Mañán sábado, de 11 a 13 horas, no volume número 19 da Fábrica de Lus, falaremos da problemática dos comedores escolares na comarca. Contaremos no estudio coa presenza de Estrela, Xavier e Tomás, membros de ANPAs de centros públicos da cidade e da zoa rural, Celso, profesor de ensino público, e Isabel, ex-monitora de comedores escolares, que darán resposta ás opinións de veciños e veciñas de Ferrol colleitadas a pé de rúa.Pesquisar neste blog
04 outubro, 2013
Mañán sábado, de 11 a 13 horas, no volume número 19 da Fábrica de Lus, falaremos da problemática dos comedores escolares na comarca. Contaremos no estudio coa presenza de Estrela, Xavier e Tomás, membros de ANPAs de centros públicos da cidade e da zoa rural, Celso, profesor de ensino público, e Isabel, ex-monitora de comedores escolares, que darán resposta ás opinións de veciños e veciñas de Ferrol colleitadas a pé de rúa.03 outubro, 2013
Programa do Colectivo OPAII do 29 de Setembro de 2013
Neste Programa do Colectivo OPAII do 29 de Setembro de 2013, falamos com Jaime e Moisés, dou novos filispinianos que comezan esta semana a súa proposta de programa, "Cala e Escoita", um programa dumha hora que se dividirá en duas partes de 30min, na primeira falarase da actualidade política e na segunda pincharase umha sessiom de "House", e disso falamos, de música e política ;)
Novas Locais. Os informativos de Rádio FilispiM, fundamentais.
"Opaíí! - Rádio FilispiM, pretende ser un colectivo de carácter local, é dicir, debe incidir no que ocorre no seu entorno máis inmediato...". É unha dos moitos sinais de identidade da Rádio FilispiM, recollidas no seu Quen Somos?, unha serie de varores que todos as propostas deberan asumir e cumprir para ser aceitadas. Dende a grelha pasada funciona no Colectivo e na radio un grupo de traballo de Informativos Locais, co fin de materializar parte dese ideario nalgo concreto e "tanxible". Trátase dun grupo de traballo aberto, cuns mínimos de consenso de acordo ao Quen Somos?. Calquer persoa integrante do Colectivo pode ser parte del, participando na produzón das novas, na locución das mesmas ou no que quixer... Un traballo fundamental para unha radio que se di libre, comunitaria, de carácter local, cooperativa (no seu traballo interno), trasformadora, de denuncia e independente...
O tempo de Informativos Locais de Rádio FilispiM, se sumá aos dos boletíns Cerna (ecoloxía), Más Voces (URCM-ReMC) e Democracy Now (Amy Goodman). Pódense escoitar en Rádio FilispiM todos os días en bloques de unha hora, nas seguintes franxas horarias:
- De 24:00 á 01:00 da madrugada.
- De 08:00 á 09:00 da mañá.
- De 13:00 á 14:00 da tarde.
No seguinte audio, tirado da pasada XIV Sesión Vermú, presentación da nova grelha da radio, escoitamos a Susana Alaniz quen conversa con Miguel Castro e André "Pequeno Monstro", ao respeito de todas estás cuestións...
Cunha-promo Informativos en Rádio FilispiM:
Redacción Informativos de Rádio FilispiM.
Etiquetas:
Cerna,
Democracy Now,
Informativos Rádio FilispiM,
Más Voces,
Novas,
Novas Locais,
Que son os Informativos de Rádio FilispiM?
02 outubro, 2013
Novas Locais. Mª Carmen Isasi Varela, especialista en violencia de xénero, na Rádio FilispiM
Mª Carmen Isasi Varela, funcionaria da Admón de Xustiza e especialista en violencia de xénero, estivo estes días en Rádio FilispiM, no programa O Recuncho. Isasi, falou da evolución das políticas en materia de xénero nas últimas décadas. Según as súas propias verbas, foi na etapa Fraga cando maior avance houbo nesta materia na nosa Comunidade Autónoma, coa creación, por exemplo, do Servizo Galego de Igualdade, mais sempre cunha visión patriarcal donde se protexia a unha muller integrada nunha familia tradicional, en troques da persoa afectada, ao individuo. Según Isasi, pouco avance houbo cando o bipartito (PSdeG-BNG) na súa curta etapa de goberno, mais é na etapa actual, a "era Feijoo", cando se produciu un verdadeiro desmantelamento dos servizos con respeito a muller. "Feijoo, se ten cargado o Servizo Galego de Igualdade...", afirma Isasi.
Redacción de Informativos de Rádio FilispiM, 93.9 FM
01 outubro, 2013
DIVERTIMENTO - Xornada dos CUO en Ferrol - Especial feminismo, Marcha Mundial das Mulleres.
Divertimento para pequenos monstros do venres 27 de setembro de 2013. Dúas horas de monstrosos contiúdos...
- Contacto telefónico cos CUO Ferrol (Comités pola Unidade Obreira) para nos falar da charla que celebrarán o venres 27 de setembro na Galería Sargadelos de Ferrol, baixo o título "A experiencia dos CUO na loita do carbón asturiano. A unidade obreira, unha necesidade".
- Especial feminismo, coa presenza de integrantes da Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra, falando da súa orixe, da súa tensa relación co Grupo de Goberno do dereitista PP en Ferrol, das Xornadas "Feminismo en Obras" do 5 de outubro en Narón (A Coruña) e da manifestación polo dereito ao aborto este sábado 28 de setembro de 2013 en Compostela.
Conduciu o especial feminismo: Paula Meizoso.
Apresentaron e conduciron Divertimento: Ana Lucecú e André "Pequeño Monstro".
Emisión: Rádio FilispiM (Ferrol), Rádio Kalimera (Compostela) e Cuac FM de Corunha.
Nota: enlace audio substituido polo correcto.
Apresentaron e conduciron Divertimento: Ana Lucecú e André "Pequeño Monstro".
Emisión: Rádio FilispiM (Ferrol), Rádio Kalimera (Compostela) e Cuac FM de Corunha.
Nota: enlace audio substituido polo correcto.
O Recuncho nº 157

Martes, 1 de Outubro de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 157, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitado: Gregorio Bermejo de CCOO-Transporte para falar da privatización do Ferrocarril
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ”Un futuro para o Ateneo ”
Na “Sección Poética” : Ángel González Muñíz
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
Música: This Machine kills fascists.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail:fucobuxan@gmail.com telefº directo: 981371040
Novas Locais. Ferrol360, novo espazo de info local Vs prensa tradicional.
"O xornalismo está a mudar...". Son verbas de Marta Corral, integrante da nova web de información local e comarcal, ferrol360, un xeito actual de oferecer información inmediata do inmediato. Fronte a isto, un dos traballadores do Diario de Ferrol (Grupo Capital) nos fala da cara "B" de todo este asunto, a crise pola que atravesa a prensa convencional en papel e da necesidade de reinvertarse para non esmorecer nestes novos tempos...
Redacción Informativos Rádio FilispiM, 93.9 FM
80 Vinilos/h - programa 55. Especial movida galega (1)
![]() |
| A obra de Ceesepe no mítico Mini Lp de Golpes Bajos. |
Logo do parón estival regresa as ondas 80 Vinilos/h, na súa edición nº 55.
Neste programa:
- Sintonía. BETTY TROUP - El Vinilo (Lp. Nuevos Heroes, Ariola 1984).
- GOLPES BAJOS - Cena recalentada (Lp. A Santa Compaña. Nuevos Medios, 1984).
- GOLPES BAJOS - Fiesta de los maniquies (Lp. A Santa Compaña. Nuevos Medios, 1984).
- GOLPES BAJOS - Malos tiempos para la lírica (Mini Lp. Golpes Bajos. Nuevos Medios, 1983).
- SINIESTRO TOTAL - No somos de Monforte (Lp. No somos de Monforte. DRO, 1983).
- SINIESTRO TOTAL - Ayatolah! (Lp. Cuándo se come aquí?. DRO, 1982).
- SINIESTRO TOTAL - Las tetas de mi novia (Lp. Cuándo se come aquí?. DRO, 1982).
- SINIESTRO TOTAL - Matar hippies en las Cies (Lp. Cuándo se come aquí?. DRO, 1982).
- SINIESTRO TOTAL - Los esqueletos no tienen pilila (Lp. Cuándo se come aquí?. DRO, 1982).
- METRO - No es extraña? (Mini Lp. Metro. Acuario, 1984).
- METRO - El último tren (Mini Lp. Metro. Acuario, 1984).
- METRO - El latido (Mini Lp. Metro. Acuario, 1984).
- METRO - El quiere ser tu zombie (Single. Citola, 1982).
- LOS DRAMÁTICOS - La decisión (1er Single. Melodías de ayer y de hoy, 1987).
Selección musical, comentarios e control técnico: André "Pequeno Monstro".
Emisión: Rádio FilispiM, 93.9 FM.
80 Vinilos/h, un programa redondo que pincha en: http://80vinilos.blogspot.com
Assinar:
Postagens (Atom)





