Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Divertimento. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Divertimento. Mostrar todas as postagens

27 setembro, 2014

Divertimento para pequenos monstros - 26/09/2014

Movida ferrolá. Sala Super 8
Venres 26 de setembro de 2014, entre as 6 e 8 do serán... DIVERTIMENTO para pequenos monstros, na Radio Filispim 93.9FM, dúas horas de radio.


  • 1º hora. Enchimos o estudio de MOVIDA FERROLÁ... Propietarios dalgúns locais da noite ferrolá aterraron en Divertimento. Falaron dos seus locais, da noite, da movida ferrolá... No estudio contamos coa presenza de humanos procedentes de PUB INDIE, SALA SUPER 8, PUB CARTELES...


  • 2ª hora. Enchimos o estudio de FEMINISMO. O domingo 28 de setembro, as 12:00 do mediodía as mulleres galegas volven á rúa contra a reforma da lei do aborto, baixo o lema: “Tomamos as prazas. Polos nosos dereitos sexuais e reprodutivos”. Pese retirada do Decreto e dimisión de "Fachardón", as feministas non baixamos a garda. Os actos están convocados pola PLATAFORMA GALEGA POLO DEREITO AO ABORTO*.  En Ferrol o domingo 28 un pasarrúas partirá ás 12h. do Cantón e rematará na Praza do Inferniño ás 13h.

  •  (* ) Pese a estaren convidadas, finalmente non tivemos presenza nen comunicación telefónica coa Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, como tiveramos gostado dende Divertimento e a radio libre de Trasancos, para darlles voz.


  • Cara a última media hora do programa demos conta da Axenda de concertos que, como sempre, prepara Ana Lucecú, o vagalume da noite ferrolá.



  • Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
    DifundeRádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM

    20 setembro, 2014

    Divertimento para pequenos monstros - 19/09/2014

    Instantánea da concentración en defensa do Ateneo Ferrolán (16/09/2104)
    Divertimento para pequenos monstros, a Rádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM. Edición do 19 de setembro de 2014. Regreso as ondas na nova grella da Filispim. Dúas horas monstrosas de radio...
    • Na primeira hora do programa falamos con Esperanza Vázquez Dopico (http://esperanzavazquezdopicofotografia.blogspot.com.es/) e da mirada da súa cámara e de olas, moitas olas...
    • Cara o meridiano, nova cita coa Axenda cultural que, unha vez máis, elabora Ana Lucecú, o vagalume da noite ferrolá.
    • Para finalizar demos conta da concentración do pasado martes 16 en apoio ao Ateneo Ferrolan, dentro da campaña Salvemos o Ateneo. Ouvimos algunhas das centos de voces que alí estiveron, sumándose ao berro contra do culturicidio do actual goberno do PP en Ferrol. Ademáis, falamos en directo con Eliseo Fernandez, presidente do Ateneo, quen nos deu conta das últimas novidades tralo xuizo do mércores 17.
    Para escoitarnos?: Radio Filispim 93.9FM. Directos, venres, sextas, de 6 a 8 do serán. 
    Conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro, seres radiosupervivintes.
    — en Radio Filispim 93.9 Fm.

    21 junho, 2014

    Divertimento - Especial CARLOS TAIBO, Repensar a Anarquia. Ateneo, 18/06/2014


    O pasado mércores 18 de xuño de 2014 tivo lugar no Ateneo Ferrolán unha estupenda charla do profesor Carlos Taibo. Baixo o título "Repensar a Anarquía", coincidindo co título do seu último libro, protagonizou este acto organizado por Unión Libertaria de Ferrol.

    A equipa de Divertimento para pequenos monstros (Rádio FilispiM) realizou a toma de son deste documento que agora vos oferecemos en diferido. A disfrutar...


    16 maio, 2014

    DIVERTIMENTO - Rubén Artabe (Canciones de Pan) - Ayla & Falso Baiano - Hortas Urbanas de Caranza - Miguel Castro apresenta: Crónicas Republicanas, radio teatro. & Sesión Letras Galegas 2014

     Rubén Artabe (Canciones de Pan, 2014)

    Edición do venres 16 de maio de 2014, duas horas de DIVERTIMENTO para pequenos monstros.

    Contídos:
    •  RUBÉN ARTABE apresentando o seu primeiro álbum. Ademáis, cantou algún tema en directo.  Descarga aquí o seu estupendo "Canciones de Pan" (2014).
    •  AYLA & FALSO BAIANO apresentando a súa música e anunciando o seu concerto este  sábado 17 de Maio no Ateneo Ferrolán, ás 22:00 h. Ademáis cantaron e tocaron en directo.
    •  No estudio, conversa con integrantes das HORTAS URBANAS de CARANZA.
    •  No estudio MIGUEL CASTRO, apresentado "Crónicas Republicanas", radio teatro.
    •  Sesión musical Letras Galegas,  "Alén do Folque" con Pepé L. Díaz, DJ "LAJOEIRO".
    Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
    Emisión: Rádio FilispiM, 93.9 FM & Rádio Kalimera (radios libres na Galiza)

    Un prazer compartir este formato con vós durante nove anos. Grazas a todos e até sempre!!! Volveremos a vindeira grelha reinventad@s!!! (http://pequenosmonstros.blogspot.com)

    10 maio, 2014

    Divertimento - El Viejo Caracol apresentan "Tanta Memez" - Campaña apoio ao Ateneo Ferrolán.


    Divertimento para pequenos monstros, edición do venres ,9 de maio de 2014. Dúas horas de monstrosos contidos...

    Con este programa iniciamos a conta atrás para desintegrarnos no dial e volver a aparecernos en forma de monstro-crisálida cara o mes de setembro.

    Contidos:
    • Conversa con parte dos iintegrantes da formación ferrolá El Viejo Caracol que nos apresentaron o seu terceiro álbum, "Tanta Memez" (2014). No estudio: Erico Pose, Miguel Pita e Óscar Fojo.
    • Axenda Divertimento.
    • Conversa con Manuel Rey, integrante da nova directiva do Ateneo Ferrolán, quen fala da campaña de apoio a senlleira entidade ferrolá (http://salvemosoateneo.blogspot.com.es).
    Conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
    Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Trasancos) & Rádio Kalimera (Composteland).


    * pulsa a frecha do reproductor para seleccionar o programa completo (1) ou o corte da conversa con Manuel Rey do Ateneo Ferrolán (2).

    Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

    10 abril, 2014

    Divertimento - Especial "Discriminaçom sexual por grémios e sexualizaçom do traballo" (Colectivo Chimarrao).

    Un instante da palestra...

    Especial edición de Divertimento para pequenos monstros, onde escoitamos íntegra a palestra que baixo o título "Discrimaçom sexual por grémios e sexualizaçom do trabalho", levouse a cabo o pasado 14 de marzo de 2014 na Galería Sargadelos de Ferrol, dentro do programa das II Jornadas do Colectivo Chimarrao, "1972-2014, Reencaminhando as Luitas Obreiras".

    A charla contou coa participación de Lupe Ces e Lola Ferreiro e coas voces do auditorio que se sumaron a tertulia final.

    Para introducir a charla, rescatamos un audio da edición de Divertimento para pequenos monstros do pasado 7 de marzo de 2014, donde integrantes do Colectivo Chimarrao informaron e analisaron en Rádio FilispiM, o contiudo desta e doutras palestras das II Xornadas sobre o 10 de marzo.

    Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.
    Difunden: Rádio FilispiM (Ferrolterra), Rádio Kalimera (Compostela) e Cuac FM (Coruña).
    Fonte sonora: Paki (Colectivo Chimarrao).
    Imaxe: Colectivo Chimarrao.

    28 março, 2014

    Divertimento para Pequenos Monstros. Especial post 22M, con voces de aquí.

    Madrid 22M, 2014

    Especial edición de Divertimento para pequenos monstros, donde persoas e Colectivos da Comarca de Ferrolterra e de Compostela, que participaron activamente nas Marchas da Dignidade en Madrid, 22M, cóntannos as súas impresións sobre o humano das mobilizacións, máis tamén do "divino"...

    O programa contou coma convidados a Inacio e Daniel da Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra e da Columna caranzeira, así como a Lorena e Fran da CNT de Compostela. Como copresentador especial do programa estivo Miguel Castro. No transcorrer do programa interviron Celso e Jorge (Stop Desafiuzamentos de Ferrolterra) que se achegaron ao estudio para dar a súa opinión.
    Ademáis, escoitamos música de Hechos Contra el Decoro, Todos tus Muertos, Aztlan Underground ou Nación Reixa ... A disfurtar.
    Conduce: Pequeno Monstro. 
    Difunden: Rádio FilispiM, Rádio Kalimera e Cuac FM.
    Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

    14 fevereiro, 2014

    DIVERTIMENTO - Marchas da Dignidade - XII Xornadas Libertarias, Ferrol - Sala Yago, reokupada.

