Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador feminismo. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador feminismo. Mostrar todas as postagens

18 março, 2015

Divertimento - Especial "Igualdade e empoderamento. Accións e propostas". Tres proxectos feministas no pais galego.

Un instante da presentación dos proxectos (foto: Lupe Ces)

Edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros, do venres 13 de marzo de 2015, na Rádio Filispim, 93.9 FM, libre de Ferrol.

Programa especial dende o Ateneo Ferrolan. Emisión en diferido do acto celebrado o 11 de marzo de 2015, baixo o título "Igualdade e Empoderamento. Accións e propostas". Unha interesante mesa redonda organizada polo Ateneo, onde se expuxeron tres proxectos feministas do noso país:
A mesa estivo apresentada por Paula Meizoso.

Apresentación do programa, toma e edición de son: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio FilispiM de Ferrol e Rádio Kalimera de Compostela.



Todos os Divertimentos: http://pequenosmonstros.blogspot.com

27 setembro, 2014

Divertimento para pequenos monstros - 26/09/2014

Movida ferrolá. Sala Super 8
Venres 26 de setembro de 2014, entre as 6 e 8 do serán... DIVERTIMENTO para pequenos monstros, na Radio Filispim 93.9FM, dúas horas de radio.


  • 1º hora. Enchimos o estudio de MOVIDA FERROLÁ... Propietarios dalgúns locais da noite ferrolá aterraron en Divertimento. Falaron dos seus locais, da noite, da movida ferrolá... No estudio contamos coa presenza de humanos procedentes de PUB INDIE, SALA SUPER 8, PUB CARTELES...


  • 2ª hora. Enchimos o estudio de FEMINISMO. O domingo 28 de setembro, as 12:00 do mediodía as mulleres galegas volven á rúa contra a reforma da lei do aborto, baixo o lema: “Tomamos as prazas. Polos nosos dereitos sexuais e reprodutivos”. Pese retirada do Decreto e dimisión de "Fachardón", as feministas non baixamos a garda. Os actos están convocados pola PLATAFORMA GALEGA POLO DEREITO AO ABORTO*.  En Ferrol o domingo 28 un pasarrúas partirá ás 12h. do Cantón e rematará na Praza do Inferniño ás 13h.

  •  (* ) Pese a estaren convidadas, finalmente non tivemos presenza nen comunicación telefónica coa Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, como tiveramos gostado dende Divertimento e a radio libre de Trasancos, para darlles voz.


  • Cara a última media hora do programa demos conta da Axenda de concertos que, como sempre, prepara Ana Lucecú, o vagalume da noite ferrolá.



  • Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
    DifundeRádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM

    10 abril, 2014

    Divertimento - Especial "Discriminaçom sexual por grémios e sexualizaçom do traballo" (Colectivo Chimarrao).

    Un instante da palestra...

    Especial edición de Divertimento para pequenos monstros, onde escoitamos íntegra a palestra que baixo o título "Discrimaçom sexual por grémios e sexualizaçom do trabalho", levouse a cabo o pasado 14 de marzo de 2014 na Galería Sargadelos de Ferrol, dentro do programa das II Jornadas do Colectivo Chimarrao, "1972-2014, Reencaminhando as Luitas Obreiras".

    A charla contou coa participación de Lupe Ces e Lola Ferreiro e coas voces do auditorio que se sumaron a tertulia final.

    Para introducir a charla, rescatamos un audio da edición de Divertimento para pequenos monstros do pasado 7 de marzo de 2014, donde integrantes do Colectivo Chimarrao informaron e analisaron en Rádio FilispiM, o contiudo desta e doutras palestras das II Xornadas sobre o 10 de marzo.

    Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.
    Difunden: Rádio FilispiM (Ferrolterra), Rádio Kalimera (Compostela) e Cuac FM (Coruña).
    Fonte sonora: Paki (Colectivo Chimarrao).
    Imaxe: Colectivo Chimarrao.

    06 março, 2014

    II Jornadas do 10 de Marzo, Colectivo Chimarrao (Bertom-Ferrol).




    II Jornadas do 10 de Marzo, Colectivo Chimarrao (Bertom-Ferrol).
    1972 - 2014: Reencaminhando as luitas obreiras

    Este ano as jornadas organizadas polo Coletivo Chimarrao em comemoraçom do 10 Março do 72 constarám de diversas atividades ao longo da se gunda semana de Março.

    Empezaremos a terça 11 de Março às 19:00 horas na A.V. de Esteiro (Rua Fernando VI no bloque I), com umha palestra baixo o título "Autoorganizaçom obreira, sujeito, modelo, alcance e repressom", na que intervirám: Xam Lopes, Fernando Ramos Armesto e um membro da CNT.

    Seguiremos a quinta 13 de Março às 19:00 horas no Ateneo Ferrolám (Rua Magdalena 202-204), com outra palestra entitulada "Dinamizaçom da luita obreira", em ela falarám-nós Inácio Mártinez e um membro da CNT.

    Continuaremos a sexta 14 de Março às 19:00 horas na Galeria Sargadelos (Rua Rubalcaba 30-32) com a última das palestras baixo o nome "Discriminaçom sexual por grémios e sexualizaçom do trabalho", como ponhentes teremos a Lupe Cés e Lola Ferreiro.

    Para rematar o Sábado 15 de Março às 21:00 (sede pontuais) teremos no Bar Chimarrao (Rua sartanha 61) o concerto de Machina e Savonarola. A entrada será de balde.
    Evento no facebook:
    coletivochimarrao@gmail.com
    www.facebook.com/coletivo.chimarrao

    Fonte: Colectivo Chimarrao - Ferrol
    Audios: informativos de Rádio FilispiM.

    Nova completa:

    Cunha radio:

    09 outubro, 2013

    O recuncho nº 158



    A partir desta semán O Recuncho varía o seu horario e data de emisión: todos os Mércores de 19 a 20 hs.
    Desculpade e moitas grazas pola vosa atención


    Mércores, 9 de outubro de 2013, de 19,00 a 20,00 hs, no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
    “O Recuncho” nº158 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:

    Invitadas: Unha representación da Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra, que falarán sobre as Xornadas “Feminismo en obras” celebradas a pasada semán.
    O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ”El jinete polaco ”
    Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Álvaro Mutis
    Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
    Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
    Música: Mulleres que cantan en portugués.
    Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
    e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

    02 outubro, 2013

    Novas Locais. Mª Carmen Isasi Varela, especialista en violencia de xénero, na Rádio FilispiM


    Mª Carmen Isasi Varela, funcionaria da Admón de Xustiza e especialista en violencia de xénero, estivo estes días en Rádio FilispiM, no programa O Recuncho. Isasi, falou da evolución das políticas en materia de xénero nas últimas décadas. Según as súas propias verbas, foi na etapa Fraga cando maior avance houbo nesta materia na nosa Comunidade Autónoma, coa creación, por exemplo, do Servizo Galego de Igualdade, mais sempre cunha visión patriarcal donde se protexia a unha muller integrada nunha familia tradicional, en troques da persoa afectada, ao individuo. Según Isasi, pouco avance houbo cando o bipartito (PSdeG-BNG) na súa curta etapa de goberno, mais é na etapa actual, a "era Feijoo", cando se produciu un verdadeiro desmantelamento dos servizos con respeito a muller. "Feijoo, se ten cargado o Servizo Galego de Igualdade...", afirma Isasi.



    Redacción de Informativos de Rádio FilispiM, 93.9 FM

    01 outubro, 2013

    DIVERTIMENTO - Xornada dos CUO en Ferrol - Especial feminismo, Marcha Mundial das Mulleres.


    Divertimento para pequenos monstros do venres 27 de setembro de 2013. Dúas horas de monstrosos contiúdos...
    • Contacto telefónico cos CUO Ferrol (Comités pola Unidade Obreira) para nos falar da charla que celebrarán o venres 27 de setembro na Galería Sargadelos de Ferrol, baixo o título "A experiencia dos CUO na loita do carbón asturiano. A unidade obreira, unha necesidade".
    • Especial feminismo, coa presenza de integrantes da Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra, falando da súa orixe, da súa tensa relación co Grupo de Goberno do dereitista PP en Ferrol, das Xornadas "Feminismo en Obras" do 5 de outubro en Narón (A Coruña) e da manifestación polo dereito ao aborto este sábado 28 de setembro de 2013 en Compostela. 
    Conduciu o especial feminismo: Paula Meizoso.
    Apresentaron e conduciron Divertimento: Ana Lucecú e André "Pequeño Monstro".
    Emisión: Rádio FilispiM (Ferrol), Rádio Kalimera (Compostela) e Cuac FM de Corunha. 

    Nota: enlace audio substituido polo correcto.

    30 setembro, 2013

    Novas Locais. "Feminismo en Obras", xornadas da Marcha Mundial das Mulleres en Narón, 5 de outubro.


    O vindeiro sábado 5 de outubro de 2013 terán lugar no Centro de Día "Manuela Pérez Sequeiros", Narón (fronte ao Pazo de Cultura) as Xornadas Feministas organizadas pola Marcha Mundial das Mulleres na Galiza (MMM). Baixo o título de "Feminismo en Obras", acollerán charlas, debates, reflexión e convivio. Todo o programa atoparalo no enlace: http://feminismo.info


    * Inclúe audio cunha-radio difusión das xornadas.


    Redacción informativos Rádio FilispiM.

    23 fevereiro, 2013

    NOVAS LOCAIS - Marcha Mundial das Mulleres. O Concello prohibe debuxar siluetas de mulleres asasinadas.


    Marcha Mundial das Mulleres. O Concello de Ferrol prohíbelles debuxar siluetas no chan, cando é asasinada unha muller por violencia machista.

    Surreal e cruel.

    A Coordenadora Comarcal da Marcha Mundial das Mulleres da nosa comarca vén realizando dende hai máis de 5 anos concentracións de repulsa ao pé do Concello de Ferrol, cada vez que asasinan a unha muller vítima da violencia machista na Galiza, "nesas concentracións sempre debuxamos a silueta da muller asasinada", din elas.

    Nas dúas últimas concentracións non puideron pintar as siluetas porque a Policía Local de Ferrol se achega e lles advirte que non poden proceder ao acto simbólico de debuxar a silueta da vítima,  xa que existen ordes da actual responsábel de Igualdade do Concello de Ferrol, Verónica Casal Míguez, de prohibirllas debuxar.

    Dado que era unha orde da Concellaría de Igualdade, deciden solicitar unha reunión coa súa responsábel, Verónica Casal Míguez, mais ista se mantén na súa postura de prohibilles pintar a silueta  a muller asasinada, baseando a súa prohibición na Ordenanza municipal de ”Limpeza e recollida de residuos”, que prohibe fazer pintadas. 

    Dende a organización de mulleres, pensan que "nin á Marcha MM nin ao conxunto da cidadanía da nosa Comarca lle ten que valer que o Grupo de Goberno do PP asimile unha acción de puramente simbólica de concienciación cívica, cun acto de puro vandalismo, máxime cando no transcurso de actividades deportivas (voltas ciclistas, etc) se fan pintadas no chan e non hai ningún tipo de problema".

    Dada a situación, veñen de manter unha unha reunión cos grupos da oposición (EU, BNG e PSOE) os cuais decidiron que no vindeiro Pleno do día 28 de febreiro van presentar unha moción, donde ademáis unha representante da Marcha intervirá no Pleno.

    Dende a Marcha MM nos piden que acudamos a este Pleno para amosar o noso apoio a esta moción, e para que a Marcha Mundial das Mulleres poda seguer debuxando no chan ao pé do Concello as siluetas das vítimas cada vez que é asasinada unha muller víctima da violencia machista.

    "Imos acudir a este Pleno vestidas todas de negro como medida de protesta, todas as persoas que poidades, por favor, facede o mesmo", din elas.

    Agárdanos a todas as persoas este xoves 28 de febreiro ás 19.00h no salón de plenos do Concello de Ferrol.


    Ir a descargar

    Redacción informativos RFM
    Related Posts with Thumbnails