Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

07 maio, 2015

25º Programa Entrelazados [Especial Saúde Alternativa]

25º Programa Entrelazados, programa divulgativo en Lingua Galega
coordinado e conducido por Xurxo Gago.
Novas Alternativas:
Neste programa tratamos sobre saúde alternativa, terapias de quelación e saúde natural, a saúde oculta. Tamén, sobre medicamentos, tóxicos ou legais? E rematamos co amplío tema da farmafia, as mafias das farmacéuticas e o xenocidio global. Para falar de todo isto, temos nos estudios da RádioFilispiM a Roberto Carrodeguas, habitual colaborador do programa nestes temas alternativos. Tamén contamos coa presenza vía telefónica de Rubén, presentador do programa Nuevo Desorden Mundial da radio CUCA, a radio libre e comunitaria de Oviedo.
Música: Manlio Calafrocampano coa canción [Scie Chimiche (H.A.A.R.P.)], El mensajero coa canción [Chemtrail].

Email:entrelazadosnasondas@gmail.com.
Twitter:@EntrelazadosRF Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com
Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html
Emisións: Mércores de 21:00 a 22:00 horas.Reposicións: Venres de 02:00 a 03:00 da madrugada, domingos de 09:00 a 10:00 horas da mañá. Podes descargar a APP da Rádio FilispíM na seguinte ligazón: http://www.appsgeyser.com/getwidget/RadioFilispiM%20APP/ou tamén podes descargar a APP Tunein para escoitar a nosa radio dende un smartfone ou tablet.


04 maio, 2015

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 138 28.04.2015




OTRA HORA CON ELOY TABOADA

A finales de Enero visitaba el programa Eloy Taboada. Hablamos de muchas cosas, de fotografía y de surf por supuesto, pero también de otras, tantas que finalizó el programa y muchos temas quedaron inéditos. Hoy lo retomamos donde lo dejamos, comenzando por su colección de retratos de surfistas recogida en libros –fundamentalmente el del Pantín Classic- webs y exposiciones varias.

Eloy nos explica qué tipo de fotos de acción haría desde el agua, pero nos advierte que tendremos que esperar, pues de momento para él hacer surf tiene prioridad sobre fotografiarlo… pero sí nos da las claves para hacerlo, nos habla de la técnica, del material, de la conveniencia de realizar un buen curso…todo ello aderezado por The National, que 48 horas más tarde nos ofrecerían su primer concierto en Galicia.

03 maio, 2015

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra e a CNT repensaron o 1º de Maio en Ferrol.


Coa perspectiva do vindeiro 22 de outubro, data na que as Marchas de Dignidade convocan unha Folga Xeral en todo o Estado español, o pasado 1º de maio de 2015 tivo lugar en Ferrol unha manifestación convocada polas propias Marchas da Dignidade de Ferroterra e o Sindicato de Oficios varios da CNT na cidade, ao igual que aconteceu en outros puntos do Estado donde as Marchas uniron forzas con este e outros sindicatos alternativos, para por o contraponto a esta data e tentar recuperar a súa esencia, repensando o 1º de Maio.
No caso de Ferrol a manifestación partiu ás 6 da tarde do Cantón e rematou, logo dun longo percorrido por diversos bairros da cidade, na Praza 10 de Marzal, ao pé da estatua en homenaxe aos obreiros abatidos por disparos da policia, de Amador e Daniel, un 10 de marzo de 1972.
Os informativos da Rádio FilispiM seguimos o descorrer da manifestación dende o Cantón até o Praza 10 de Marzo, e realizamos unha pequeña reportaxe sonora coas voces das pesoas participantes, dos colectivos organizadores e finalmente, ao pé ao monumento a Amador e Daniel, recollimos o son do comunicado final confeccionado e lido en conxunto por integrantes das Marchas de Dignidade e dos sindicatos alternativos convocantes a nível de Galiza.
Posteriormente houbo un espazo de micros abertos para quen quixer participar donde ouvíronse diversas voces, coma a dun traballador das contratas de Telefónica que denunciou a ocultación por parte dos medios de comunicación de masas, da folga indefinida que están a levar adiante, pola readmisión dos despedidos e demandando un emprego con dereitos e non esclavo.  Para finalizar outras persoas dos colectivos convocantes en Ferrol, Marchas da Dignidade e CNT, tomaron a palabra e fixeron pequeñas alocucións.        
O Pequeno Monstro para os informativos da libre e comunitaria de Ferrol.

