Colabora na autogestom!
Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023
Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]
Mostrando postagens com marcador Informativos Rádio FilispiM. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Informativos Rádio FilispiM. Mostrar todas as postagens
03 fevereiro, 2014
Novas Locais. As Meninas de Canido aparécense na Franza.
As Meninas de Canido pretenden pór en valor o bairro ferrolá de Canido, abandoado durante anos pola desidia das administracións, local e autonómica. Co paso dos anos convertiuse nun movimento cidadá, social e artístico que comezou no ano 2008, coordinado por un artista do bairro, Eduardo Hermida, quen debuxaba por vez primeira unha das obras máis celebres de Diego Velázquez. Na última edición de las Meninas de Canido, xuntouse a máis de 200 artistas locais, estatais e internacionais que tinxiron as rúas do bairro de cores e formas.
Na actualidade as Meninas de Canido están a suscitar interés até na Franza...
Informou Miguel Castro para Rádio Filispim
(Redacción de Informativos)
Para saber máis das Meninas de Canido: http://www.meninasdecanido.com/
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
8:56 AM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
Eduardo Hermida,
Informativos Rádio FilispiM,
Meninas de Canido,
Novas,
Novas Locais
Novas Locais. O Ateneo Ferrolán reinvéntase.
A nova directiva e cadro de persoal do Ateneo Ferrolán comeza a traballar con ilusión, ideas e colaboración mútua. A nova directiva vén de chegar a un acordo co cadro de persoal para unha redución temporal dos seus salarios, até equilibrar as contas da institución. Ademáis, adaptan as cotas de socios para persoas en situación de desemprego ou mesmo incorporan cotas especiais para integrantes dunha mesma familia...
Toda a información neste audio.
Informou Miguel Castro para os informativos de Rádio FilispiM.
(Redacción Informativos).
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
8:45 AM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
27 janeiro, 2014
Novas Locais. A Pegada dos Avós, presentación en Ferrol do documentario de Xosé Abad.
Tempo de información local en Radio Filispim.
O pasado venres 24 de xaneiro, no local da Fundación Caixa Galicia de Ferrol, acudimos á presentación do documentario “A pegada dos Avós” de Xosé Abad.
A historia é a que segue: un grupo de adolescentes de A Coruña comezan a afondar no pasado dos galegos, así coma no propio... e xorden as preguntas. Ao descubrir historias tan incribles coma as acontecidas na Guerra e pos-Guerra Civil, coma a da mugardesa Amada García, comezan estes adolescentes a afianzar unha conciencia sobre o acontecido tras o golpe de estado franquista coma tamén sobre a persecución que están a ter as persoas que seguen a buscar respostas, experiencia que sen dúbida lles vai quedar marcada de por vida.
Xosé Abad, director do documentario, foi tamén o quen levou ao cabo “O Segredo da Frouxeira", un outro filme que trata á represión franquista na nosa comarca.
Por outra banda, o luns 27 de xaneiro celebrouse, coma todos os anos organizado pola asociación memoria histórica democrática, a homenaxe a Amada García, muller fusilada no Castelo de San Felipe, apenas tres meses despois de dar a luz a Gabriel, neno que levou no ventre durante o seu perido de cautiverio no Castelo.
Subliñar as dificultades para levar a cabo un traballo destas características nun momento de crise coma a que vivimos. Parte dos fondos necesarios foron recadado a través de crowfunding.
Escoitamos o acontecido durante a presentación en Ferrol do traballo documental "A Pegada dos Avós". Ouvimos, por orde de entrada, a Lucía, estudante do Instituto de Ensinanza Secundaria de A Coruña; Gabriel, fillo de Amada García (que emocionado non pode articular case verba) e a Xosé Abad, director do documentario.
Un saúdo de Miguel Castro, para os informativos locais de Radio Filispim.
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
7:08 PM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
Amada García,
Fascismo,
Fuco Buxán,
Informativos Rádio FilispiM,
Memoria Histórica,
Novas,
Novas Locais,
Represion
16 janeiro, 2014
A información que conta, en Rádio FilispiM.
| Espazos informativos que difunde Rádio FilispiM |
Todo o que tes que saber da información que conta, en Rádio FilispiM.
Horarios de emisión. Todos os días en Rádio FilispiM, 93.9 FM:
- de 24:00 h. á 01:00 h.
- de 08:00 h. á 09:00 h.
- de 13:00 h. á 14:00 h.
Espazos informativos que se emiten en cada unha das franxas horarias:
- Informativos Locais (Redacción Informativos de Rádio Filispim).
