Programa nº 4 ( 18-11-2017) 
Abordase
o tema   da violencia de xenero.  
Logo dun
tempo de silencio A xanela dás Fucas regresa ás ondas, para analizar de novo o
que está pasando na contorna da muller.
Está
próxima a celebración do 25 de Novembro ( Día Internacional da Eliminación da
violencia contra a Muller) polo que é necesario recordar o porqué desta
celebración. Escoitamos as palabras do documental rodado na Republica
Dominicana que fan presente ás Irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa),
as Bolboretas.
Non
podemos deixar pasar por alto o que esta pasando no xuízo da   “manada” pola violación nos San Fermines.
Tamén se fala do Tribunal de Mulleres Contra a Violencia de Xero que se celebro
o 3 de Novembro no Congreso dos Deputados de Madrid.
Felicitamos
a Rosa Méndez a primeira muller en España presidenta do CSIC e apúntanse os
diversos actos que se celebrarán desde as distintas asociacións o 25 de
Novembro en Ferrolterra. 
Non
podemos esquecer as 50 mulleres asasinadas no que vai de ano,  nin os 5 fillos e fillas durante este 2017. 
Fucas que participan: Inés Bouza López,    Chelo Carballal Balsa,  Esperanza Vidal Mtnez,   Lucia 
Vizoso  Amado; 
Como Padriños:   Vicente Irisarri  Castro e  
Pepe  Cuña. 
A música que escoitamos: 
A sintonía do programa La vida es
bella (La Vita E Bella) de Nicola Piova;   Dignificada (Lila Downs);  A paz esquiva  (SES).
Audio do documental:
As Mariposas, As irmans Mirabal

