![]() |
Plano estudio R.FilsipiM "metro cadrado" no Ateneo Ferrolán |
Co gallo do 20 Aniversario de Rádio FilispiM, realizamos unha serie de pilulas radiofónicas coa participación de ouvintes, integrantes da radio e colaboradoras, saudando dúas décadas nas ondas libres de Ferrol e Terra de Trasancos.
Nesta cuarta peza participan:
- Vicente Irisarri (ex integrante do mítico programa Música Surf y Medioambiente. Actualmente integrante de O Faladoiro de FilispiM).
- Ana Fernández (colaboradora dos informativos da FilispiM, voz en indicativos sonoros, sinais horarias e persistente seguidora da radio libre de Trasancos desde os seus inicios).
- Fer Ocampo (membro da Asoc. para a Recuperación da Memoria Histórica Democrática, ex integrante do programa O Recuncho -Fuco Buxán-, actualmente é parte da redación dos informativos da FilispiM).
- André pequenomonstro (integrante de Off Mental a cara B da música e da redación dos Informativos. No pasado conduciu Divertimento para pequenos monstros, desde os inicios da FilispiM en 2005).
*duración media dos audios 4 / 5 min.
*música utilizada: "Radio Libre" 1983, nunca publicada (Presuntos Implicados).
Nenhum comentário:
Postar um comentário