Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

17 dezembro, 2014

Continúa a folga indefinida de Cleanet


Despois de tres meses sen cobrar, o pasado 27 de outubro, as traballadoras de Cleanet comezaron unha folga indefinida para esixir os seus salarios. A empresa concesionaria do servizo de limpeza do Arsenal, segue facendo caso omiso ás súas demandas.
Desde o catro de decembro, comezaron tamén unha acampada permanente no cantón, diante da porta do Arsenal.
O pasado mércores 10 de decembro, convocaron unha manifestación que congregou a preto de cincocentas persoas, cun claro apoio do movemento obreiro e sindical da comarca. Ao fin da mesma, sinalaron tamén como responsábel ao Ministerio de Defensa, denunciando a súa complicidade e amosando sospeitas sobre o propio proceso de concesión do servizo.
[Audio do Comunicado] 
Ao día seguinte da manifestación, recibiron o apoio in situ dos traballadores do Naval [que se desplazarom ate alí] despois da mobilización que mantiverom dinate do edificio da xunta, así como do colectivo de mariscadores sen carnet. Estes foron algúns dos colectivos que confluiron no recibimento a Feijoo o pasado xoves 11 de dezembro frente ao Teatro Jofre no que parece ser un comezo de unidade e solidariedade nas loitas.
Escoitamos a entrevista a unha das traballadoras feita polas compañeiras de Escarnio en Rádio FilispiM.
[Audio da Entrevista]

Informou CHOLO para os informativos Locais de Rádio FilispiM

16 dezembro, 2014

As mariscadoras e mariscadores sen carné da Ría de Ferrol seguen na luita.


Semana de dura represión e mobilización para @s mariscador@s sen carné.

O pasado mércores 26 de novembro concentráronse ás once da mañá diante do edificio da Xunta en Ferrol. Unha vez alí, conseguiron reunirse cunha representante da Consellería do Medio Rural e do Mar, sen que este conseguise satisfacer as súas demandas.

Mentres a Xunta e o Concello seguen a marear a perdiz con vagas promesas de entregas de carné, a Policía Autonómica segue a reprimir a este colectivo, nunha semana de forte despliegue policial.

Súmaselle a isto a presión mediática, cando informativos como os da TVG califican ao colectivo de "banda criminal organizada".

Ante isto, o colectivo continuou mobilizándose nas rúas. Na mañá do xoves 11 de decembro estiveron apoiando a acampada que as traballadoras de Cleanet (servizo de limpeza dos Arsenais) manteñen no Cantón frente a porta do Arsenal, por impago dos seus salarios. Na tarde dese mesmo día, confluiron todas e todos eles na protesta de recibimento a Núñez Feijoo quen, ao final, non apareceu.

 Sergio e o Pequeno Monstro para os informativos locais da libre de Ferrol.


13 dezembro, 2014

SONS REVELA2 (12-12-2014)

Recen saído do forno chega o décimo programa de SONS REVELA2. Unha tarde chea de arte grazas ao noso convidado SUSO BASTERRECHEA, ademais da nosa carteleira persoal e os novos temas musicais.

Temas musicais:
-Creedence: Down On the Corner
-One Republic: Countring Stars
-Nancy Vieira: Maylen
-Pobres Poderosos: Taborè Cordozo
-Sambò
-Toxi Taxi: Los Redondos
                                                   

12 dezembro, 2014

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 123 9.12.2014




WCT 2014, ¿QUIÉN SERÁ EL CAMPEÓN?

Un panel de “finos” analistas, compuesto por Carlos Bremón, Clyde Martin, Rubén González y Gonzalo Casal –Super- diseccionan el estado de forma física y mental de Gabriel Medina, Mick Fanning y Kelly Slater en vísperas de iniciarse el Pipeline Masters, última prueba del circuito mundial. ¿Qué será más importante, el estado anímico, los 3.000 puntos de diferencia, la experiencia de los veteranos?

Pero el problema se complica porque además de entre ellos tres, competirán con otros surfers geniales como J.J. Florence, Parko, J. Smith, M. Bourez, O. Wright y hawaianos como Dusty Payne, que ya sin opciones al título mundial sí quieren ganar la mítica prueba. Animados por los Manic Street Preachers nuestros cuatro comentaristas fueron capaces de argumentar y decidirse por un surfista…y no hubo coincidencia ¡en absoluto!

Amarra o teu Futuro, este sábado 13 de decembro, cadea humana en As Pías.

A CIG chama a participación este sábado 13 de decembro  na acción “Amarra o teu Futuro”.
Dous barcos de porespán serán "botados" ao ár mediante globos dende pontos opostos da Ponte das Pías. Unha vez no auga atoparanse no medio da Ponte, mentres unha cadea humana atravesa a vía que une Fene e Ferrol, ás dúas beiras da Ría que acollen os estaleiros públicos galegos.
Esta é a descripción do acto central que a CIG vai desenvolver este sábado, 13 de decembro, en demanda de medidas políticas urxentes para paliar a situación de emerxencia social que padece Ferrolterra.

Dende o sindicato galego, fan un chamamento público a participar masivamente no acto. Para iso, convidan as persoas participantes a reunirse antes das doce do mediodía do sábado 13 de decembro en dous únicos puntos: a gasolineira que hai na entrada da ponte vindo dende Ferrol e na explanada de San Valentín para as persoas que se acheguen dende Fene. Dende eses dous puntos irase despregando a cadea humana até atoparse no medio da ponte das Pías, lugar onde se realizará o acto central da acción “Amarra o teu Futuro".
Nos informativos locais de Rádio Filispim ouvimos de seguido o audio, elaborado polo sindicato galego CIG, convidando a participar nesta orixinal iniciativa reivindicativa o sábado 13 de decembro a partir das 12:00 h.
Para os informativos locais da libre de Ferrol, informou Ana Lucecú, Antía Cortiças e o Pequeno Monstro.

