Xa podedes escoitar o segudo programa do recentemente estreado Escarnio! Desta vez, centramos o análise principal na vindeira folga estudantil dos días 21, 22 e 23 de outubro. Debatemos sobre as súas causas, obxectivos, métodos, etc. Contamos temén coa intervención telefónica en directo de estudantes doutros puntos do Estado implicados na organización desta importante cita para o estudantado.
Ademais, contades co espazo informativo onde enterarvos das novas que non lle oiredes a Matías Prats, así como a sección cultural con novas recomendacións para disfrutar esta semana.
Quenes escoitárades o primeiro programa, non perdades as novidades e innovacións que vos traemos neste. E lembrade que podedes enviar as vosas achegas e comentarios ao noso correo radioescarnio@gmail.com
Escoita, participa e súmate ao Escarnio!
Fe de erratas: Dise nun momento dado que a reemisión é os luns ás 11:30, cando en realidade é ás 11:00.
Colabora na autogestom!
Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023
Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]
Mostrando postagens com marcador Novas Locais. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Novas Locais. Mostrar todas as postagens
15 outubro, 2014
13 outubro, 2014
Mohamed Safa ofereceu unha conferencia na Galería Sargadelos.
O pasado 21 de setembro as 20.00 h, Mohamed Safa, ex delegado da OLP (Organización para a Liberación de Palestina), ofereceu unha conferencia na Galería Sargadelos de Ferrol, baixo o título “Palestina, despois da ocupación". Este é un extracto da palestra...
Toma de son: Rádio FilispiM.
Redacción Informativos Rádio FilispiM.
A xestión pública do auga en Ferrol.
O pasado mércores, 8 de outubro de 2014, tivo lugar unha nova edición de O Recuncho, o programa da A.C. Fuco Buxán, ao través de 93.9 FM Ràdio FilispiM. Coma convidados estiveron Alexandre Carrodeguas (Verdegaia) e Ernesto Lópes “Nes” (ADEGA), integrantes da Plataforma para Xestión Pública da Auga e Saneamento da Ría de Ferrol. Nos informativos de Rádio Filispim, rescatamos parte das súas intervencións...
Redacción Informativos Rádio FilispiM.
20 setembro, 2014
Concentración en Apoio ao Ateneo Ferrolán, 16/09/2014. Recortes sonoros.
O pasado martes 16 de setembro de 2014, máis de 500 persoas achegáronse a Praza do Concello de Ferrol para APOIAR ao Ateneo Ferrolán, fronte ao acoso do actual goberno do PP en Ferrol, co seu Alcalde, José Manuel Rey Varela como máximo responsábel. O acto serviu para constatar a concienciación da cidadanía, ante a desfeita e mala fé co tecido cultural, por parte de Manuel Reyes-Hurtado, Concelleiro de Cultura. Un auténtico despropósito sen precendentes, canto a xestión cultural e relación coas Asociacións e Colectivos, que pasará a historia por "inesquecíbel", unha auténtica filigrana do enredo.
A presente reportaxe sonora, rexistrada pola equipa de Informativos de Rádio FilispiM, 93.9 FM, libre e comunitaria, recolle as opinións de cidadáns e cidadás, comunicados dalgúns dos colectivos e asociacións que participaron no acto, da representante da sección sindical da CNT, do presidente do Ateneo, así coma o Manifesto da asinado polo Ateneo e refrendado por numerosos colectivos.
Recortes sonoros (1).
- Guillermo, un cidadá.
- Ismael e Mónica, cidadás.
- Fer, integrante de Fuco Buxán, Colectivo Opai!!-Rádio FilispiM e Ateneo Ferrolán.
Recortes sonoros (2).
- Comunicado integrante da Asociación Memoria Histórica Democrática (extracto).
- Comunicado Sección Sindical CNT no Ateneo.
- Eliseo Fernández, presidente do Ateneo Ferrolán.
Recortes sonoros (3).
- Manifesto do Ateneo Ferrolán, lido pola integrante da Asociación, Ángeles Seoane.
- Helga, actriz e integrante do Ateneo. Canto de Amor e Liberdade (letra de Nina Simone).
