Pesquisar neste blog
02 julho, 2025
O Faladoiro nº 10 - De Trasancos á Gaza (1/7/2025)
21 junho, 2025
O Faladoiro nº 9 . A Pobreza (17/6/2025).
A Pobreza.
Dun ou doutro xeito, con maior ou menor grao, o certo é que a Pobreza está presente en todo o planeta. 8.500 nenos e nenas morren cada día no mundo a causa da desnutrición, sendo o número de famentos 800 millóns.
En "O Faladoiro de FilispiM" profundamos nesta inxustiza, nesta traxedia, coas persoas convidadas: Soledad Lucero (Asociacion de Movilidad Humana - Galicia /Hasta que a Dignidade sexa costume), Guillermo Leira (Cáritas de Canido) e Gabriel Tizon, o noso prestixioso fotoperiodista.
30 maio, 2025
O Faladoiro nº 8 - Enerxía e sostibilidade
ENERXIA e SOSTIBILIDADE.
07 maio, 2025
O Faladoiro Nº 7 - Participación cidadá
O Faladoiro da FilspiM |
O Faladoiro Nº 7 (6/5/2025).-
Nesta ocasión falamos de participación cidadá. Como convidados acuden Maica Rodríguez Freire e Roberto Taboada, veciños de Canido, implicados en procesos de participación.
No programa, Maica, como licenciada en ciencias políticas e da administración, especializada en xestión integral de proxectos, reflexiona sobre o concepto de "participación cidadá" e convida a identificar este proceso de interacción no cotiá da nosa vida. Pola súa banda, Roberto, como presidente da Asociacion de Veciñanza de Canido, fálanos da dinámica creada neste centro Civico e das ventaxas de outorgar á veciñanza a responsabilidade da súa xestión.
Concluimos que a participación beneficia a toda a comunidade e crea persoas con capacidade de decisión e máis libres.
Participan: Vicente, Cesio, Ignacio, Chelo.
Convidadas: Maica Rodríguez Freire, Roberto Taboada.
17 abril, 2025
O Faladoiro, Nº6 - A todo tren (15/4/2025)
![]() |
O Faladoiro, a todo tren. |
O Faladoiro, no seu 6º programa, convidou ao FORO CIDADÁN POLO TREN.
Contamos con algúns integrantes deste foro, falamos dos motivos da súa creación, de acordo a un problema que afecta a toda a comarca de Ferrol e Mariña Lucense, nun contexto de servizo público que camiña cara a privatización, tanto no transporte de persoas como de mercadorías.
A visión profesional de traballadores do sector ferroviario, a nível sindical, así como o papel de representantes das diferentes administracións, estivo presente ao longo do programa.
Os recentes estudos de Xoan Vazquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlantico, e Esperanza Piñeiro de San Miguel e Xulia Díaz Sixto, investigadora e xornalista respeitivamente, aportan datos de utilidade aos participantes no debate radiofónico. Sen dúbida, un cativo desenvolvemento ferroviario resulta unha enorme atranco canto o desenvolvemento económico das Comarcas do noroeste de Galiza.
Un programa moi interesante que deixa aberta moitas "vías" cara un posíbel novo Faladoiro, A TODO TREN...
Participan:
Vicente, Cesio, Ignacio, Fernando, Chelo, Ana.
Convidadas:
Nes, Gregorio, Javier, Alexandre.
04 abril, 2025
O Faladoiro de FilispiM. O Idadismo na sociedade actual.
Integrantes de O Faladoiro de FilispiM |
19 março, 2025
O Faladoiro - programa 4 (A Ría de Ferrol)
![]() |
Ría de Ferrol |
05 março, 2025
O Faladoiro de FilispiM - programa 3
O Faladoiro de Rádio Filispim, emisión do martes 4 de marzo de 2025.
Como está, como vemos a Ferrol e a sua bisbarra hoxendía. No económico, no social, no político. Estamos ante unha recuperación ou é unha ilusión creada por certos intereses, de acordo a emocions, sensacions, desexos? En calquera caso, de ser certa ista evolución, imos polo camiño correcto ou estamos a repetir erros históricos coa montaña rusa da exclusividade do sector naval? Todas estas cuestións, e outras máis, foron plantexadas polas persoas participantes desta nova edición de O Faladoiro, un programa produción propia do Colectivo Opaii-Rádio FilispiM.
Participaron no programa: Inacio, Cesio, Vicente, César e Chelo.
21 fevereiro, 2025
O FALADOIRO DE FILISPIM -programa 2-
Segundo Faladoiro de Filispim. Nesta ocasión participan César, Inácio, Césio, Vicente e como convidado Francisco Gil, portavoz comarcal da plataforma Queremos Galego.
Precisamente a situación de emerxencia da nosa lingua centrou de forma case exclusiva o contido do Faladoiro. Situación, causas, posibles solucións e accións inmediatas, foron tomando forma ao longo do faladoiro.