02 maio, 2015

PROGRAMA 29 DE SONS REVELA2 (01-05-2015)

Esta semana dedicamos nuestra hora al mundo de la fotografía. Los treinta primeros minutos estuvimos hablando con Iris Cabezas y en la segunda parte del programa participaron varios miembros de la Asociación Lumen, además de Adriano, uno de los dueños del Cine Adriano de Barallobre. 
Desde el programa queremos dar las gracias a todos nuestros invitados y a todas las personas que semana tras semana hacen que el programa siga su curso. 
                                                     

30 abril, 2015

As Marchas da Dignidade e o Sindicato de Oficios Varios da CNT, convocan un 1º de Maio alternativo en Ferrol.


1º de maio alternativo en Ferrol, este venres ás 18:00 no Cantón (Ferrol).

As Marchas da Dignidade e o Sindicato de Oficios varios da CNT, convocan en conxunto unha manifestación en Ferrol o vindeiro 1º de Maio de 2015 as 6 da tarde con saída do Cantón en Ferrol.
Ao igual que noutros puntos do Estado español, as Marchas da Dignidade suman forzas  ao sindicalismo alternativo co obxecto de crear as condicións para unha mobilización de carácter estatal e xeral,  unha folga laboral, social e de consumo para o vindeiro 22 de outubro de 2015.  Con esta mobilización tentarán denunciar un cambio de modelo social, que actualmente condea a maioría da poboazón a vivir na precariedade e na falta total de expectativas.

 En diversas cidades do Estado español son 10 as organizacións que convocan esta mobilización xunto a todos os colectivos sociais e organizacións que conforman as Marchas da Dignidade, baixo o lema “Polo reparto dos traballos e a riqueza: camiñando cara a Folga Xeral”. Sen esquecer a principal consigna da loita das Marchas dende o 22 de marzo de 2014: " Pan, traballo, teito e dignidade".
Segundo os colectivos e sindicatos organizadores “para que toda a poboazón síntase convocada e partícipe da Folga Xeral do vindeiro 22 de outubro de 2015, esta debe plantexarse da forma máis imaxinativa posíbel, tratando de recoller a realidade social que está a mudar”, por iso queren involucrar a toda a sociedade dende xa.

A cita para participar no primeiro de maio alternativo en Ferrol, é o venres 1 de maio as 6 da tarde, con saída do Cantón. Na nosa cidade organizan: as Marchas da Dignidade de Ferrolterra e o Sindicato de Oficios Varios da CNT.

O Pequeno Monstro para os informativos locais da libre e comunitaria de Ferrol.
Montaxe sonora, mobilización Marchas da Dignidade: galizacontrainfo

29 abril, 2015

Aparecen pintadas xenófobas no Parque do Inferniño, Ferrol.


Aparecen pintadas con contido xenófobo no Parque do Inferniño, bairro de Ferrol, onde moran numerosas persoas inmigrantes.
O Foro Galego de Inmigración vén de fazer público un comunicado denunciando a aparición de pintadas de carácter xenófobo no Parque do Inferniño en Ferrol, un barrio onde moran gran cantidade de persoas inmigrantes.
Na pintada, na que pode lerse en grandes letras “4.000.000 de parados, 4.000.000 de inmigrantes menos”, tenta relacionarse o número de parados coa presenza de inmigrantes no noso país, una relación absolutamente falsa e indigna. As persoas inmigrantes non son responsábeis da crise, nen do paro, non son bultos, nen máquinas, son pesoas. Son ademaís persoas traballadoras que desenvolven a súa actividade laboral, que contrubúen a cotizar a Seguridade Social e pagan os seus impostos, en moitas ocasións asumindo traballos, tarefas e situación laboráis, que non aceitaría outra persoa “natural” do estado. Cando unha persoa inmigrante queda desempregada, non é menos ca nós, é unha persoa que está a sofrer unha crise da que non é responsábel, inda por riba, pola súa condición de inmigrante é moi posíbel que fique sen Seguridade Social ou mesmo con perda de dereitos de permanencia no país, ao ficar desempregado.
As persoas inmigrantes que teñen a desgraza de estar en situación irregular no noso país, o están por motivos alleos a súa vontade, non porque desexen autocondenarse á irregularidade administrativa e ao traballo clandestino.
O menos que debemos ter, as persoas humanas e os representates políticos de quenda, é respecto cara isas persoas que están en situación de flagrante desigualdade e vulnerabilidad. Un discurso que homologue o número de inmigrantes cunha situación de crise ou índice de desemprego, ten unha intención política xenófoba e racista, indigna dun ser humano, lonxe dos datos e argumentos razoábeis. Os discursos valeiros, malintencionados como os que reflicte a pintada aparecida no parque do Inferniño, contribúen a sembrar descoñecemento, intolerancia e, pode que até, violencia cara as persoas inmigrantes.
Unha pesoa inmigrante debe ser o noso amigo; o noso inimigo deben ser aqueles que coas suas políticas ou prácticas traen situación de desigualdade, onde o pan, traballo e teito se convirten en demandas en troques de dereitos fundamentais aos que ter acceso tod@s, con indiferencia da orixe ou cor da pel. O noso inimigo é o totalitarismo, o populismo, a avaricia e o Capitalismo salvaxe que nos levou a esta crise. As persoas inmigrantes son as nosas amigas.
Dende os informativos de Rádio FilispiM, solidarizámonos co Foro Galego de Inimigración, e con todas as persoas inmigrantes, esiximos a persecución de calquer acto ou manifestación xenófoba, nas rúas, prazas, campos de fútbol e claquera outro recuncho das nosas vidas.
Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria que emite dende Ferrol.