- Voces das persoas asistentes: "Non ao roubo do Ateneo!!!!!".
- Karloti, Guillermo, José Luis e Manolo, cidadáns.
- Aina e Gabi, meniñ@s (5 e 6 anos respeitivamente).
- Gloria e Manola, cidadás maiores.
- Carmen, cidadá.
+ info: campaña http://salvemosoateneo.blogspot.com
Redacción informativos Rádio FilispiM.
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
1:57 PM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
Ateneo Ferrolán,
colectivos sociais,
Informativos Rádio FilispiM,
Josman,
Manuel Reyes-Garcia Hurtado,
Novas,
Novas Locais,
sindicalismo
17 setembro, 2014
Rádio FilispiM inicia nova grella radiofónica, a décima.
Rádio FilispiM cumprirá este curso radiofónico que comeza, 2014/2015, 10 anos facendo rádio libre e comunitaria na comarca.
Rádio FilispiM é a principal actividade do Colectivo Opaíí! (Ondas Para Activación da Información Independente). Unha radio sen ánimo de lucro, autoxestionada, sen patrocinadores, que non emite publicidade, enmarcada no terceiro sector da comunicación, integrada na ReGARLIC [Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias] e na ReMC [Rede Estatal de Medios Comunitarios].
Rádio FilispiM, cumprirá 10 anos de emisións ininterrompidas en agosto de 2015, sen que os fundamentos da súa activación teñan mudado; 10 anos nos que foron amplificadas as voces de centos de persoas, colectivos e asociacións da nosa comarca.
Aberto o prazo para presentación de novas propostas.
Rádio FilispiM aproveita esta nova grella para visualizar a súa actividade e convidar a todas as persoas a interesarse e participar no proxecto. As persoas, Colectivos ou Asociacións interesadas deberán enviar comunicación ao correo electrónico: filispina@gmail. com. No apartado “Quen Somos?” do noso blog [http://opaii.blogspot.com], atópase o ideario fundacional do Colectivo Opaíí!.
Áulas de técnicas de radiodifusión básicas e Actos do 10 aniversario.
Durante os vindeiros días Rádio FilispiM levará a cabo áulas de formación básica co obxecto de ensinar técnicas de radiodifusión básicas aos futuros responsábeis dos programas. Ademaís, a Asemblea do Colectivo Opaíí!, comezará a perfilar os Actos para a celebración do 10 aniversario das emisións ininterrompidas da primeira radio libre e comunitaria da nosa comarca, Rádio FilispiM, 93.9 FM.
Ferrol, 9 de setembro de 2014
Colectivo Opaíí! – Rádio FilispiM, 93.9 FM
Rádio FilispiM aproveita esta nova grella para visualizar a súa actividade e convidar a todas as persoas a interesarse e participar no proxecto. As persoas, Colectivos ou Asociacións interesadas deberán enviar comunicación ao correo electrónico: filispina@gmail.
Áulas de técnicas de radiodifusión básicas e Actos do 10 aniversario.
Durante os vindeiros días Rádio FilispiM levará a cabo áulas de formación básica co obxecto de ensinar técnicas de radiodifusión básicas aos futuros responsábeis dos programas. Ademaís, a Asemblea do Colectivo Opaíí!, comezará a perfilar os Actos para a celebración do 10 aniversario das emisións ininterrompidas da primeira radio libre e comunitaria da nosa comarca, Rádio FilispiM, 93.9 FM.
Ferrol, 9 de setembro de 2014
Colectivo Opaíí! – Rádio FilispiM, 93.9 FM
Informativos de Rádio FilispiM
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
12:33 PM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
colectivos sociais,
Comunicados,
Comunicados do Colectivo Opaii!,
Informativos Rádio FilispiM,
Novas Locais,
Terceiro Sector Comunicación
05 julho, 2014
I Sesión Golfa de Rádio FilispiM. Fin de Grella, 2013/2014
Este venres 4 de xullo na traseira do Mercado de Caranza, de 20:00 a 23:00 h, acontecerá a 1ª "Sesión Golfa" do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM.
