Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

22 setembro, 2015

Comeza a andar na Comarca a escola "Semente de Trasancos", espazo educativo alternativo para nen@s entre 2 e 6 anos.

A Terra de Trasancos conta xa cun espazo educativo alternativo para nen@s entre 2 e 6 anos.
A asociación cultural "Semente de Trasancos" vén de abrir unha escola popular en Narón, para nenas e nenos entre 2 e 6 anos, una via diferente a oferta de ensino público e privado, que ten os seus referentes máis inmediatos nas escolas "Semente" que xa funciona en Compostela e Vigo. Según as súas impulsoras este espazo educativo non ten que ver coas tradicionais "garderias" baseando a súa metodoloxía educacional no respecto a crianza, o contacto coa natureza, o máis inmediato, e a lingua propia do país.
No audio escoitamos a Silvia Bogo, unha das promotoras do novo espazo educacional "Semente de Trasancos" que estivo o pasado venres 18 de setembro no programa Divertimento para pequenos monstros.
Informou o Pequeno Monstro para Rádio FilispiM

21 setembro, 2015

DIVERTIMENTO - O proxecto educativo para nen@s, Semente de Trasancos, bota a andar + Charla "El Jazz en Ferrol", organiza por Arteriola

Un instante da charla "El Jazz en Ferrol" no Guarisnais

Edición do venres 18 de setembro de 2015 de Divertimento para pequenos monstros, no noso regreso as ondas tralo vrao...
Neste programa:
  • O proxecto educativo, Semente de Trasancos, para nen@s entre 2 e 6 anos, bota a andar na nosa comarca. Silvia Bogo, unha das súas impulsoras estivo no estudio... 
  • Dentro do "I Ciclo de Jazz", organizado pola asociación de hostelaría alternativa Arteriola, o pasado 11 de setembro tivo lugar no Guarisnais (R/ Taxonera) unha charla titulada "El Jazz en Ferrol", donde participaron, Antonio Peña, Baldo Martinez (ambos de Clunia Jazz) e Fernando Naveiras, quen fixo as veces de apresentador da charla... Divertimento estivo alí e rexistrou o son. 
Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.
Difunden: Rádio FilispiM (Ferrol) & Radio Kalimera (Compostela).



Nota: en breve ofereceremos enlace ao audio íntegro da charla "El jazz en Ferrol", de case dúas horas e media.

13 setembro, 2015

Off Mental - programa 76


Regresa `Off Mental´ tras un parón estacional. Un saúdo especial ás emisoras que se reincorporan, ou apuntan por vez primeira nesta grella, a difusión da cara "b" da música: Radio FilispiM (Ferrol), Radio Kalimera (Compostela), Radio Fene, Radio Eume (As Pontes), Radio Negreira e Radio Redondela.

Nesta edición:
  • Erik Satie - Gymnopédie nº 1 (versión orquestrada por Claude Debussy) - I Cameristi Orquestra da Camera di Trento e Verona, dirixida por Dini Diego Ciacci.
  • Amancio Prada - Leliadoura (Lp  Leliadoura - Fonomusic, 1980).
  • Anna Domino - Lake (Lp. This Time - Les Disques du Crépuscule, 1987). 
  • Stomu Yamashta -  Tempest fantasia (Lp. Tempest OST - Casablanca Rcds, 1982).
  • Barre Phillips - Part VI (Lp. Journal Violone II. ECM, 1980).
  • Chic Corea/Return to Forever - 500 Miles high  -voz: Flora Purim (Lp. Light as a Feather - Polydor, 1973).
  • Steps Ahead w/ Eliane Elias, piano - Pools (Lp. Steps Ahead - Elektra Musician, 1983).
  • Clunia Jazz - Canción para Lucas (Lp. Rúa Cega - Edigal, 1986).
Apresenta e conduce: André "Pequeno Monstro".
+ info: http://offmental.blogspot.com

11 setembro, 2015

80 Vinilos/h (programa 78)


Edición nº 78 de 80 Vinilos/h.
Neste programa, reatopándonos con tod@s, tras unha pausa necesaria...

Contido:
  • Ana Curra - Lágrimas, instrumental - extracto- (Maxi, Una noche si ti, 1985).
  • Betty Troupe - El vinilo -extacto- (Lp. Nuevos Héroes, 1984).
  • Paraiso - La estrella de al radio (Single. Para ti, 1980).
  • Aviador DRO - La ciudad en movimiento (Lp. Cromosomas Salvajes, 1985).
  • Charol - Pajarillos electrónicos (Lp. Charlo, 1980).
  • Ciudad Jardín - Unas medias negras (Mini Lp. Dáme calidad..., 1987).
  • Claustrofobia - Rito gitano (Lp. El Silencio, 1986).
  • Danza Invisible - Mis ojos hacia ti (Maxi, 1983).
  • Cuerpo Diplomático - Noche de Brujas (Mini Lp. Cartas Credenciales, 1983).
  • Derribos Árias - Crematorio (Lp. En la Guía en el Listín, 1983).
  • El Último Sueño - Los muebles están volando (Single. El Silencio de los Cisnes, 1984).
  • Episodio - Volverte a conocer (Mini Lp. Luces de Ciudad, 1982).
  • La Mode - En cualquier fiesta (Lp. 1984)

Apresenta e conduce: André "Pequeno Monstro".
Difunden*: Rádio FilispiM (Ferrol), Radio Fene, Radio Eume (As Pontes), Radio Redondela & Radio Negreira.

(*) Para sumarse a emisión, contactar co Pequeno Monstro.

10 setembro, 2015

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 151 8.09.2015




LA BANDA SONORA DEL PANTÍN CLASSIC 2015 (última entrega)

Pues ya pasó, con la factoría de olas renqueante este año, pero con olas suficientes para celebrar ambos campeonatos con total dignidad. Seis días agotadores, pero repletos de libertad, amistad, naturaleza… que te dejan una sensación de plenitud maravillosa… jóvenes de todo el mundo unidos por el mar… Las coronas de Pantín se fueron a Barbados con Chelsea Tuach y a Brasil con Thiago Camarão. La banda sonora, a juicio de la audiencia, sí estuvo a la altura habitual, contribuyendo a ambientar las diez horas diarias de playa y especialmente los momentos en que la competición se detenía.

En esta última entrega aparecen Budiño, Agent Side Grinder, Champs, Spector, Milky Chance, Vaccines, Tycho, Thee Oh Sees, Owen Pallett, The Real Kids, Ratatat, Mylee Grace&Ozzy Wrong, Yo La Tengo y el mash up Whole Lotta Sabbath.

09 setembro, 2015

Off Mental - programa 75 (Especial Durutti Column, 5ª parte)

Vini Reilly (The Durutti Column)

Edición nº 75 de Off Mental; a cara "b" da música na cara "b" da radio. Quinto e último achegamento a Durutti Columnbanda post-punk xurdida en Mánchester en 1978, e ao seu principal baluarte, Vini Reilly. A formación ligada estreitamente ao Factory Records, tamén publicou as súas obras ao través do selo belga Les Disques du Crépuscule ou do italiano Materiali Sonori. A súa música é unha sorte de mistura de jazz, folk, música clásica, rock, mais tamén de novas tendencias.

A narración que pode ouvirse neste audio é unha adaptación radiofónica da entrada adicada aos Durutti Column, aparecida no estupendo blog: http://rincondesconexion.blogspot.com.es/.

Músicas:



  • Lullaby 4 Nina (CD. Tempos Futgit. Kooky Disc, 2004).
  • Creole (CD. Faith. Kooky Disc, 2004).
  • Home (2CD. The Best of... Warner, 2004).
  • Requiem again (2CD. The Best of... Warner, 2004).
  • No last surprase (CD. Idiot Savants. Artful Records, 2007).
  • In memory of Anthony (CD. Love in Time of Recesion. Artful Records, 2009).
  • Chant (CD. A paean to Wilson. Kooky Disc, 2010).
  • The missing boy (Live in Bruxelles (13/08/1981). LTM. 2008).

  • Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol), Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela), Radio Redondela, 94,9 FM e TT Radio. Para sumarse a emisión, contacte co Pequeno Monstro.
    Selección musical e locución: André "Pequeno Monstro".

    07 setembro, 2015

    Persoas a título individual, políticos, colectivos e profesionais da comunicación amosan o seu apoio ao cadro de persoal do Diario de Ferrol.

    Tal e como relatamos no último boletín informativo de Rádio FilispiM, o pasado mércores 2 de setembro, tivo lugar a primeira das dúas xornadas de mobilización do cadro de persoal do Diario de Ferrol. Así, centos de persoas amosaron o seu apoio concentrándose as portas da sede da cabeceira ferrolá, na Rúa Galiano, e despois, en manifestación até a praza José Couso en Esteiro, onde, Nicolás Vidal, (un dos xornalistas máis veteranos do xornal) leu un comunicado.

    Nestrouto boletín radiofónico, oferecémosvos unha colleita de audios, con voces de persoas que a título individual, en representación de colectivos, mesmo coma xornalistas doutros medios de comunicación, amosaban a súa solidariedade co cadro de persoal e as xornalistas despedidas recentemente, apostando pola continuidade dunha cabeceira que garanta a pluralidade informativa, mesmo a difusión de información local, na cidade de Ferrol.

    Entrevistas_1:
    - Grupo de asistentes.
    - Victor Ledo (CC.OO)
    - María Xesús Arias (Radio Fene - Radio Fusión)
    - Xan (CIG).
    - Guillermo Ferrández (Poesía Salvaxe)
    - Karlotti (Poesía Salvaxe)
    - Fernando


    Entrevistas_2:
    - Pablo Portero (creador audiovisual, ex colaborador Diario)
    - Elena
    - José Torregrosa (Fuco Buxán, ex colaborador Diario)
    - Anxo Ferreiro (colaborador Diario de Ferrol)
    - Pepe Cunha (Colectivo Opaii!, Ábretedeorellas, ex colaborador Diario).


     Entrevistas_3:
    - Jorge Suárez (Alcalde de Ferrol).
    - Xan Morales (xornalista deportivo, ex presidente Clube de Prensa de Ferrol).


    Entrevistas_4:
    - Germán Castro (primer director fundador do Diario de Ferrol)


    Entrevistas_5:
    - Iván Rivas (edil e voceiro do BNG en Ferrol).
    - Nicolás Vidal (xornalista do Diario de Ferrol dende maio de 1999)
    - Bruno (asistente a manifestación).


    Entrevistas_6:
    - Beatriz Sestayo (tenente alcalde, PSOE, Ferrol)
    - Henrique Sánfiz (xornalista, Director Radio Fene, Radio Fusion).
    - Helga Méndez (actriz).

    Informaron Pequeno Monstro e Pepe Cunha para Rádio FilispiM

    03 setembro, 2015

    O cadro de persoal do Diario de Ferrol mobilízase contra do desmantelamento do xornal na cidade.



    O cadro de persoal do Diario de Ferrol retoma as mobilizacións logo do despedimento de dúas das xornalistas máis veteranas da cabeceira ferrolá e dun novo despedimento, desta vez de El Ideal Gallego, todas elas pertencentes ao grupo La Capital. O paro, de carácter indefinido, cun primeiro tramo de corenta e oito horas, comezou ontes mércores 2 de setembro. O persoal demanda un plan de viabilidade que garanta os postos de traballo, a readmisión d@s despedid@s, así como o aboo dos salarios adebedados até hoxe e a súa normalización mensual. 

    A xornada de mobilización de onte 2 de setembro constatou o apoio da cidadanía ao cadro de persoal do Diario de Ferrol, así como á continuidade deste xornal, coa asistencia dunha grande cantidade de persoas que, a título individual ou en nome de diversos colectivos, acudiron á concentración as portas da sede do Diario, na rúa Galiano, e despois partiron en manifestación até a praza José Couso onde un representate dos traballadores leu o comunicado.

    Dende o Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, expresamos a nosa solidaridade co cadro de persoal do Diario de Ferrol, así como a continuidade normalizada dunha cabeceira tan necesaria, que garanta a pluralidade informativa e a información local.

    No audio, rexistrado polos informativos de Rádio FilispiM, ouvimos o comunicado final desa mobilización lido por Nicolás Vidal, en representación do cadro de persoal do Diario de Ferrol. 

    Informou o Pequeno Monstro para os Informativos locais de Rádio FilispiM.

    Galería de imaxes: imaxes Rádio FilispiM

    30 agosto, 2015

    Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 150 25.08.2015


    LA BANDA SONORA DEL PANTÍN CLASSIC 2015 (tercera entrega)

    En tres programas hemos presentado alrededor de 60 temas…no da para más, pero para los 6 días de playa tenemos seleccionados más, muchísimos más, tal vez 300… Hoy le toca a The Only Ones, Motorama, Franz Ferdinand, New Order, Placebo, Spector, Mind Spiders, San Cisco, The Modern Lovers, JD McPherson, Broncho, Belle&Sebastian, Sufjan Stevens, Carrero Bianco, Ahmett Zappa, Slaves, The Pirouettes, The Zephyr Bones, The Fresh&Onlys y Agent Side Grinder.

    22 agosto, 2015

    Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 149 18.08.2015



    LA BANDA SONORA DEL PANTÍN CLASSIC 2015 (segunda entrega)

    Es imposible presentar todos los temas que sonarán en la playa. Necesitaríamos muchas horas. Hoy continuamos con algunos de los más representativos, de artistas y bandas como Brocho, Ural Mountains, Beirut, Alfred Hall, Ha Ha Tonka, Thee Oh Sees, Frankie Chavez, Jessica Pratt, Astro, Deerhoof, Elliot Smith, The Shoes, The National, Tame Impala, Joan Miquel Oliver, The Strangers, The Wave Pictures y Mylee Grace & Ozzie Wrong. Seguro que en la playa, a todo volumen, sonarán todavía mejor…y las podrás escuchar enteritas. Ahora solo queda que el Océano también le envíe buen material a la Factoría de Olas.
    Related Posts with Thumbnails