 FM, donde as voces habituais da radio libre, falarán das súas propostas radiofónicas para este novo curso radiofónico. A festa da radio libre acompañarase de saborosos petiscos, cervexas, vermú, música en directo, así como dun sorteo de camisolas co logo da radio.

Como ao inicio de cada grella, o Colectivo Opaii!- Rádio FilispiM, oferece a comunidade a posiblidade de involucrarse no proxecto. As persoas interesadas deben enviar as súas propostas ao enderezo filispina@gmail.com .No apartado “Quen Somos?” do blog do Colectivo Opaíí!, atópase información sobre o ideario fundacional desta iniciativa cidadá.

No mes de agosto de 2015 Rádio FilispiM cumprirá 10 anos de emisións initerrompidas. A paixón por unha radio non convencional, autoxestionada, creativa, comprometida e con vocación local, fixeron que nestes anos pasaran polo seu estudio (primeiro no Ateneo e agora en Caranza) centos de persoas radioapaixoadas, así coma dúcias de colectivos e do tecido asociativo da nosa comarca.

Este sábado 18 de outubro entre as 12:00 e 15:00 h. da tarde, pasa pola traseira do Mercado de Caranza e toma un vermú na festa da radio libre!!

Promo (version 1)

Promo (version 2)

17 outubro, 2014

Ábrete de orellas, programa 48, 13-outubro-2014


Artistas galegos, españois e internacionais de diferentes estilos conviven en Ábrete de orellas.

Con motivo do inminente segundo álbum en solitario de Guadi Galego, lembramos un par de pezas da súa carreira e estreamos o adianto de "Lúas de outubro e agosto".
Recomendamos un par de concertos internacionais na Coruña e Ferrol e a xira galega de Sidonie.

Outra muller que tamén protagoniza un trío de cancións é Carmen París por mor da reedición de "EJazz con Jota".
Acompañamos un par de versión +(case)orixinal e estreamos outro disco que se presentará no WOMEX 2014.


Espido "Santa Muller"
Guadi Galego "Norte do Alén (II)"
Guadi Galego "Mergullei"
Dorian Wood "Pianos and Bricks"
The Sadies "Another Yesterday Again"
Sidonie "Sierra y Canadá" 


Carmen París "No me vas a embolicar"
Carmen París "Between Your Hands /Entre tus manos"
Carmen París "Por favor, por amor" 


Dick Justice "Henry Lee"
Nick Cave and the Bad Seeds feat. PJ Harvey "Henry Lee" 


Raúl Rodríguez "Razón de son"


Selecciona e comenta, Pepe Cunha.

16 outubro, 2014

3º Programa Entrelazados

Terceira emisión do programa Entrelazados na Rádio FilispiM, un programa de variedades presentado e conducido por Xurxo Gago, con música galega, literatura, monográficos, pasaxes da historia galega, minientrevistas, divulgación de novas alternativas e misterios do mundo e da terra, conxúganse coa voz d@s oíntes, todo, dende a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos.

Temas das seccións
Literatura Galega: O Monográfico: Rosalía de Castro.
As Minientrevistas: Grupo Vocal Entrelas
A Túa Voz: Tiveches algunha experiencia paranormal? Podes relatala?
Música Galega: Grupo Vocal Entrelas



Email: entrelazadosnasondas@gmail.com.
Subscripción ao Podcast: http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html
Emisións: Mércores de 21:00 a 22:00 horas. Reposicións: Venres de 02:00 a 03:00 da madrugada, domingos de 09:00 a 10:00 horas da mañá.

2º Programa Sin Fronteras (4ª Temporada)

Programa presentado y coordinado por Sunana Alaniz, con Xurxo Gago en el equipo técnico y comentarios, coma invitada María Teressa Vilariño para tratar el tema Colectivo Gitano - Exposición fotográfica en Lugo. En este progra se tratarán, además, las elecciones Bolivia_ Evo Morales y las Elecciones de Brasil y de Uruguay.



Directo: Miércoles de 20:00 a 21:20hrs.
Repetición: Viernes de 11:00 a 12:20hrs.
Online: http://opaii.blogspot.com/
http://sinfronterasrf.blogspot.com/

15 outubro, 2014

O Recuncho nº 202


Mércores, 15 de outubro de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
O Recuncho” nº 202 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitado: Dr. Antonio García Jiménez: A Sanidade Pública, universal e gratuita.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: Asemblea no Ateneo Ferrolán.
A reelección de Evo Morales en Bolivia.
Na “Sección Poética” : Manuel Altolaguirre
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música: compositores vinculados a la Generación del 27 (Falla, Granados, Halffter, Bacarisse...)
Na equipa técnica: Xurxo Gago
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

A Fábrica de lus vol. 32: Parking Express


Falamos con César Manso e con Nes das políticas de mobilidade de Ferrol, da ordenación do estacionamento e do uso da bici. Contamos ademáis coas opinións de vecinos e comerciantes do centro histórico da cidade, preocupados pola decadencia física e da actividade comercial, que relacionan coa falta de estacionamento.
Related Posts with Thumbnails