Durante tres horas realizaremos un programa de radio en vivo e directo donde moitos dos programas de Rádio FilispiM, e persoas do Colectivo Opaii!, avaliarán o curso radiofónico que vén de findar.
Ademáis, por vez primeira, Batalla de Dj,s Filispinianos. O rock, trash-rock, punk, o pop, ska, folk, fusión, a música disco... e todos os estilos musicais que enchen a grella da Filispim, protagonizarán este batalla de Dj,s, "comandada" polas persoas que dan voz a programación habitual da radio libre e comunitaria de Ferrol.
Como non podía ser menos, non faltará a rica cervexa, saboroso calimotxo, e refrescos... e, como non, os nosos xa famosos e saborosos pinchos!!!. Ademáis, durante o programa especial realizanse sorteo de camisolas filispininas!!.
As "Sesións Golfas" pretenden ser ser un espazo de ousadía, rebeldía, contestación radiofónica, desenfado e bo humor, dende as ondas libres e comunitarias da Terra de Trasancos, Rádio FilispiM, 93.9 FM.
Este venres, de 8 a 11 da noite, na Traseira do Mercado de Caranza, pásate pola radio libre e tómate algo, golf@!.
03 julho, 2014
O Recuncho nº 189
Mércores, 2 de xullo de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada. Até o fin de Agosto, cada mércores emitimos unha grabación con novos temas ou recopilación de programas anteriores.
“O Recuncho” nº 189, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Reposición do programa máis escoitado da historia de O Recuncho : “Especial Eleccións Parlamento Europeo” Tertulia do programa nº 184 (do pasado 28 de maio) cos seguintes Invitados: Beatriz Sestayo (PS d G-PSOE), Manel Cardoso (AGE), Mercedes Tobío (BNG), José Antonio Santiago (Podemos)
Novas e comunicados de actualidade
Música: Luar na Lubre.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com
18 junho, 2014
O Recuncho nº 187

Mércores, 18 de xuño de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 187, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Entrevista a Juan Torres, Catedrático de Economía e membro de ATTAC: “Elecciones Europeas y Ciudadanía”.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ”Una Paloma de vuelo socialista ”
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Arcipreste de Hita
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música: virtuosos de la guitarra
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
11:46 PM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
entrevistas,
Fuco Buxán,
Juan Torres,
músicas sen fronteiras,
Novas Locais,
O Recuncho,
Paloma Rodríguez,
República
30 abril, 2014
O Recuncho nº 181
Mércores, 30 de abril de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 181 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitado: Juan C. Valle “Karlotti” para facer unha valoración da pasada VII Semana da Poesía Salvaxe e recitar algún dos seus poemas.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ”Gabriel García Márquez ”
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Fernando Ocampo
Música: Latinoamérica.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
10:09 PM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
Comunicados,
entrevistas,
Música,
Novas Locais,
O Recuncho,
poesía salvaxe,
Rodea o Concello
Rádio FilispiM nominada aos Premios Luceira de Comunicación Social de Galicia.
O Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM vén de ser nominado aos Premios Luceira de Comunicación Social de Galicia.
Convocados por a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento xunto coa Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia), o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMi Galicia), a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e Asemblea de Cooperación pola Paz(ACPP), coma entidades do Terceiro Sector que apostan por iniciativas de comunicación con vocación social.
O obxectivo dos Premios Luceira é "visibilizar e poñer en valor propostas de comunicación en Galicia que están a dar cobertura ás temáticas do eido social baixo un enfoque de calidade, análise, reflexión e participación da sociedade. Ademais, con este premio pretendemos motivar aos distintos medios de comunicación galegos a reflexionar sobre o tratamento informativo que están a dar actualmente sobre as temáticas sociais, aquelas que afectan directamente ás vidas das persoas."
Como votar pola candidatura de Rádio FilispiM?. Até o 30 de abril, ao través deste enlace: https://docs.google.com/forms/d/1QuGvMx9tvQj78420_sUDCkekoWWQjZDOtcRpD-8gBTc/viewform
+ info: http://galiciasolidaria.org/contenido.php?idget=noticias&id=not20140404103010
Difunde esta nova!!
Obrigad@s!!
25 abril, 2014
Rádio FilispiM vai... a Escola Oficial de Idiomas de Ferrol.
Rádio FilispiM vai... á Escola Oficial de Idiomas de Ferrol.
Programa especial realizado desde a biblioteca da Escola Oficial de Idiomas da nosa cidade, coa participación especial do Departamento de Portugués para conmemorarmos o 25 de Abril. Ademáis contaremos coa actuación especial do cantor Jorge Mirancos.
Acude a gravación en vivo do programa especial o venres 25 de Abril a partir das 17:00 h (prégase puntualidade).
Escoita a emisión do programa en Rádio FilispiM, 93.9 FM e para todo o mundo, vía streaming (http://opaii.blogspot.com) os días:
- Venres a partir das 20:00 h.
- Sábado a partir das 19:00 h.
O ciclo de programas "FilispiM vai..." é unha outra aventura comunitaria do Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, para achegar o medio libre e comunitario aos colectivos e espazos do noso entorno.
FilispiM vai; vén ti!
+ info:
Podes ver imaxes do"FilispiM vai á E.O.I de Ferrol", aquí: https://www.facebook.com/radiofilispim.opaii/media_set?set=a.10202021226000051.1468153325&type=3
En breves colgaremos o audio...
31 março, 2014
Manifestación en apoio ao Naval en Ferrol, 30/03/2014.
Milleiros de persoas da comarca déronse cita o domingo 30 de marzo de 2014 en Ferrol, nunha nova manifestación para reclamar carga de traballo para os Asteleiros de Navantia e dicir non ao veto que a Unión Europeia mantén canto a construzón naval civil. O pasotismo da clase política que actualmente ten as fórmulas para mudar esta situación é abafante (o PP goberna no Concello, na Comunidade Autónoma e en Madrid).
Numerosas organizacións, políticas da esquerda, socialdemócratas, ademais de sindicatos e colectivos (coma o bloco das Marchas da Dignidade na comarca) uniron a súa voz para reclamar, unha vez máis, carga de traballo para os Asteleiros da nosa Comarca.
Ouvimos parte do comunicado final...
Redacción Informativos Locais de Rádio FilispiM
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
9:32 PM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
colectivos sociais,
Informativos Rádio FilispiM,
manifestación,
Novas,
Novas Locais,
sector naval
27 março, 2014
O Recuncho nº 178

Mércores 26 de marzo de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 178, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitado: Manuel Rodríguez Carballeira, presidente de Fuco Buxán: 22M-Marcha da Dignidade.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ” No es país para vivos”
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Lino Braxe
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás. Novas e comunicados, por Lucía Vizoso. Música.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
8:32 PM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
entrevistas,
Fuco Buxán,
libros,
Marchas da Dignidade,
Música,
Novas Locais,
Poesía
23 março, 2014
Especial Informativos Locais. Marchas da Dignidade, 22M. As voces das Columnas de Ferrolterra.
![]() |
| Madrid, 22 de Marzo de 2014, Marchas da Dignidade. |
Especial Informativos Locais, Marchas da Dignidade, 22M
Mentres os mass-media do Estado español silenciaban, unha vez máis, o que ía acontecer na xornada do 22 de Marzo de 2014, os medios libres e comunitarios organizaban a contra-información.
A "Red Más Voces" e "Ágora Sol Radio" amplificaron, cos seus respeitivos especias, o que aconteceu ao redor do 22M. Pola súa banda, Rádio FilispiM, a radio libre e comunitária de Ferrolterra, tomou contacto coas persoas da nosa comarca que ían camiño de Madrid, para sumar dignidade e completar co local a información que nos chegaba dende as radios libres de Madrid.
Emitido en directo o sábado 22 de Marzo de 2014 entre as 12:30 e 14:00 h, dende o estudo de Caranza-Ferrol, o especial Informativo de Rádio FilispiM, 22M, tomou contacto cos veciños e veciñas de Ferrolterra que daquela viaxaban en trens, autocarros e autos particulares cara Madrid...
Redacción Informativos de Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol / GZ).
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
1:30 AM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
09 março, 2014
II Jornadas en conmemoraçom do 10 de Março do 1972, Colectivo Chimarrao (Bertom-Ferrol).
II Jornadas en conmemoraçom do 10 de Março do 1972, Colectivo Chimarrao (Bertom-Ferrol). 11, 13, 14 e 15 de Março, 2014.
10 de Marzo de 1972, unha data clave para para a historia obreira galega.
Dentro e fóra da factoría loitábase por una mellora salarial e das condicións laborais, que naquel momento consistian en longas xornadas de doce horas que se cobraban como se foran de oito. Aquelas mobilizacións comarcais tiveron como ponto de inflexión o asasinato o 10 de Marzo do 72, por parte da policía franquista, de Amador e Daniel e de centos de traballadores feridos nas rúas de Ferrol. Istes acontecementos trascenderon na historia sendo a data do 10 de Marzo do 72, lembrada para sempre, na luita obreira da cidade e mesmo de todo Estado español. É de remarcar o nível de solidariedade e unidade acadado por todos os traballadores da factoría e de de fóra dela, cando milleiros de asalariados da comarca camiñaban xuntos nunha mesma dirección, en prol do progreso persoal e colectivo.
A propósito desta data, en conmemoración dela, o Colectivo Chimarrao (Bertón-Ferrol) vén de organizar unhas II Xornadas, baixo o título: "1972-2014. Reencaminhando as luitas obreiras". Sobre destas Xornadas, como xurden e como se plantexan, falánnos Paki e máis Fran, dous dos integrantes do Colectivo Chimarrao. O audio está tirado do programa de Rádio FilispiM, Divertimento para pequenos monstros. (escoita neste enlace a entrevista completa).
Redacción Informativos Rádio Filispim
Cunha radio:
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
8:49 PM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
10 marzo 1972,
colectivos sociais,
Informativos Rádio FilispiM,
Novas,
Novas Locais
06 março, 2014
II Jornadas do 10 de Marzo, Colectivo Chimarrao (Bertom-Ferrol).
1972 - 2014: Reencaminhando as luitas obreiras
Este ano as jornadas organizadas polo Coletivo Chimarrao em comemoraçom do 10 Março do 72 constarám de diversas atividades ao longo da se gunda semana de Março.
Empezaremos a terça 11 de Março às 19:00 horas na A.V. de Esteiro (Rua Fernando VI no bloque I), com umha palestra baixo o título "Autoorganizaçom obreira, sujeito, modelo, alcance e repressom", na que intervirám: Xam Lopes, Fernando Ramos Armesto e um membro da CNT.
Seguiremos a quinta 13 de Março às 19:00 horas no Ateneo Ferrolám (Rua Magdalena 202-204), com outra palestra entitulada "Dinamizaçom da luita obreira", em ela falarám-nós Inácio Mártinez e um membro da CNT.
Continuaremos a sexta 14 de Março às 19:00 horas na Galeria Sargadelos (Rua Rubalcaba 30-32) com a última das palestras baixo o nome "Discriminaçom sexual por grémios e sexualizaçom do trabalho", como ponhentes teremos a Lupe Cés e Lola Ferreiro.
Para rematar o Sábado 15 de Março às 21:00 (sede pontuais) teremos no Bar Chimarrao (Rua sartanha 61) o concerto de Machina e Savonarola. A entrada será de balde.
Este ano as jornadas organizadas polo Coletivo Chimarrao em comemoraçom do 10 Março do 72 constarám de diversas atividades ao longo da se gunda semana de Março.
Empezaremos a terça 11 de Março às 19:00 horas na A.V. de Esteiro (Rua Fernando VI no bloque I), com umha palestra baixo o título "Autoorganizaçom obreira, sujeito, modelo, alcance e repressom", na que intervirám: Xam Lopes, Fernando Ramos Armesto e um membro da CNT.
Seguiremos a quinta 13 de Março às 19:00 horas no Ateneo Ferrolám (Rua Magdalena 202-204), com outra palestra entitulada "Dinamizaçom da luita obreira", em ela falarám-nós Inácio Mártinez e um membro da CNT.
Continuaremos a sexta 14 de Março às 19:00 horas na Galeria Sargadelos (Rua Rubalcaba 30-32) com a última das palestras baixo o nome "Discriminaçom sexual por grémios e sexualizaçom do trabalho", como ponhentes teremos a Lupe Cés e Lola Ferreiro.
Para rematar o Sábado 15 de Março às 21:00 (sede pontuais) teremos no Bar Chimarrao (Rua sartanha 61) o concerto de Machina e Savonarola. A entrada será de balde.
Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/357305967741117/
Cartaz das Jornadas máxima resoluçom(4mb):
http://img100.xooimage.com/files/e/9/7/jornadas-2014_2-444d58b.png
Cartaz das Jornadas optimizado web(512kb):
http://img109.xooimage.com/files/8/2/c/jornadas-2014_2_opt-444d5c1.png
Contacto:
Cartaz das Jornadas máxima resoluçom(4mb):
http://img100.xooimage.com/files/e/9/7/jornadas-2014_2-444d58b.png
Cartaz das Jornadas optimizado web(512kb):
http://img109.xooimage.com/files/8/2/c/jornadas-2014_2_opt-444d5c1.png
Contacto:
coletivochimarrao@gmail.com
www.facebook.com/coletivo.chimarrao
Fonte: Colectivo Chimarrao - Ferrol
Audios: informativos de Rádio FilispiM.
Nova completa:www.facebook.com/coletivo.chimarrao
Fonte: Colectivo Chimarrao - Ferrol
Audios: informativos de Rádio FilispiM.
Cunha radio:
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
8:36 AM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
10 marzo 1972,
Chimarrao,
colectivos sociais,
feminismo,
Informativos Rádio FilispiM,
Novas,
Novas Locais,
sector naval,
sindicalismo
04 março, 2014
Manifestación e Asembleas em Ferrol em apoio as Marchas da Dignidade
O mércores 26 de febreiro celebrouse a manifestación em apoio às Marchas da Dignidade em ferrolterra, umha manifestación simultánea nas sete cidades principais de Galiza. Ao remate da mesma, fíxose un chamamento a participar na mobilización convocada, para ao día seguinte, pola Alianza Social Galega. Também se convocou para o luns 3 de Marzo às 18:00 h. no Centro cívico de Caranza a unha Asemblea aberta das Marchas en Ferrolterra para continuar coa organización da participación de Ferrolterra nas Marchas da Dignidade o vindeiro 22 de Marzo en Madrid.
De seguido, ouvimos o manifesto lido o pasado 26 de febreiro de 2014 ao finalizar a manifestación de Ferrol em apoio as Marchas da Dignidade.
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
8:13 AM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
colectivos sociais,
Informativos Rádio FilispiM,
Marchas da Dignidade,
Marchas da Dignidade 22M,
Novas,
Novas Locais
26 fevereiro, 2014
Ferrol mobilízase de cara as Marchas da Dignidade do 22 de Marzo en Madrid.
O 22 de Marzo van confluír en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, está unindo a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos. Hai un apoio moi importante do movemento sindical e político alternativo e anticapitalista e dos movimentos sociais.
En Caranza, coma noutros bairros de Ferrol, Galiza ou o Estado, vén de constituirse unha Columna que está a fomentar a participación nas Marchas da Dignidade que confluirán o 22 de Marzo de 2014 en Madrid. Estes días no estudio de Rádio FilispiM, dentro do espazo Divertimento para pequenos monstros, estiveron André e Daniel que explicaron o porqué desta columna "caranzeira".
Informou o Pequeno Monstro para os informativos de Rádio FilispiM.
(Redacción Informativos de Rádio FilispiM)
+ info:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
http://marchasdeladignidad.org/
facebook: https://www.facebook.com/groups/265451853621237/?fref=ts
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
9:49 PM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
Caranza,
colectivos sociais,
Informativos Rádio FilispiM,
Marchas da Dignidade 22M,
Novas,
Novas Locais
24 fevereiro, 2014
Júlio Saians, parabéns!!!
A la Audiencia Nacional arquiva ano e medio Línea Despois una CAUSA ABERTA contraindicaciones Júlio Saians.
Cando Todos lembramos hai ano e Medio dous vecinos da Comarca de Trasancos, Julio Saians ea Súa moza Silvia Casal foron detidos porción presunta Vinculación co Que o Tribunal de Excepción español, Audiencia Nacional, chama "Resistencia Galega".
Daquela, os seus Vecinos e Familiares ficaban alarmados ante o Impresionante Operativo policial, onde sí Detia un estes mozos e se lles aplicaba unha Lei de Excepción de coma é un antiterrorista, someténdoos un unha tumba Violación dos seus Dereitos Máis fundamentais.
Sen Protección legal xurídica Asistencia nen horas de Durante estiveron, de acordo una isa Lei de Excepción Que lles aplicaron. O mesmo Día da figura de la detención, Silvia Casal, coñecida pola Súa Vinculación co tecido-Artístico culturales da comarca nosa, foi posta en liberdade sen Nessun carga e sen Que houber Nessun pisos de indicio de delito dela contra. Sí Iso, logotipo de servicio Separada hacer seu pequeno Fillo lactante Durante Moitas horas. Só sabe ela da Dureza e inxustiza daqueles Momentos Vividos Que Nunca xamais esquecerá, Privada dos seus Dereitos Máis fundamentais, Separada do seu pequeno.
Pois ben, logo de Todo ise trance de Excepción, logotipo de ano e Medio, una Audiencia Nacional Vén ágora de arquivar una causa aberta contraindicado hacer seu Compañeiro Júlio Saians una quen o Ministerio no Interiores das responsabilizaba Finanzas hacen Que eles chaman "Resistencia Galega" . Preguntámonos, quen vai remedar ágora o dano causado un Inmenso this Xoven parella da nosa comarca?.
Dende os Informativos de Radio FilispiM, aproveitamos párr saúdar e enviar os nosos parabéns e animos un Júlio ea Silvia e, Como no, ao seu pequeno, Vecinas e Vecinos ben Queridos na comarca nosa.
Redacción de Informativos de Radio FilispiM.
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
9:18 PM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
Audiencia Nacional,
Fascismo,
Informativos Rádio FilispiM,
Novas,
Novas Locais,
Represion
12 fevereiro, 2014
Reganosa, os gaseiros, a Ría, os temporais e a vida.
O sabado día 8 de febreiro de 2014, coa pleamar de pola mañá, estaba prevista a entrada na Ría do gaseiro de bandeira de comenencia "LNG Bonny" para descargar GNL (gas natural licuado) na planta de Reganosa. As condicións metereolóxicas e a singularidade da canle de acceso á Ría imposibilitaron a entrada.
Unha vez máis, amósase que a relocalización da planta de gas no interior da Ría non obedeceu a razóns técnicas, senón que a verdadeira razón de fondo foi a operación especulativa da parcela onde se levantan os tanques, que lle reportou ao grupo empresarial Tojeiro 30 millóns de euros.
Esta Planta de Gas constitue un caso paradoxal de corrupción, no que os grupos maioritarios poñen as administracións públicas ao servizo dos intereses de Reganosa, como se pudo comprobar recentemente no informe da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo.
A planta de Reganosa non só é unha instalación ilegal, perigosa e nociva para o ecosistema da nosa Ría, senon que forma parte do atraco o que nos vemos sometidos a cidadanía, a través das constantes subidas das tarifas da electricidade e gas que van a engrosar a conta de resultados das empresas enerxeticas.
Como en cada ocasión que se anuncia a entrada dun buque gaseiro na nosa Ría, unha representación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, concentrouse na Praza Amada García, demandando o peche da Planta, en defensa da Ría e da vida.
Dende Rádio FilispiM unímonos ao berro de PLANTA DE GAS: PECHE XÁ!!
Informou Miguel Castro para os Informativos de Rádio FilispiM.
(Redacción Informativos RFM).
+ info: http://cociudem.wordpress.com/
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
7:00 PM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
comité cidadá emerxencia ría ferrol,
corrupción,
Informativos Rádio FilispiM,
Novas,
Novas Locais,
Reganosa
Assinar:
Postagens (Atom)
















