Xan e Inacio, compañeiros da redación dos informativos de Rádio FilispiM, emisora libre de Ferrol (Galiza), falaron para nós horas antes de partir cara O Cairo (Exipto), como integrantes da Marcha Global a Gaza, xunto a outras moitas delegacións. Desde aquela, Xan e Inacio e resto da delegación galego-portuguesa, están a vivir vicisitudes que podes seguir nos nosos boletíns informativos.
Agardámovos de volta á casa, coa semente de humanidade ben espallada!
#marchtogaza #palestina #radioslibres
Nenhum comentário:
Postar um comentário