Efusivo recibimento a um Presidente ausente


Este Joves 11 de dezembro, às seis da tarde, estava convocado um recibimento a Nunhez Feijoo,  presidente da Junta da Galiza frente ao Teatro Jofre de Ferrol.

O Presidente devia acudir a Ferrol para a entrega dos prêmios "Jovem Empresário de Galicia" mas finalmente nom acudiu à cita na que o estabam aguardando.

Baixo o controlo dum forte dispositivo policial, umhas 200 pessoas entre as que destacabam mariscadoras sem carnet, trabalhadoras do Naval e as empregadas em greve de Cleanet, reunidas frente ao teatro ferrolám, fixérom-se escuitar com berros e consignas contra o mesmo Feijoo e as diferentes políticas do governo do Partido Popular e as suas consequências.

Ainda que o Presidente da Junta nom assistiu ao acto, quem sí assistiu foi o conselheiro de Economia e Indústria, Francisco Conde, que chegou tarde e as agachadas, igual que o Alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, que entrou ao Teatro pola porta de atrás.

Informou CHOLO para os Informativos Locais de Rádio FilispiM

11 dezembro, 2014

Escarnio! Novo programa coas traballadoras de Cleanet


Este xoves chegou a Radio Filispim unha nova emisión en directo de Escarnio! O programa quincenal de análise e actualidade política.

Desta volta contamos cunha entrevista telefónica en directo a unha traballadora de Cleanet, desde a acampada que manteñen no Arsenal. Tocanos escarnecer ao Ministerio de Defensa e á empresa encargada da limpeza do Arsenal de Ferrol, que leva varios meses sen pagar ás súas traballadoras. Coñecemos de primeira man a rica experiencia da folga indefinida que levan mantendo durante máis dun mes.

Falamos tamén do comité de benvida a Alberto Núñez Feijoo, que ía asistir á entrega de premios ao "Joven empresario de Galicia" (a pesares de que finalmente non se dignou a aparecer).

Non perdades tampouco as nosas seccións habituáis dos Partes de Guerra (os informativos dende a liña de fronte) e a Sección Cultural.



Lembrade que podedes participar en directo de 18 a 19 a través do teléfono da radio (981 37 10 40) ou o twitter @EscarnioRadio.

O Recuncho nº 210


Mércores, 10 de Decembro de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
O Recuncho” nº 210 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitados: Juan Carlos Valle “Karlotti” para comentar a inmediata presentación do poemario “Escolma Salvaxe” un resumo da Poesía Salvaxe 2007-2013.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: Experiencias pedagoxicas innovadoras no Colexio Ludy
Os libros comentados, espazo de Víctor G. Novás : A documental “A pegada dos avós” de Xosé Abad.
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música: Clásica.
Na equipa técnica: Miguel Castro.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

11º Programa Entrelazados

11º Programa Entrelazados, programa divulgativo en Lingua Galega
coordinado e conducido por Xurxo Gago.
Temas das seccións
Literatura Galega: Contos de Humor Galego: Joselín, O Xestal e Farruco.
As Minientrevistas: Teatro Ghazafelhos
Misterios do Mundo e da Terra: OVNI estrelado en Ferrol no ano 1966.
Música Galega: Páramo Pictures: Bertolina (a Adrenalina galega) e Ferti món (O Wrecking Ball galego).

Email: entrelazadosnasondas@gmail.com.
Twitter: @EntrelazadosRF
Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com
Subscripción ao Podcast: http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html
Emisión: Mércores de 21:00 a 22:00 horas.
Reposicións: Venres de 02:00 a 03:00 da madrugada,
domingos de 09:00 a 10:00 horas da mañá.
Podes descargar a APP da Rádio FilispíM na seguinte ligazón:
http://www.appsgeyser.com/getwidget/RadioFilispiM%20APP ou tamén podes descargar
a APP Tunein para escoitar a nosa radio dende un smartfone ou tablet.

09 dezembro, 2014

Ábrete de orellas, programa 56. 9-dec-14

gravación do 9-decembro-2014



O programa da segunda semana de decembro ábrese coa estrea do disco de Radio Pesquera, a unión dos guitarristas Pablo Novoa e Nono García. Tamén lembro tres grandes que morreron un 8 de decembro, data no que preparaba o programa desta semana: o cubano Rubén González, o brasileiro Jobim e o inglés John Lennon.
Non faltan as recomendacións de concertos e paradas en discos editados recentemente no país.
  • Radio Pesquera "Palangre"
  • Radio Pesquera "Ovella"
  • Rubén González "Si te contara" 
  • Eladio y los seres queridos "Eternamente"
  • El Kanka "El día de suerte de Pierre Nodoyuna"
  • Ataque Escampe "Para che falar de amor" 
  • Antonio Carlos Jobim "Wave"
  • aCadaCanto "Astronauta lírico"
  • Guadi Galego "Sentir"
  • John Lennon "Woman is the Nigger of the World"
  • Rosendo "Bailando al aire"
  • Bunbury "... y al final" 
  • Non hai berce coma o colo "Berce de Pedro Chosco"

Selecciona e comenta, Pepe Cunha.  
Abretedeorellas.com
Related Posts with Thumbnails