Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

21 fevereiro, 2015

O "taxazo"; fraude e tomadura de pelo a cidadanía de Ferrol.

Tempo de información local na libre e comunitaria que emite dende Ferrol, Rádio FilispiM.

Os colectivos e organizacións que forman a Plataforma contra do cobro da taxa de saneamento, que pretende imputar a cidadanía o Alcalde de Ferrol e o seu grupo de goberno, compareceron este sábado 21 de febreiro en rolda de prensa, co obxecto de fazer balanzo da mobilización do pasado xoves, falar de posíbeis novas mobilizacións e fundamentar xurídicamente a presentación dun Recurso masivo por parte das persoas afectadas polo "taxazo": toda a cidadanía de Ferrol.
No audio que segue, oivimos un extracto da rolda de prensa deste sábado 21 de febreiro de 2015, Alexandre Carrodeguas e a Cesar Manso, dous dos portavoces da Plataforma.

Informou Fer Ocampo e o Pequeno Monstro, para os informativos local da FilispiM.

PROGRAMA 20 DE SONS REVELA2 (20-02-2015)

Aquí vos deixamos o programa especial desta semana no cal facemos un pequeno repaso polos mellores momentos de cada venres.

Moitas grazas a tod@s.


                                                    

20 fevereiro, 2015

PROGRAMA 19 (13-02-2015)

                                        
A semana pasada SONS REVELA2 fixo unha pequena viaxe por diferentes bandas sonoras de grandes películas do cine, aquí vos deixamos o resultado. 
          
                                                


19 fevereiro, 2015

Abrete de orellas, 16-febreiro-15, programa 66

gravación do 16-febreiro-2015

Na semana de carnaval lembramos 3 cancións ao principio e propoñemos disfraces ao final.

Os blocos centrais van adicados a concertos inmediatos de artistas galegos, novidades discográficas con forte presenza feminina e outras masculinas de pop, soul rock e rock alternativo.



  • Los Fabulosos Cadillacs "Carnaval toda la vida"
  • Tim Buckley "Carnival Song"
  • Nick Cave & Warren Ellis "Carnival"
  • Narf Trío "Nunca sospiro"
  • Sokram "A paradoxa de Dióxenes"
  • Terbutalina "Ben peinados"
  • Rústica "Asubíasme de lonxe"
  • Lulavai "Vento morno acariñando nubes"
  • Helena Gogh "He said to me that day"
  • Wild Honey "Tu propia montaña Sainte Victoire"
  • The Soul Jacket "Pictures on the Wall"
  • Pasajero "Intocables"
  • Los Radiadores "Buzo"
  • Daniel Higiénico & La Quartet de Baño Band "El regreso del hombre cucaracha"

Selecciona e comenta, Pepe Cunha.
Abretedeorellas.com
Podcast de Ábrete de orellas 

Demandam a retirada do Plano de Conservaçom da Frouxeira




A Asociaçom EcoPacifista Verdegaia, posicionou-se contra a aprobaçom do Plano de Conservaçom da Frouxeira e demandou a sua retirada ao perceber que obedece a interesse particulares e partidistas.

Verdegaia denuncia que com a aprobaçom deste plano, nom se garante a conservaçom dos habitats naturais nem das espécies silvestres deste espaço natural "protegido".

Verdegaia afirma que com este plano só se tenta disponher de segurança jurídicapara seguir controlando de forma artificial o regime hidrolóxico da lagoa da Frouxeira e demanda a expropriaçom e supressom das edificaçons e do paseio marítimo que usurparom a zona de anegamento natural do humidal de Valdovinho.

Verdegaia percebe que a lagoa da Frouxeira deve evoluir e autorregularse de forma natural, prescindindo de qualquer tipo de intervençom humana.

Por outra parte, entre as muitas eivas que apresenta o plano de conservaçom, destacam que das 28 espécies exóticas invasoras detectadas, só se pretendem erradicar 5; o que lhes parece uma falta de responsabilidade absoluta, tendo em conta que a irrupçom de espécies forâneas nos ecosistemas autóctones som a segunda causa de extinçom das espécies associadas aos mesmos, depois da destruiçom directa dos seus habitats naturais.

Informou CHOLO para os informativos locais de Rádio FilispiM

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 130 10.2.2015


BRANDAN ARAUJO, DREAM SURFER

Cuando un monitor de una escuela de surf llama la atención a un joven alumno por no estar alegre y sonriente en el agua en vez de adusto, serio y competitivo con sus compañeros, ese monitor ha entendido la esencia de este deporte. Es el caso de Brandán Araújo, un surfer que vive y sueña alrededor de su pasión, que, por serlo, también le acarrea sufrimiento, tanto que a veces se ve tentado por dejarlo todo. Pero no lo hará, seguro. Tiene demasiados proyectos -y realidades- que afortunadamente para todos lo mantienen ligado al mar.

