Pesquisar neste blog

Mostrando postagens com marcador 20 Aniversario. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador 20 Aniversario. Mostrar todas as postagens

05 setembro, 2025

Pilulas sonoras 20 Aniversario Rádio FilispiM (4)

Plano estudio R.FilsipiM "metro cadrado" no Ateneo Ferrolán

Co gallo do 20 Aniversario de Rádio FilispiM, realizamos unha serie de pilulas radiofónicas coa participación de ouvintes, integrantes da radio e colaboradoras, saudando dúas décadas nas ondas libres de Ferrol e Terra de Trasancos.

Nesta cuarta peza participan:
  • Vicente Irisarri (ex integrante do mítico programa Música Surf y Medioambiente. Actualmente integrante de O Faladoiro de FilispiM).
  • Ana Fernández (colaboradora dos informativos da FilispiM, voz en indicativos sonoros, sinais horarias e persistente seguidora da radio libre de Trasancos desde os seus inicios).
  • Fer Ocampo (membro da Asoc. para a Recuperación da Memoria Histórica Democrática, ex integrante do programa O Recuncho -Fuco Buxán-,  actualmente é parte da redación dos informativos da FilispiM).
  • André pequenomonstro (integrante de Off Mental a cara B da música e da redación dos Informativos. No pasado conduciu Divertimento para pequenos monstros, desde os inicios da FilispiM en 2005).
*duración media dos audios 4 / 5 min.
*música utilizada: "Radio Libre" 1983, nunca publicada (Presuntos Implicados).

04 setembro, 2025

Pilulas sonoras 20 Aniversario da FilispiM (3)

Cholo e Flor (acceso estudio da FilispiM en Caranza)

Co gallo do 20 Aniversario de Rádio FilispiM, realizamos unha serie de pilulas radiofónicas coa participación de ouvintes, integrantes da radio e colaboradoras, saudando dúas décadas nas ondas libres de Ferrol e Terra de Trasancos.

Nesta terceira peza participan:
  • Pepe Cunha (condutor do mítico programa musical galego Ábrete de orellas, desde a primeira grella da FilispiM en 2005).
  • Jorge Mirancos (condutor de Jardim á beiramar prantado, un programa de música portuguesa e da Galiza. Ademáis é parte do programa Universo Nosso, adicado á crianzas, e da redación dos informativos da FilispiM. No pasado foi parte do espazo Direto de esquerdas.
  • Marta Corral (integrante da equipa fundadora de Ferrol360, actualmente redatora no Diario de Ferrol. Conduciu o espazo La Hora a Deshora nos inicios da FilispiM, no estudio do Ateneo e Caranza).
  • Antonio Orizales (imprescindible técnico de son i equipas da FilispiM, integrante da redación dos Informativos).
*duración media dos audios 4 / 5 min.
*música utilizada: "Ondas de rebelión" (Kuero).

03 setembro, 2025

Pilulas sonoras 20 Aniversario da FilispiM (2)

Instalación antena da FilispiM en Caranza

Co gallo do 20 Aniversario de Rádio FilispiM, realizamos unha serie de pilulas radiofónicas coa participación de ouvintes, integrantes da radio e colaboradoras, saudando as dúas décadas nas ondas libres de Ferrol e Terra de Trasancos. Hoxe ofrecemos o audio da segunda das pezas. En sucesivos días enlazaremos as seguintes.

Nesta segunda "pilula" interveñen:

  • Mundofonías (mítico programa de músicas do mundo conducido por Araceli Zigane e Juan Antonio Vázquez).
  • A Xanela das Fucas (programa realizado polas mulleres da Asociación Fuco Buxán de Ferrol).
  • Xan Lópes (veterán activista social da Terra de Trasancos).
  • Reflexións desde Canido (un programa realizado ao vivo no estudio da FilispiM por un grupo de persoas marabillosas).
*duración media dos audios 4 / 5 min.
*música utilizada: "Ondas de rebelión" (Kuero).

02 setembro, 2025

Pilulas sonoras 20 Aniversario da FilispiM (1)

Filispinas, época Ateneo Ferrolán

Co gallo do 20 Aniversario de Rádio FilispiM, realizamos unha serie de pilulas radiofónicas coa participación de ouvintes, integrantes da radio e colaboradoras, saudando as dúas décadas nas ondas libres de Ferrol e Terra de Trasancos. Hoxe ofrecemos o audio da primeira das pezas. En sucesivos días enlazaremos as seguintes.

Nesta primeira "pilula" interveñen:

  • Edu Comochoconto (colaborador nos Informativos de FilispiM e integrante de Rádio Raposeira e histórico da Kalimera de Compostela).
  • Eduardo García "Chorbirradio" (condutor do programa de música Retroevolución).
  • Antía Cortizas (integrante de Universo Nosso, programa de crianzas do Colectivo Brincarmos).
  • Asociación Memoria Histórica Democrática de Ferrol (representada por Fer Ocampo, quen fora integrante de O Recuncho, mítico programa de Fuco Buxán na FilispiM).
*duración media dos audios 4 / 5 min.
*música utilizada: "Radio Capìtal", orixinal The Clash (La Furia).

28 agosto, 2025

Rádio FilispiM cumpriu 20 anos nas ondas libres da Terra de Trasancos.

 

27 de agosto de 2005, hai 20 anos. Comezaba a emitir a primeira e única radio libre de Ferrol e Terra de Trasancos, Rádio FilispiM, 93.9 FM. Foron moitos os atrancos, técnicos, legais, organizativos... máis un ano e medio despois da creación do Colectivo Opaíí! acadamos o noso obxectivo, "Conspirandos", mil asembleas e festas varias mediante.

Grazas a tódalas persoas e Colectivos sociais que durante estas dúas décadas fixeron realidade esta radioutopía comunitaria, autoxestionada, sen patrocinios, publicidade nin subvencións.

Se desexas achegarnos unha mensaxe de voz podes facelo a través do enlace vermello na marxe dereita deste blog. Clic e fala!

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails