Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador colectivos sociais. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador colectivos sociais. Mostrar todas as postagens

23 março, 2014

As rádios libres teñen principios e dignidade. Programación Especial 22M en Rádio FilispiM, 93.9 FM

En Rádio FilispiM, 93.9 FM, o antes, durante e o despois das MARCHAS DA DIGNIDADE en Madrid. Programación especial.


Venres 21M 

Entre as 22:30 até as 24:30 h: programación especial da Red Más Voces.
As horas previas ao 22-M contadas en "La Noche de La Dignidad".


Ségueo en:

Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrolterra).

Sábado 22M

Entre as 12:30 e até as 14:00 h: especial Informativos Locais de Rádio FilispiM.
Dende o estudio, en Caranza-Ferrol, conexións coas columnas de Ferrolterra que participan en Madrid nas Marchas da Dignidade. O que acontece en Madrid contado polas voces de Ferrolterra.

Entre as 15:00 até as 23:00 h: especial de Ágora Sol Radio. 
A radio guerrilla dende as rúas de Madrid, contando o que pasa con dignidade.

Ségueo en:

Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrolterra).
http://archive.org/download/agorasolradio.m3u/agorasolradio.m3u

As radios libres teñen principios e dignidade!!!. SINTONIZA!!! e PARTICIPA!!. DIFUNDE!!.
+ info en: 
http://www.masvoces.org/Dias-21-y-22-de-Marzo-cobertura-de
http://agorasolradio.blogspot.com.es/

20 março, 2014

O recuncho nº 177


Mércores, 19 de marzo de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 177, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitado: André Martínez Cés, da Marcha pola Dignidade – Ferrolterra: “22 M, tod@s a Madrid”
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa.
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Leopoldo María Panero
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música:
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

09 março, 2014

II Jornadas en conmemoraçom do 10 de Março do 1972, Colectivo Chimarrao (Bertom-Ferrol).


II Jornadas en conmemoraçom do 10 de Março do 1972, Colectivo Chimarrao (Bertom-Ferrol). 11, 13, 14 e 15 de Março, 2014.

10 de Marzo de 1972, unha data clave para para a historia obreira galega. 

Dentro e fóra da factoría loitábase por una mellora salarial e das condicións laborais, que naquel momento consistian en longas xornadas de doce horas que se cobraban como se foran de oito. Aquelas mobilizacións comarcais tiveron como ponto de inflexión o asasinato o 10 de Marzo do 72, por parte da policía franquista, de Amador e Daniel e de centos de traballadores feridos nas rúas de Ferrol. Istes acontecementos trascenderon na historia sendo a data do 10 de Marzo do 72, lembrada para sempre, na luita obreira da cidade e mesmo de todo Estado español. É de remarcar o nível de solidariedade e unidade acadado por todos os traballadores da factoría e de de fóra dela, cando milleiros de asalariados da comarca camiñaban xuntos nunha mesma dirección, en prol do progreso persoal e colectivo.

A propósito desta data, en conmemoración dela, o Colectivo Chimarrao (Bertón-Ferrol) vén de organizar unhas II Xornadas, baixo o título: "1972-2014. Reencaminhando as luitas obreiras". Sobre destas Xornadas, como xurden e como se plantexan, falánnos Paki e máis Fran, dous dos integrantes do Colectivo Chimarrao. O audio está tirado do programa de Rádio FilispiM, Divertimento para pequenos monstros. (escoita neste enlace a entrevista completa).

Redacción Informativos Rádio Filispim 


Cunha radio:

08 março, 2014

Divertimento - Especial II Xornadas 10 Março ´72 do Colectivo Chimarrao & conversa con Machina.


Nova edición de Divertimento para pequenos monstros, en pleno Entroido, donde Ana Lucecú veu do revés o Pequeno Monstro locutou facendo o pino e os nosos convidados se intercambiaron a roupa. Ademáis, os nosos ouvintes permaneceron espidos durante todo o programa... Quen da máis?

Contiúdos:

  • Axenda Divertimento.
  • Especial 10 de Março. No estudio integrantes do Coletivo Chimarrao, que falaron das II Jornadas conmemorando o 10 de Março do 72, que principiarán o martes 11 deste mes. Ademáis, falamos con integrantes de MACHINA, que fecharán as Xornadas o sábado 15 xunto a banda local XAVONAROLA nun concerto no Chimarrao, Berton-Ferrol (+ info: https://www.facebook.com/events/357305967741117/).
  • Destruimos aínda máis Ferrol Vello.
Apresentan: Ana Lucecú & Pequeno Monstro. 
Emiten: Rádio Filispim Colectivo OpaiiCuac FM e Rádio A Kalimera Rádio Livre



Todos os programas en:  http://pequenosmonstros.blogspot.com

06 março, 2014

II Jornadas do 10 de Marzo, Colectivo Chimarrao (Bertom-Ferrol).




II Jornadas do 10 de Marzo, Colectivo Chimarrao (Bertom-Ferrol).
1972 - 2014: Reencaminhando as luitas obreiras

Este ano as jornadas organizadas polo Coletivo Chimarrao em comemoraçom do 10 Março do 72 constarám de diversas atividades ao longo da se gunda semana de Março.

Empezaremos a terça 11 de Março às 19:00 horas na A.V. de Esteiro (Rua Fernando VI no bloque I), com umha palestra baixo o título "Autoorganizaçom obreira, sujeito, modelo, alcance e repressom", na que intervirám: Xam Lopes, Fernando Ramos Armesto e um membro da CNT.

Seguiremos a quinta 13 de Março às 19:00 horas no Ateneo Ferrolám (Rua Magdalena 202-204), com outra palestra entitulada "Dinamizaçom da luita obreira", em ela falarám-nós Inácio Mártinez e um membro da CNT.

Continuaremos a sexta 14 de Março às 19:00 horas na Galeria Sargadelos (Rua Rubalcaba 30-32) com a última das palestras baixo o nome "Discriminaçom sexual por grémios e sexualizaçom do trabalho", como ponhentes teremos a Lupe Cés e Lola Ferreiro.

Para rematar o Sábado 15 de Março às 21:00 (sede pontuais) teremos no Bar Chimarrao (Rua sartanha 61) o concerto de Machina e Savonarola. A entrada será de balde.
Evento no facebook:
coletivochimarrao@gmail.com
www.facebook.com/coletivo.chimarrao

Fonte: Colectivo Chimarrao - Ferrol
Audios: informativos de Rádio FilispiM.

Nova completa:

Cunha radio:

04 março, 2014

Manifestación e Asembleas em Ferrol em apoio as Marchas da Dignidade


O mércores 26 de febreiro celebrouse a manifestación em apoio às Marchas da Dignidade em ferrolterra, umha manifestación simultánea nas sete cidades principais de Galiza. Ao remate da mesma, fíxose un chamamento a participar na mobilización convocada, para ao día seguinte, pola Alianza Social Galega. Também se convocou para o luns 3 de Marzo às 18:00 h. no Centro cívico de Caranza a unha Asemblea aberta das Marchas en Ferrolterra para continuar coa organización da participación de Ferrolterra nas Marchas da Dignidade o vindeiro 22 de Marzo en Madrid.

De seguido, ouvimos o manifesto lido o pasado 26 de febreiro de 2014 ao finalizar a manifestación de Ferrol em apoio as Marchas da Dignidade.

02 março, 2014

DIVERTIMENTO - Marchas da Dignidade - Alianza Social Galega - Represión Sindical - Especial Voluntariado UDC Campus Esteiro-Ferrol.


Nova edición de Divertimento para Pequenos Monstros. Dúas horas de contidos interestelares.
  • Pan, teito e dignidade. Quentando motores para as Marchas da Dignidade que confluirán en Madrid o vindeiro 22 de marzo de 2014. Comunicado final da manifestación do pasado mércores 26 de febreiro en Ferrol. 
  • Para variar, escoitamos a versión dos sindicalistas detidos pola policía en Ferrol, por defender a Sanidade Pública. 
  • Manifestacións da Alianza Social Galega no país, tamén en Ferrol. Aconteceu o pasado xoves 17 de febreiro. Escoitamos o comunicado final. 
  • Especial Voluntariado da UDC-Campus Esteiro. Conversamos con Vanessa Míguez (Técnica da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Univ. da Coruña - Campus Ferrol), Aroa Fandiño (coordenadora), Daniel Pena e Lorena López. Durante case unha hora pronfundamos verbo do programa de voluntariado no que traballan, a educación para o desenvolvemento. 
Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.
Difunden: Rádio Filispim (Ferrol), Rádio Kalimera (Compostela) e Cuac FM (A Coruña).
Programa completo:


Escoita aquí o Especial Voluntariado UDC Campus Esteiro-Ferrol:

+ info: http://pequenosmonstros.blogspot.com

26 fevereiro, 2014

Ferrol mobilízase de cara as Marchas da Dignidade do 22 de Marzo en Madrid.


O 22 de Marzo van confluír en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, está unindo a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos. Hai un apoio moi importante do movemento sindical e político alternativo e anticapitalista e dos movimentos sociais.

En Caranza, coma noutros bairros de Ferrol, Galiza ou o Estado, vén de constituirse unha Columna que está a fomentar a participación nas Marchas da Dignidade que confluirán o 22 de Marzo de 2014 en Madrid. Estes días no estudio de Rádio FilispiM, dentro do espazo Divertimento para pequenos monstros, estiveron André e Daniel que explicaron
 o porqué desta columna "caranzeira".

Informou o Pequeno Monstro para os informativos de Rádio FilispiM.
(Redacción Informativos de Rádio FilispiM)



+ info:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
http://marchasdeladignidad.org/

facebook: https://www.facebook.com/groups/265451853621237/?fref=ts

03 fevereiro, 2014

Novas Locais. O Ateneo Ferrolán reinvéntase.


A nova directiva e cadro de persoal do Ateneo Ferrolán comeza a traballar con ilusión, ideas e colaboración mútua. A nova directiva vén de chegar a un acordo co cadro de persoal para unha redución temporal dos seus salarios, até equilibrar as contas da institución. Ademáis, adaptan as cotas de socios para persoas en situación de desemprego ou mesmo incorporan cotas especiais para integrantes dunha mesma familia... 

Toda a información neste audio.

Informou Miguel Castro para os informativos de Rádio FilispiM.
(Redacción Informativos).

18 janeiro, 2014

DIVERTIMENTO - Organismo anti-represivo Ceivar, Asociación Que Voltem para a Casa & nova Asemblea estatal de Radios Libres.


Divertimento para pequenos monstros, edición do venres 17 de xaneiro de 2014, dúas horas de monstrosos contiudos...
  • No estudo dous integrantes do organismo popular anti-represivo CEIVAR, que nos falan da situación de acoso a que se ven sometidos @s independentistas no noso país e do espallamento anti-constuticional das persoas presas políticas galegas ao longo do Estado.
  • Ademáis falamos da Asociación Que Voltem para a Casa, formada por familiares, amigos e amigas dos pres@s políticos galegos, verbo da VIII Marcha ás Cadeias que baixo o lema "Até que nom voltem eles iremos nós",  partiu o sábado 18 de xaneiro de diversos pontos do país até as cárceres espalladas por todo o Estado.
  • Por último, falamos con J.M. Marshall, un dos integrantes de Rádio Topo, lexendaria radio libre de Zaragoza que forma parte, xunto a unha dúcia de emisoras, dunha nova Asemblea de Radios Libres no Estado español que na súa constitución, o pasado mes de novembro en Zaragoza, retomaron os principios do Manifesto de Villaverde, asumido polas radios libres en 1983: "carácter non profesional, autoxestión, servizo á comunidade, contra o monopolio e centralización da información, difundir a realidade, enfrontamento radical contra todo tipo de relación social de dominación e aposta por unha forma de vida alternativa á actual..." (texto completo no enlace).
Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.
Emiten: Rádio FilispiM (Ferrol), Rádio Kalimera (Compostela) e Cuac FM (Coruña).

16 dezembro, 2013

A loita das praceiras e praceiros de Pontedeume, un exemplo de dignidade.


Durante estas últimas semanas en diversos programas de Rádio FilispiM, levouse a cabo un seguimento do que está a acontecer cos praceiros e praceiras de Pontedeume. Algunhas voces fixéronse habituais nesta sintonía, coma a de Carmen López Pedro, unha das voceiras do colectivo de praceirxs. 

Foron días moi tensos. 42 días e 42 noites durou a batalla na rúa, mais o conflicto continúa. Manuel Torrente, alcalde do radical Partido Popular que, alleo aos intereses o pobo eumés, semella provir doutra galaxia, o impide...

No tempo de informativos de Rádio FilispiM, ouvimos de novo as voces dos e das protagonistas nun audio rexistrado polos compañeiros de Galiza Contrainfo, así como as reflexións destes últimos días de Carmen López, nunha loita que continúa.

Voces dxs praceirxs e son ambiente, tirado de: Galiza Contrainfo (http://galizacontrainfo.org/)
Segue a luita dos praceirxs en: https://www.facebook.com/groups/1388530921387094/?fref=ts

Informou o Pequeno Monstro para Rádio FilispiM.

13 dezembro, 2013

DIVERTIMENTO - Especial "Ley Seguridad Ciudadana", Xornada de Lactancia de BBTTA no ATeneo e contacto cos Praceirxs de Pontedeume.

DIVERTIMENTO para pequenos monstros, do venres 13 de decembro de 2013. Dúas horas de monstrosos contiudos...
  • Especial "LEY DE SEGURIDADE CIUDADANA", a Lei da Mordaza. Todo o que tes que saber da Lei Mordaza, o non vai máis no recortes das liberdades do PP. Coa participación de Meli Criado, Paki López e Pedro Ferrández.
  • Conexión con Carmen, voceira dos PRACEIROS DE PONTEDEUME que hoxe venres 13 de decembro, tras 42 días (coas súas noites), levantan o campamento na rúa, mais seguen ninguneadxs polo Alcaide de Pontedeume, o "popular" Torrente, o brazo tonto do PP eumés. + info: htps://www.facebook.com/groups/1388530921387094/?ref=ts&fref=ts

Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.
Emiten: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol) Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela) e Cuac FM, 103,4 (A Coruña), emisoras libres e comunitarias na Galiza.

12 dezembro, 2013

Estupenda resposta na Folga de 48 h. contra o desmantelamento da Sanidade Pública en Galiza.


Mlleiros de persoas nas rúas de Ferrol como colofón aos dous días de folga na Sanidade Pública Galega.

Entre as reivindicacións da folga de 48 horas, do pasado 9 e 10 de decembro, están as de carácter laboral mais tamén as que tocan de perto á cidadanía en xeral, coma a xa máis ca evidente perda do dereito á sanidad pública, gratuita, universal e de calidade no SERGAS, organismo que xestiona a sanidade pública na Comunidade Autónoma de Galicia.

A implantación do "re-pago" de medicamentos, a eliminación de postos de trabalho debido ás taxas de reposición das vacantes de tan só o 10%,  a privatización da sanidad pública, os contratos precarios, o incremento das listas de espera, os recortes salariais e a pérdida de dereitos laborais dos profesionais da sanidade, foron outras das razóns da folga.

En Ferrolterra, a folga tivo o maior seguimiento de toda Galiza. Na manifestación de Ferrol, coreáronse consignas coma: "Por riba de enfermar fannos repagar", “Sanidade pública e de calidade” ou "Feijóo, entende, a saúde non se vende!!!".

A convocatoria que contou co apoio de case todos os sindicatos e moitos colectivos sociais e do sector, non contou co apoio da UGT e, como non podía ser doutro xeito, foi avaliada coma de baixa incidencia e cualificada de "folga política",  polo dereitista Goberno da Xunta e o conxunto da reacción no noso pais.


Redacción Informativos de Rádio FilispiM.

04 dezembro, 2013

Novas Locais. FOTOGRAFIAS SONORAS, Manifestación 01/12/2103, Ferrol.


Manhá do domingo 1 de decembro de 2013. Vai friaxe en Ferrol, mais está despexado. O que non semella tan claro é o futuro que se cerne sobre a Comarca de Ferrolterra, unha negra sombra alimentada polas erráticas e malintencionadas políticas e por aqueles que as consinten... Mais, a poboazón de Ferrol e Comarca non perdeu a dignidade e, unha vez máis, tomou as rúas nunha xornada especialmente reividicativa e dura. Manhá non haberá traballo. A equipa de Informativos de Rádio FilispiM colleu un micro, vontade e realizou ista serie de fotografias sonoras con voces ben diversas, non só as das "grandes siglas", senón as das pequenas organizacións e, sobre todo, as voces da xente, persoas humanas con voz propia. Isto foi o que aconteceu...

Recortes sonoros (1). Manifestación - Ferrol 01/12/2013:
1. Praza Inferninho. Antes de partir, mulher comprometida.
2. Comeza a manifestación, dúas mozas de 18 anos.
3. Estrada Castela, dous xubilados no naval.
4. Perto de Praza España, nai trintañeira con neno pequeno.



Recortes sonoros (2):
1. Perto de Praza Espanha, tres xubilados.
2. Praza Espanha. Bruno, Nos-UP.
3. Praza Espanha. Nai e filla, 38 e 51 anos.



Recortes sonoros (3):
1. Rúa do Sol. Pepe Leira, Sociólogo e profesor universitario do Campus de Ferrol.
2. Os reporteiros da FilispiM avalliando a manifestación, a pé de micro.



Recortes sonoros (4):
1. Rua do Sol. Trabalhadora dun Restaurante ás portas do negocio vendo pasar a marea humana.
2. Rua do Sol a altura da Praza de Armas. Visión da manifestación dos reporteiros de Rádio FilispIM.
3. Praza de Armas, Manolo Cendán - PSOE-Ferrol



Recortes sonoros (5):
1. Praza de Armas, rapaza 32 anos.
2. Senhora que vai en direccion contraria a manifestación.
3. Joam Lopes. CIG Admón-Ferrol.
4. Senhora que vai en dirección contraria a manifestación (reprise).



Recortes sonoros (6):
1. - Praza de Armas. Xuventudes Comunistas, Jacobo e Begoña.
2. - Escadas da Praza de Armas. Plataforma Nunca Máis, Nes.



Recortes sonoros (7):
1. Praza de Armas, rapaz e rapaza 18 anos.
2. Escadas Praza Armas, Victor Ledo, Secretario General Federación de Industria CCOO.



Recortes sonoros (8):
1. Praza de Armas, rapaza 32 anos.
2. Praza de Armas.  Xabi. CNT Ferrol,



Recortes sonoros (9):
1. Praza de Armas, fin manifestación. Ibán Rivas, BNG Ferrol.
2. Praza de Armas. Jorge Suárez. EU-IU Ferrol.



Recortes sonoros (10):
1. Rematada a manifestación, ao pé das escadas da Praza de Armas. Jorge Porto, El Militante.



Recortes sonoros (11):
1. Estrada de Castela, perto da Praza Espanha. Tres xubilados indignados.
2. Muller con presas en dirección contraria a manifestación.
3. Praza de Armas, findou a manifestación. Nai nova co seu fillo de 6 anos.



Audios producidos polo grupo de Traballo de Informativos de Rádio FilispiM, 93.9 FM (libre e comunitaria). Redacción Informativos.

01 dezembro, 2013

Novas Locais. Ferrolterra ESIXE solucións. Audios concentración `Noite Defuntos´.


Na noite do pasado venres 29 de novembro de 2013, milleiros de persoas achegáronse á Praza de Armas de Ferrol, `armados´ de cabazas e fachos, secundado a convocatoria da práctica totalidade dos sindicatos da comarca en defensa do Sector Naval e baixo a mesma bandeira e lema, Ferrolterra Esixe Solucións´. O obxectivo, unir as conciencias dun xeito simbólico, para facer fronte a Longa Noite de Pedra que se aveciña ante a nula carteira de pedidos dos Asteleiros da Comarca, como consecuencia da neglixente xestión dos responsábeis políticos. Daquela, compre mobilizarnos.

Tras desa noite reivindicativa, aínda vivas as sombras dos fachos acendidos e das formas amezantes da cabazas, todo está preparado para que este domingo 1 de decembro de 2013 conflúan, nunha mesma MANIFESTACIÓN, dúas luitas: a da defensa do Naval e a da indignación pola recente sentenza do Prestige. A manifestación, que se prevé multitudinaria, partirá este domingo as 12:30 h. da praza do Inferniño.

Dende os informativos de Rádio FilispiM, animámosvos a sair hoxe domingo á rúa e unirse a convocatoria, donde todas as siglas, colectivos e persoas marcharán cun mesmo obxectivo, como ciudadáns éticamente incombustíbeis non resignados.

Audio: tirado do video producido polo Colectivo Ártabra 21 e editado polo grupo de traballo de Informativos de RFM.



Pequeno Monstro, Redacción Informativos de Rádio FilispiM.

27 novembro, 2013

Novas Locais. O Alcalde de Ferrol "pía" agora, mentres continúan as mobilizacións en defensa do Sector Naval.


Tarde piaches?
Nunha carta dirixida a todas e todos os ferroláns con data de martes 26 de novembro de 2013 o Alcalde de Ferrol, pide agora "...unha contundente resposta cívica fronte á incompetencia na xestión dos estaleiros na nosa ría, sen carga de traballo dende hai seis anos..."; ademáis engade: "é o momento da solidariedade co naval e de asumir a nosa responsabilidade en defensa dos intereses de Ferrol por encima de todo. É o momento de reclarmarlle un cambio de prioridades aos gobernos de Madrid e Bruxelas." A carta finaliza cunha petición: "... pídovos que participedes nos actos de protesta e presión para esixir TODOS XUNTOS TRABALLO PARA O NAVAL. FERROL NON SE RENDE."

Pola súa banda, diversas organizacións e colectivos continúan a denunciar, como sempre,  a calamitosa situación da industria naval na nosa Comarca ao través de diversas CONVOCATORIAS. As máis inmediatas son as seguintes:
  • Venres 29 de novembro, na Galería Sargadelos (R/ Rubalcava, 30-32), a partir das 19:30 h., apresentarase o documentario "Carga de Dignidade", de Xosé Bocixa, realizado a partir da acción colectiva a altura da antigua porta de Bazán.
  • Horas máis tarde, o mesmo venres 29,  baixo o lema "Ferrolterra esixe solucións", concentración comarcal na Praza de Armas a partir das 21:00 h.  á que se pide aos acudir con fachos e cabazas nunha "noite de vixilia".
  • Xa para o domingo 1 de decembro, MANIFESTACIÓN en Ferrol, convocada polos Comités de Navantia Fene e Ferrol, así como polos Comités das compañías auxiliares.
Podes seguir as múltiples Convocatorias en Defensa do Sector Naval, entroutros enlaces, en:  https://www.facebook.com/ferrolterraesixesolucions  ou  http://artabra21.blogspot.com.es/


Informou o Pequeno Monstro para os Informativos de Rádio FilispiM.

24 novembro, 2013

Novas Locais. Lei de "Seguridade Cidadá" ou de Represión pura e dura? (Sin Fronteras).


Lei de Seguridade Cidadá? Non. Lei de Represión Cidadá, pura e dura.

A mal chamada "Lei de Seguridade Cidadá" estabelece durísimas multas, de ata 600.000 €, por gravar á policía ou a participar en  mobilizacións coma os chamados "scraches". Un auténtico despropósito de Lei que sitúa ás liberdades no Estado español nos tempos da Dictadura do Xeneralísimo Franco (por la Gracia de Dios), donde a cidadanía perderá mesmo o dereito a manifestar a súa rabia e indignación (único recurso que lle quedaba) ante recortes de dereitos e liberdades a esgalla.



A pasada semana dentro da "Sección de Celso", dentro do programa Sin Fronteras de Radio Filispim, Celso Posada, Susana Alaniz e Pablo Melaski, reflexionaron sobre desta mal chamada "Lei de Seguridade de Cidadá". A súa activación supón un regreso ao pasado, coma acontece con outras medidas políticas do absolutista Goberno do PP (Lei contra do dereito ao aborto, Lei da Educación, LOMCE...). Escoitamos as súas voces.


Redacción Informativos de Rádio FilispiM.

DIVERTIMENTO - Especial concertos Colectivos CGTH & Chimarrao.

Os cartaces de ambos eventos unidos para sempre...
































DIVERTIMENTO para pequenos monstros. Emisión do venres 22 de novenbro de 2013; dúas horas de perigosos contiúdos...
  • No estudio WEATHER UNDERGROUND (Oscar Quant, Oscar Kay & Porto Rightnow) que xunto á CURTINAITIS, tocarán o vindeiro venres 29 de novembro na Sala Super Ocho de Ferrol, dentro da festa rockandroleira do Colectivo CGTH (Cretins Go To Heaven), con pinchada final no Pub Carteles.
       + info: https://www.facebook.com/events/647265388657995/
       & https://www.facebook.com/weatherundergroundGZ/info

  • No estudio o COLECTIVO CHIMARRAO do bairro de Bertom, Ferrol. Apresentando os concertos que explosionarán o vindeiro sábado 30 de novembro no Chima: THE BROSAS + ESQUIOS + OS DERRADEIROS. Entrada anticipada 3 €, em bilheteira 5 €. Conversamos con Cipri, Fran, Chute, André, Brais e Paki e tivemos contacto con integrantes das perigosas bandas: The Brosas, Esquíos e Os Derradeiros.
       + info: https://www.facebook.com/events/590390637687173/?fref=ts 
       & https://www.facebook.com/coletivo.chimarrao?directed_target_id=0 

Conduce a apresenta: o Pequeno Monstro.

Transmite: Rádio FilispiM, 93.9 FM  (Ferrol), Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela) & Cuac FM, 103.4 (A Corunha).

+ info: http://pequenosmonstros.blogspot.com

23 novembro, 2013

Novas Locais. "Un ataque político en toda regla ao Ateneo Ferrolán...".


Nos informativos de Rádio FilispiM recuperamos o audio desta semana de "O Espertar da Razón", a sección semanal de José Torregrosa dentro de o programa O Recuncho do Colectivo Fuco Buxán, que emite Rádio FilispiM, 93.9 FM.

José Torregrosa, Victor Novás e Fernando Ocampo, comentan entre outras cuestións: "Esto es un ataque político en toda regla para desestabilizar una institución y lo más grave es que haya asociaciones que se sumen, de manera instrumental, para hacer esa tarea sucia que está dirigiendo el Concello de Ferrol...", en clara referencia a Directiva da A.VV do Centro de Ferrol e a Concellaría de Cultura dirixida por Manuel Reyes-García Hurtado.



Redacción de Informativos da Rádio FilispiM.

18 novembro, 2013

Novas Locais. Acción colectiva surreal no Ateneo Ferrolán patrocinada polo Concello.


O que van vostedes ouvir de seguido é a fotografia do actual estado das cousas no edificio do Ateneo Ferrolán. Os antecedentes que fixeron que se chegara a esta situación xa os coñecen: a cesión de parte do edificio do Ateneo, por iniciativa unilateral do Goberno do Partido Popular, a outras entidades logo da sua rehabilitación, no último momento e sen dialogo previo co Ateneo. É dicir, a traición.

O que aconteceu no serán do pasado venres 15 de novembro ás portas no propio Ateneo foi o resultado mesmo de tal "desaguisado", patrocinado polos irresponsables do actual Goberno do Concello de Ferrol, en mans do surrealista Partido Popular.

Os elementos que os ouvintes deben pór en imaxe, antes de ouvir o seguinte audio, son: o Ateneo Ferrolán, unha AVV do Centro, unha televisión local propiedade da presidenta da referida asociación, o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), Man (o de Camelle), Manuel-Reyes-García-Hurtado (o de Cultura), a Policía Municipal e, para rematar, o Real coro Toxos e Froles...

Saquen vostedes a súas propias conclusións. A visión da outra parte será televisada...
Miguel Castro & Pequeno Monstro para os informativos de Rádio FilispiM.
Related Posts with Thumbnails