    Edición do venres 14 de febreiro de 2014 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros.
    Contiudos:
    • MARCHAS DA DIGNIDADE. No estudio persoas veciñas de Caranza que convocan unha Asemblea aberta o vindeiro luns co obxecto de crear unha "columna" que acuda as Marchas da Dignidade do 22 de marzo en Madrid. 
    • XII XORNADAS LIBERTARIAS da Unión Libertaria de Ferrol. No estudio integrantes de U.L. que falarán destas xornadas que se celebran dende o martes 18 até o sábado 22 de febreiro no Espazo Libertario, na Avda. de Esteiro, 10 - baixo. 
    • A SALA YAGO DE COMPOSTELA RE-OKUPADA. Falamos cun integrante da Asemblea deste espazo que foi este xoves recuperado para o uso e disfrute cidadanía compostelá e que xa ten axenda de actividades para os vindeiros días.
    • Axenda Divertimento.
      
      Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
      Sintoniza o teu dial!!

      18 janeiro, 2014

      DIVERTIMENTO - Organismo anti-represivo Ceivar, Asociación Que Voltem para a Casa & nova Asemblea estatal de Radios Libres.


      Divertimento para pequenos monstros, edición do venres 17 de xaneiro de 2014, dúas horas de monstrosos contiudos...
      • No estudo dous integrantes do organismo popular anti-represivo CEIVAR, que nos falan da situación de acoso a que se ven sometidos @s independentistas no noso país e do espallamento anti-constuticional das persoas presas políticas galegas ao longo do Estado.
      • Ademáis falamos da Asociación Que Voltem para a Casa, formada por familiares, amigos e amigas dos pres@s políticos galegos, verbo da VIII Marcha ás Cadeias que baixo o lema "Até que nom voltem eles iremos nós",  partiu o sábado 18 de xaneiro de diversos pontos do país até as cárceres espalladas por todo o Estado.
      • Por último, falamos con J.M. Marshall, un dos integrantes de Rádio Topo, lexendaria radio libre de Zaragoza que forma parte, xunto a unha dúcia de emisoras, dunha nova Asemblea de Radios Libres no Estado español que na súa constitución, o pasado mes de novembro en Zaragoza, retomaron os principios do Manifesto de Villaverde, asumido polas radios libres en 1983: "carácter non profesional, autoxestión, servizo á comunidade, contra o monopolio e centralización da información, difundir a realidade, enfrontamento radical contra todo tipo de relación social de dominación e aposta por unha forma de vida alternativa á actual..." (texto completo no enlace).
      Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.
      Emiten: Rádio FilispiM (Ferrol), Rádio Kalimera (Compostela) e Cuac FM (Coruña).

      20 dezembro, 2013

      DIVERTIMENTO - A Grande Batalla Sónica SI foi Radiada...

      Unha visión do acontecido...

      Contidos do DIVERTIMENTO para pequenos monstros, venres 20 de decembro de 2013.
      •  No estudio, Carlos A. Quirós (Producciones Cuerda Floja) e Rubén Coca (director de cine), que falaron de "EL DÍA MÁS CORTO" ->http://eldiamascorto.com/
      • "A GRANDE BATALLA SÓNICA FILISPINIANA foi radiada...".
               * No estudio, os responsábeis dos programas musicais que se producen na FilispiM:
               - Fran Pérez (Sonido Emergente).
               - Pepe Cunha (Ábretedeorellas).
               - Miguel Castro (En Tránsito, música).
               - Vicente Irisarri (Música, Surf...).
               - Pequeno Monstro (Off Mental & 80 Vinilos/h).

                * Ao teléfono, os responsábeis dos programas musicais de produzón allea na FilispiM:
                - Dende Madrid: Mundofonías (Juan Antonio Vázquez & Araceli Tzigane).
                - Dende Almería: Baja Frecuencia (Josep Maria Soler, "Stahlfabrik"). 

                - Dende A Coruña: Retroevolución (Eduardo García, "Chorbyradio").

      Directo: Rádio Filispim, 93.9 FM (Ferrolterra/Trasancos).
      Diferido: Rádio Kalimera, 107,9 FM (Compostela) & Cuac FM, 104.3 FM (A Corunha).
      Conducen e apresentan: Ana Lucecú & o Pequeno Monstro.


      Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

      13 dezembro, 2013

      DIVERTIMENTO - Especial "Ley Seguridad Ciudadana", Xornada de Lactancia de BBTTA no ATeneo e contacto cos Praceirxs de Pontedeume.

      DIVERTIMENTO para pequenos monstros, do venres 13 de decembro de 2013. Dúas horas de monstrosos contiudos...
      • Especial "LEY DE SEGURIDADE CIUDADANA", a Lei da Mordaza. Todo o que tes que saber da Lei Mordaza, o non vai máis no recortes das liberdades do PP. Coa participación de Meli Criado, Paki López e Pedro Ferrández.
      • Conexión con Carmen, voceira dos PRACEIROS DE PONTEDEUME que hoxe venres 13 de decembro, tras 42 días (coas súas noites), levantan o campamento na rúa, mais seguen ninguneadxs polo Alcaide de Pontedeume, o "popular" Torrente, o brazo tonto do PP eumés. + info: htps://www.facebook.com/groups/1388530921387094/?ref=ts&fref=ts

      Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.
      Emiten: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol) Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela) e Cuac FM, 103,4 (A Coruña), emisoras libres e comunitarias na Galiza.

      24 novembro, 2013

      DIVERTIMENTO - Especial concertos Colectivos CGTH & Chimarrao.

      Os cartaces de ambos eventos unidos para sempre...
































      DIVERTIMENTO para pequenos monstros. Emisión do venres 22 de novenbro de 2013; dúas horas de perigosos contiúdos...
      • No estudio WEATHER UNDERGROUND (Oscar Quant, Oscar Kay & Porto Rightnow) que xunto á CURTINAITIS, tocarán o vindeiro venres 29 de novembro na Sala Super Ocho de Ferrol, dentro da festa rockandroleira do Colectivo CGTH (Cretins Go To Heaven), con pinchada final no Pub Carteles.
             + info: https://www.facebook.com/events/647265388657995/
             & https://www.facebook.com/weatherundergroundGZ/info

      • No estudio o COLECTIVO CHIMARRAO do bairro de Bertom, Ferrol. Apresentando os concertos que explosionarán o vindeiro sábado 30 de novembro no Chima: THE BROSAS + ESQUIOS + OS DERRADEIROS. Entrada anticipada 3 €, em bilheteira 5 €. Conversamos con Cipri, Fran, Chute, André, Brais e Paki e tivemos contacto con integrantes das perigosas bandas: The Brosas, Esquíos e Os Derradeiros.
             + info: https://www.facebook.com/events/590390637687173/?fref=ts 
             & https://www.facebook.com/coletivo.chimarrao?directed_target_id=0 

      Conduce a apresenta: o Pequeno Monstro.

      Transmite: Rádio FilispiM, 93.9 FM  (Ferrol), Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela) & Cuac FM, 103.4 (A Corunha).

      + info: http://pequenosmonstros.blogspot.com

      17 novembro, 2013

      Divertimento - Esperanza Vázquez Dopico, fotógrafa - O Mercado Municipal de Pontedeume en loita - MIguel Alonso, o día despois da noite dos cans.

      Miguel Alonso, cantautor
      Edición do venres 15 de novembro de 2013 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros (Rádio FilispiM, 93.9 FM), dúas horas carregadas de intencións...
      Apresenta e conduce:  André, Pequeno Monstro.
      Difunden: Rádio FilispiM para Ferrolterra, Cuac FM para A Corunha e Rádio Kalimera para Compostela.


      08 novembro, 2013

      Pallasos en Rebeldía dende Palestina (Crónicas de Iván Prado adaptadas para a radio).

      Imaxe tirada de: https://www.facebook.com/Pallasosenrebedia

      Entre o 21 de abril e o 5 de maio de 2009 recibimos en Radio FilispiM unhas emocionantes crónicas que ían relatando, pinga a pinga, a viaxe do colectivo Pallasos en Rebeldía pola Palestina.

      Pallasos en Rebeldía é un espazo do teatro galego vencellado ao Festiclown, que traballa na cooperación internacional a través do riso e que daquela viñan de levar por segunda vez o espírito da risa e do clown a Palestina.


      Iván Prado e Isaac Rodríguez Miranda foron quen de fazer realidade esta nova viaxe de fraternidade humana a través do riso tamén cun outro obxectivo igualmente importante: dar apoio ao pobo palestino e denunciar, máis unha vez, a continua e reiterada opresión que sofre por parte de Israel.