La experiencia adquirida a lo largo de los años en distintos clubes y escuelas le permiten hoy, desde la dirección de Punko, transmitir a sus alumnos y monitores su filosofía, primero como persona y luego como surfista y amante de todos los deportes de deslizamiento. Porque Brandán sueña con nuevas experiencias, con tablas novedosas, con flirtear con olas grandes de verdad y con sentir el flow sobre la nieve o el cemento, porque lo importante es que la vida fluya de forma natural en cualquier medio.

18 fevereiro, 2015

O Recuncho nº 213



Mércores, 18 de febreiro de 2015, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada, e mércores alternativos de 19 a 20 hs.
O Recuncho” nº 213 , programa quincenal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitados: Contacto telefónico con Mª do Pilar Patinho da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “Ciudadana Marichy Cuadrado”.
Os libros comentados, espazo de Víctor G. Novás : “La utilidad de lo inútil” de Nuccio Ordine.
R que R, o espazo de Miguel Castro.
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Na “Sección Poética” : Rosalía de Castro.
Música: Los Chicos del Maiz: “La estanquera de Saigón”.
Na equipa técnica: Miguel Castro.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040


O Acordo Transaltlántico de libre comercio (TTIP) á descoberta...



O pasado 10 de outubro de 2014, organizada pola Marchas de Dignidade de Ferrolterra,  tivo lugar no Ateneo Ferrolán unha palestra sobre a negociación do Acordo Transatlántico de libre comercio, máis coñecido coma TTIP, que están a negociar en secreto EEUU, Canadá e a UE.

Un Tratado que de asinarse por parte do Estado Español, seguindo as directrices das corporacións que dirixen dende a sombra a negociación, suporía unha catástrofe no noso país en materias fundamentais coma a saúde, a alimentación, o mediambiente e a economía, cuxos beneficios serían para as multinacionais ao criar o maior área libre de aranceis do mundo, a volta de torca definitiva do sistema neoliberal ao estado social a soberanía dos estados en materia de seguridade no traballo, cambios na lexislación laboral, ou mesmo a posibilidade de que as multinacionais podan demandar aos estados asinantes con cifras millonarias. O que fai temer o peor, é o acceso limitado á documentación das negociacións de dito tratado, que moitas forzas políticas e organización sociais definen coma “escuro”, “clandestino”, “beneficioso” para as multinacionaise prexudicial para a soberanía dos estados da UE.

No transcurso da charla-debate interviron a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalva, e o médico e portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública, Manuel Martín. Escoitamos un estracto daquela charla que pronto poderemos ouvir íntegra no tempo de programas especiais da Rádio FilispiM.
Informou o Pequeno Monstro para  a libre e comunitaria que emite dende Ferrol.

17 fevereiro, 2015

La Trastienda (de los Episodios Nacionales vol. II)





Aquí está o segundo tomo dunha edición especial de Episodios Nacionales cheo de tapas e racións de gloriosa música española dos años 80 pra aquí. Pinchos de tortilla, sol y sombra e sobremesas de 4 horas conforman este menú sonoro que espero sexa dixestivo. 

http://www.ivoox.com/trastienda-de-episodios-nacionales-vol-ii-audios-mp3_rf_4090975_1.html


16 fevereiro, 2015

DIVERTIMENTO. Pablo Portero & Kozmic Blues - Roger de Flor & William Blake

Pablo Portero, Kozmic Blues & Roger de Flor.

Divertimento para pequenos monstros. Edición do venres 13 de febreiro de 2105, na Rádio Filispim Colectivo Opaii!, 93.9 FM, o programa máis subterráneo da Rádio FilispiM, libre e comunitaria.

Neste programa:
  • PABLO PORTERO apresenta AMAR1, a primeira das 17 pezas do seu novo proxecto audiovisual, AMAR. Ademáis falounos doutros doutras iniciativas, da súa relación co mundo da música e, especialmente, co dúo KOZMIC BLUES, que estiveron no estudio e nos interpretaron varias pezas en rigoroso directo. 
  • ROGER DE FLOR apresenta o súa nova peza e videoclip, "Ferrol Vello". Ademáis falounos da súa recente viaxe pola Europa e interpretounos en exclusiva mundial, algunha das novas pezas que vén de compoñer inspiradas nos versos de William Blake. 
  • AXENDA DIVERTIMENTO. O vagalume da noite ferrolá, Ana Lucecú, selecciona as citas que non debes perder nos vindeiros días. 
Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Terra de Trasancos) & Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela) e vía streaming para toda a galaxia en: http://opaii.blogspot.com

                               Todos os Divertimentos en: http://pequenosmonstros.blogspot.com
Related Posts with Thumbnails