Ábrete de orellas programa 76, 27-abril-2015

Esta semana seguimos con abondas novidades, do país e de fóra e non poden faltar as recomendacións de citas ao vivo: Sés, Os amigos dos músicos e Pasajero.



  • Riobó "Treboada"
  • Sés "Un pensamento"
  • Os amigos dos músicos "Son o último" 
  • El Twanguero "Pachuco" 
  • Fred Martins "Flores"
  • Igloo "Sugar Baby Love" 
  • Doctor Divago "Srta. Alfa"
  • Lanuca "Flor de loto"
  • Pasajero "Hoja en blanco" 
  • Pablo Milanés & José María Vitier " Besos"
  • Ella Fitzgerald & Oscar Peterson "Mean to Me"
  • Sandford Music Factory "Goodbye"
Selecciona e comenta, Pepe Cunha.
Abretedeorellas.com
Podcast de Ábrete de orellas

28 abril, 2015

80 Vinilos/h - programa 77

Glutamato Ye-yé en acción.


Edición nº 77 de 80 Vinilos/h.

- Volume nº 32 da Enciclopedia Musical Estatal dos 80s.
De GLAMOUR  á  GOLPES BAJOS.

Contido:

GLAMOUR - Lp. Imágenes. Polydor, 1981.
- Imágenes.

GLAMOUR - Lp. Guarda tus Lágrimas. Polydor, 1983.
- Intento olvidar.
- Guarda tus lágrimas.

GLUTAMATO YE-YE. Ep. Corazón Loco. DRO, 1982.
- Corazón loco.

GLUTAMATO YE-YE. Single. Comamos Cereales. Producciones Goldstein, 1983.
- Comamos Cereales.
- La Balada de Karen Quilan.

GLUTAMATO YE-YE. Ep. Corazón Loco. DRO, 1982.
- Un hombe en mi nevera.

GLUTAMATO YE-YE. Lp. Navidades Radioactivas (álbum colectivo). DRO, 1982.
- Glutamatonavidad (con Poch á voz)

GOLPES BAJOS - Mini Lp. Nuevos Medios, 1983.
- No mires a los ojos de la gente.

GOLPES BAJOS - Lp. A Santa Compaña. Nuevos Medios, 1984
- Fiesta de los Maniquies.
- A Santa Compaña.
- Hansel y Gretel.

Conduce e apresenta: o Pequeno Monstro. Difunden: Rádio FilispiM (Ferrol), TT Radio (on line), Radio Redondela (Radiofusión). Para emisión deste programa en radios non comerciais, contacta co Pequeno Monstro


+ info: http://80vinilos.blogspot.com

La Trastienda (de dos rombos)



Xemidos musicais, algún que outro real e lectura de libros eróticos é o que se despacha nesta Trastienda non apta para menores de 18 anos. Ferve Filispim!

http://www.ivoox.com/trastienda-de-dos-rombos-audios-mp3_rf_4416965_1.html





26 abril, 2015

O Beco da Língua vol.01: 25 de Abril, sempre!




Primeiro programa da recém criada Associação Beco da Língua (de pessoas alunas e ex-alunas de português da EOI de Ferrol) na Rádio Filispim, a rádio livre e comunitária que emite desde Ferrol no 93.9 da FM. Nesta ocasião apresentamos a nossa associação e fazemos uma trilha musical e histórica à volta do acontecido o 25 de Abril de 1974. Convidados no programa Xoam, sócio do Beco da Língua e Ana, secretária desta mesma associação. No estúdio, a equipa do programa integrada pela Glória, a Maria, a Antia e o Miguel.
Related Posts with Thumbnails