      Pallasos en Rebeldía, creouse en Chiapas no ano 2004 durante unha visita ás fervenzas do río  Bascán no contexto da II Caravana de Pallasos aos Municipios Autónomos de Chiapas Tes máis  info en: www.pallasosenrebeldia.org.


      Volvendo as emocionantes crónicas do colectivo Pallasos en Rebeldía dende Palestina e aquel ano 2009, os Pequenos Monstros sentimos a necesidade de fazer algo, e non soupemos máis que lle pór voz e adaptalas para a radio, compiladas en dous programas especiais gravados especialmente para Rádio FilispiM, a radio libre de Ferrol (GZ). Ademáis, editámolas en nove audios, correspondentes ás nove crónicas, para a súa escoita ou emisión por capítulos. Hoxe, volas ofrecemos nun só audio de algo máis 1h. 35 min., para que as escoitedes dun tirón...


      O material que ides escoitar non ten ningún ánimo de lucro e está ao dispór de todas as radios asociativas, comunitarias, libres que o desexen difundir. Non é un material oficial do Colectivo Pallasos en Rebeldía, senón unha iniciativa persoal de André "Pequeno Monstro", integrante de Rádio Filispim, libre e comunitaria de Trasancos que emite dende Ferrol.


      Ficades xa coas ADAPTACIÓNS RADIÓFONICA DAS CRÓNICAS PALLASOS EN REBELDÍA DENDE PALESTINA, CUXO AUTOR É IVÁN PRADO, non sen antes lembrar, que o colectivo galego Pallasos en Rebeldía segue a organizar actividades en apoio ao pobo palestiniano, quen continúa a ser machacado sen tregua, coa complicidade dos países máis poderosos do mundo e coa nosa... se ficamos en silencio.



      + info: http://pequenosmonstros.blogspot.com

      12 outubro, 2013

      DIVERTIMENTO - Casino Ferrolano (Talibano) - Entrevista a Roger de Flor, apresentando o seu novo álbum xunto a "Os Silvestres".


      Divertimento para pequenos monstros, edición do venres 11 de outono de 2013. Dúas horas de monstrosos contiúdos...

      - Contacto telefónico con Ana Fernández de BBTTA-Narón quen nos fala da situación que se deu esta semana no Casino Ferrolano ao prohibir o Presidente de dita sociedade a unha socia, utilizar a sá coñecida coma "pecera" para a lactancia dunha crianza de tan só tres meses.


      - Entrevista ao autor pop Roger de Flor (Rogelio Arias), quen apresenta o seu novo cedé realizado xunto a formación Os Silvestres, "Hai un Lugar no Norte". Máis dunha hora de música e de agradábel conversa co autor de Limodre (Fene).

      Conduce: André "Pequeno Monstro".

      Emisión: Rádio FilispiM (Ferrol), Rádio Kalimera (Compostela) e Cuac FM (Corunha).

      + info http://pequenosmonstros.blogspot.com 

      07 outubro, 2013

      DIVERTIMENTO - Especial lactancia: Asociación BBTTA - Axenda concertos - Ultima hora: desafiuzamento o luns en Cabanas


      Divertimento para pequenos monstros, emisión do venres 04/10/2013. Dúas horas de monstrosos contiúdos...

      Especial Asociación BBTTA.
      - Isaura González, matrona, falou dos inicios de BBTTA no 2005.
      - María Barrio, falou do que a levou a BBTTA cando ainda estaba embarazada.
      - Semana Mundial do Aleitamento Materno, actividades organizadas por BBTTA en Narón.
      - BBTTA na procura dun cambio do paradigma na sociedade canto a crianza dos fillos e fillas.

      ...e ademáis, música en directo, no estudio, con Sabela González na guitarra e voz.

      Nos últimos 30 minutos do programa escoitamos:
      - Axenda de concertos.
      - Chamada de urxencia de Stop Desafiuzamento convocando ante un desafiuzamento no veciño concello de Cabanas o luns 7 de outubro de 2013.

      Conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
      Conduce charla de lactancia: Ana Fernández, integrante de BBTTA.

      Audio chamado de urxencia ante desafiuzamento este luns en Cabanas:
       

      01 outubro, 2013

      DIVERTIMENTO - Xornada dos CUO en Ferrol - Especial feminismo, Marcha Mundial das Mulleres.


