Pesquisar neste blog

10 setembro, 2025

O Faladoiro nº 12 - No 20 Aniversario da FilispiM desclasificamos documentos (9/09/2025)


No primeiro Faladoiro de FilispiM da grella 2025/2026, conversamos sobre os inicios dunha emisora única que vén de cumprir 20 anos. Mais, que son as radios libres e comunitarias? Como empezou todo? Que contexto social acontecía naquela altura? Cales foron os principais fitos destas dúas décadas? Que anédotas lembramos? Por que as radios libres e comunitarias seguen sen licenzas no Estado español? Que futuro se nos presenta? Verbo destas e outras cuestión falamos longo e tendido...

Participan: Cholo, Chelo, Antonio, André, Vicente, Fer, Paula, Inacio, Sonia e Joaquín.

05 setembro, 2025

Pilulas sonoras 20 Aniversario Rádio FilispiM (4)

Plano estudio "metro cadrado"da FilispiM no Ateneo Ferrolán

Co gallo do 20 Aniversario de Rádio FilispiM, realizamos unha serie de pilulas radiofónicas coa participación de ouvintes, integrantes da radio e colaboradoras, saudando dúas décadas nas ondas libres de Ferrol e Terra de Trasancos.

Nesta cuarta peza participan:
  • Vicente Irisarri (ex integrante do mítico programa Música Surf y Medioambiente. Actualmente integrante de O Faladoiro de FilispiM).
  • Ana Fernández (colaboradora dos informativos da FilispiM, voz en indicativos sonoros, sinais horarias e persistente seguidora da radio libre de Trasancos desde os seus inicios).
  • Fer Ocampo (membro da Asoc. para a Recuperación da Memoria Histórica Democrática, ex integrante do programa O Recuncho -Fuco Buxán-,  actualmente é parte da redación dos informativos da FilispiM).
  • André pequenomonstro (integrante de Off Mental a cara B da música e da redación dos Informativos. No pasado conduciu Divertimento para pequenos monstros, desde os inicios da FilispiM en 2005).
*duración media dos audios 4 / 5 min.
*música utilizada: "Radio Libre" 1983, nunca publicada (Presuntos Implicados).

04 setembro, 2025

Pilulas sonoras 20 Aniversario da FilispiM (3)

Cholo e Flor (acceso estudio da FilispiM en Caranza)

Co gallo do 20 Aniversario de Rádio FilispiM, realizamos unha serie de pilulas radiofónicas coa participación de ouvintes, integrantes da radio e colaboradoras, saudando dúas décadas nas ondas libres de Ferrol e Terra de Trasancos.

Nesta terceira peza participan:
  • Pepe Cunha (condutor do mítico programa musical galego Ábrete de orellas, desde a primeira grella da FilispiM en 2005).
  • Jorge Mirancos (condutor de Jardim á beiramar prantado, un programa de música portuguesa e da Galiza. Ademáis é parte do programa Universo Nosso, adicado á crianzas, e da redación dos informativos da FilispiM. No pasado foi parte do espazo Direto de esquerdas.
  • Marta Corral (integrante da equipa fundadora de Ferrol360, actualmente redatora no Diario de Ferrol. Conduciu o espazo La Hora a Deshora nos inicios da FilispiM, no estudio do Ateneo e Caranza).
  • Antonio Orizales (imprescindible técnico de son i equipas da FilispiM, integrante da redación dos Informativos).
*duración media dos audios 4 / 5 min.
*música utilizada: "Ondas de rebelión" (Kuero).

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails