Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

01 abril, 2019

Programa 106 de Sons Revela2

O pasado venres, 29 de marzo do 2019, emitiuse un programa adicado aos novos temas do grupo brasileiro "Tribalistas".



Quén dixo que fora doado facer unha selección musical?¿ hehehe


29 março, 2019


Programa  nº 22.-  (28-3-2019)

A Xanela dás Fucas recibe a Mulleres no territorio unha iniciativa que que reúne a mulleres profesionais que traballan no estudo, xestión e planificación territorial e urbana. 
O coordinan – Mari Carmen Tapia- A Coruña- Arquitecta urbanista e María José Piñeira- Geografa - Santiago de Compostela
O seu punto de partida e obxectivo é a declaración de compromiso do 1 marzo de 2019 que busca iniciar un compromiso a incorporar a visión como mulleres no seu que facer técnico. Parece sinxelo pero aparecen  moitas  barreiras que non o facilitan e queren comezar a atopalas e facelas visibles.

Producíronse avances no desenvolvemento de temas de coidado, dependencia e seguridade das mulleres na cidade, pero queren apuntar a un cambio estructural, revisando os factores de localización, usos e significados que condicionan a organización espacial do territorio.
Suscitan que forman parte do territorio, víveno e, por conseguinte, reflexionan sobre él.
Entenden que as estratexias territoriales deben incluír a equidad e a xustiza ambiental, a igualdade de xénero e a erradicación da pobreza como obxectivos fundamentais.
  Convidada:   Mari Carmen   Tapia Gómez.
Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa,   Laura  Couto  Vilches,   Sonia Fernández Bellas,  Ana Belén López Verez, Eva   Tizón    Bouza.
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;
 Mujer  (Amparo Ochoa);   Maldigo del alto cielo. (Violeta Parra) ; Feeling Good. (Nina Simone) . 


28 março, 2019

Ábrete de orellas, CCLXXV, 25-marzo-2019

    Esta semana volve quedar clara a variedade de propostas musicais que se fan no país. Ademais das novidades e concertos do país, repasamos citas ben interesantes con artistas que chegan doutras latitudes apara traernos rock and roll de influencias clásicas, tanto elegante coma vitalista, ou canción de autor luminosa.
       
    • Ezetaerre “ As uvas da ira”
    • Sés “Enquanto há força”
    • Tanxugueiras “Que non mo neguen”
    • Presumido “A la guillotina el miedo”
    • Oh! Ayatollah “Hoxe”
    • The Soul Jacket “Lying the Grass”
    • The Exciters “He’s Got the Power”
    • The Mani-Las “He’s Got the Power”
    • Kurt Baker Combo “Sick of Waiting”
    • John Paul Keith “Something So Wrong”
    • Ciclocéano “Para volvernos a encontrar”
    • Daniel Drexler “Mariposas”
    • Factoría de subsistencia “Sorriso animal”
    Na selección, comentarios e descontrol técnico, Pepe Cunha.

    Contáctanos en abretedeorellas@gmail.com

    Velaquí os horarios de emisión en Rádio FilispiM: luns, 20:30 h.; mércores, 15:00 h.; xoves 22:00 h.

    Tamén redifundido pola Regarlic - Rede Galega de Rádios Libres e Comunitárias:
    Cuac FM, mércores ás 9 da mañá
    A Kalimera Rádio Livre
    Radio Roncudo, martes ás 5 da tarde
    radiONeria mércores ás 21h e sábado ás 9 da mañá
    Radio Piratona, varios días e horarios
    Radio Fedello os xoves

    e tamén polas radios municipais
    Radio Redondela, venres ás 23 h e sábados ás 21 h.
    Radio Negreira, martes ás 14:30 h. 
     e
    PontevedraViva.com os martes ás 21 h.
    Related Posts with Thumbnails