      Divertimento para pequenos monstros do venres 27 de setembro de 2013. Dúas horas de monstrosos contiúdos...
      • Contacto telefónico cos CUO Ferrol (Comités pola Unidade Obreira) para nos falar da charla que celebrarán o venres 27 de setembro na Galería Sargadelos de Ferrol, baixo o título "A experiencia dos CUO na loita do carbón asturiano. A unidade obreira, unha necesidade".
      • Especial feminismo, coa presenza de integrantes da Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra, falando da súa orixe, da súa tensa relación co Grupo de Goberno do dereitista PP en Ferrol, das Xornadas "Feminismo en Obras" do 5 de outubro en Narón (A Coruña) e da manifestación polo dereito ao aborto este sábado 28 de setembro de 2013 en Compostela. 
      Conduciu o especial feminismo: Paula Meizoso.
      Apresentaron e conduciron Divertimento: Ana Lucecú e André "Pequeño Monstro".
      Emisión: Rádio FilispiM (Ferrol), Rádio Kalimera (Compostela) e Cuac FM de Corunha. 

      Nota: enlace audio substituido polo correcto.

      21 setembro, 2013

      DIVERTIMENTO - A música do "brasilego" Sergio Tannus - Ábretedeorellas versión radio na FilispiM - Axenda de concertos


      O venres 20 de setembro de 2013, regresou DIVERTIMENTO para pequenos monstros á sintonía de RÁDIO FILISPIM, 93.9 FM, entre as 18:00 e 20:0 h.


      Falamos con Sergio Tannus, músico brasileiro afincado na Galiza que vén de publicar un traballo acompañado por músicos coma Uxia, Narf, Antonio Zanbujo, Ceumar, Aline Frazao ou Xabier Díaz. Comandando a entrevista estivo Javier Enrique Malespina Moreno, un tipo realmente perigoso...
      Despois conversamos con Pepe Cunha de Rottenville, da súa inminente reincorporación á Rádio Filispim-Colectivo Opaii, coa versión radiofónica de Ábretedeorellas.
      Para finalizar, Ana Santiago "Lucecú", nos trouxo as recomendacións canto a axenda de concertos e festivais para os vindeiros días.
      Non cho perdas, palabra de Pequeno Monstro e Ana Lucecú.
      Radio Filispim 93.9FM (Ferrolterra) e para todo o mundo vía streaming neste mesmo blog.

      Todos os Divertimentos en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

      21 junho, 2013

      DIVERTIMENTO - CUO, Comités pola Unidade Obreira (Galiza) - CARRERO BIANCO, "Horror, horror!", Synth pop (Ferrol).


      DIVERTIMENTO para pequenos monstros, edición do xoves 20/06/2013.

      Contidos:
      • Conversa con Josechu integrante de C.U.O. Galiza (Comités pola Unidade Obreira), que nos explica quen son e o porque da súa organización.
      • Entrevista especial con tres dos catro integrantes de CARRERO BIANCO (Toni, Quincho e Carlota), apresentando a súa nova demo, adianto do seu novo álbum: "Horror, horror!". Electro pop alienígena dende Ferrol.
      • Axenda Divertimento.
      Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.

      Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

      31 maio, 2013

      DIVERTIMENTO - Vivendas de Recimil - Rede ContraMinACCIÓN! - Carga de Dignidade (Radio Buguina)

      Cartazes de Carga de Dignidade e da Rede ContraMinACCIÓN!.
      Divertimento para pequenos monstros, edición do xoves 30 de maio de 2013.

      Contiúdos:
      • Persoas afectadas pola desidia do PP no Concello de Ferrol, demandan a adxudicación das vivendas do bairro de Recimil dunha vez.
      • Rede ContraMinaACCIÓN!. Conversa con Nela Abella da asociación ecoloxista Verdegaia, ante a venda da nosa paisaxe a multinacionais estranxeiras.
      • Carga de Dignidade, acción en Ferrol do Colectivo Radio Buguina xurdido da estela de Burla Negra, ante o desastre socio-laboral provocado polas políticas neoliberais do PP. Conversa con Pepe Barro.
      • Axenda Divertimento.
      Apresenta: Pequeno Monstro.
      Emisión: Rádio FilispiM (Ferrol), Cuac FM (Coruña) e Rádio Kalimera (Compostela).

      Programa completo:


      Conversa con Nela Abella da Rede ContraMinaACCIÓN:


      Conversa con Pepe Barro do Colectivo Radio Buguina:


      + info: http://pequenosmonstros.blogspot.com
      Related Posts with Thumbnails