- Radio Cerna (Ecoloxía e medio ambiente).
- Más Voces (O informativos das RR.LL e comunitarias no Estado).
- Democracy Now (Información internacional da man de Amy Goodman).
16 dezembro, 2013
A loita das praceiras e praceiros de Pontedeume, un exemplo de dignidade.
Durante estas últimas semanas en diversos programas de Rádio FilispiM, levouse a cabo un seguimento do que está a acontecer cos praceiros e praceiras de Pontedeume. Algunhas voces fixéronse habituais nesta sintonía, coma a de Carmen López Pedro, unha das voceiras do colectivo de praceirxs.
Foron días moi tensos. 42 días e 42 noites durou a batalla na rúa, mais o conflicto continúa. Manuel Torrente, alcalde do radical Partido Popular que, alleo aos intereses o pobo eumés, semella provir doutra galaxia, o impide...
No tempo de informativos de Rádio FilispiM, ouvimos de novo as voces dos e das protagonistas nun audio rexistrado polos compañeiros de Galiza Contrainfo, así como as reflexións destes últimos días de Carmen López, nunha loita que continúa.
Voces dxs praceirxs e son ambiente, tirado de: Galiza Contrainfo (http://galizacontrainfo.org/)
Segue a luita dos praceirxs en: https://www.facebook.com/groups/1388530921387094/?fref=ts
Informou o Pequeno Monstro para Rádio FilispiM.
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
10:23 PM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
colectivos sociais,
Fascismo,
Informativos Rádio FilispiM,
Novas,
Novas Locais,
Praceirxs Pontedeume
12 dezembro, 2013
Estupenda resposta na Folga de 48 h. contra o desmantelamento da Sanidade Pública en Galiza.
Mlleiros de persoas nas rúas de Ferrol como colofón aos dous días de folga na Sanidade Pública Galega.
Entre as reivindicacións da folga de 48 horas, do pasado 9 e 10 de decembro, están as de carácter laboral mais tamén as que tocan de perto á cidadanía en xeral, coma a xa máis ca evidente perda do dereito á sanidad pública, gratuita, universal e de calidade no SERGAS, organismo que xestiona a sanidade pública na Comunidade Autónoma de Galicia.
A implantación do "re-pago" de medicamentos, a eliminación de postos de trabalho debido ás taxas de reposición das vacantes de tan só o 10%, a privatización da sanidad pública, os contratos precarios, o incremento das listas de espera, os recortes salariais e a pérdida de dereitos laborais dos profesionais da sanidade, foron outras das razóns da folga.
En Ferrolterra, a folga tivo o maior seguimiento de toda Galiza. Na manifestación de Ferrol, coreáronse consignas coma: "Por riba de enfermar fannos repagar", “Sanidade pública e de calidade” ou "Feijóo, entende, a saúde non se vende!!!".
A convocatoria que contou co apoio de case todos os sindicatos e moitos colectivos sociais e do sector, non contou co apoio da UGT e, como non podía ser doutro xeito, foi avaliada coma de baixa incidencia e cualificada de "folga política", polo dereitista Goberno da Xunta e o conxunto da reacción no noso pais.
Redacción Informativos de Rádio FilispiM.
11 dezembro, 2013
Novas Locais. "Ley de Seguridad Ciudadana", máis madera...
No trancurso do programa de Rádio FilispiM, O Recuncho (Colectivo Fuco Buxán), Javier Losada, integrante de "El Militante" (sección crítica dentro das CC.OO), reflexiona ao respeito da autodenominada "Ley de Seguridad Ciudadana" que vai impór o Goberno absolutista do dereitista PP no Estado español ao través do seu "Ministerio do InTerror", nunha nova volta de torca aos dereitos fundamentais propio dun estado fascista, cunha "casta" no poder cuxa referencia política máis socorrida é a do franquismo.
Redacción Informativos de Rádio FilispiM.
Redacción Informativos de Rádio FilispiM.
04 dezembro, 2013
Novas Locais. FOTOGRAFIAS SONORAS, Manifestación 01/12/2103, Ferrol.
Manhá do domingo 1 de decembro de 2013. Vai friaxe en Ferrol, mais está despexado. O que non semella tan claro é o futuro que se cerne sobre a Comarca de Ferrolterra, unha negra sombra alimentada polas erráticas e malintencionadas políticas e por aqueles que as consinten... Mais, a poboazón de Ferrol e Comarca non perdeu a dignidade e, unha vez máis, tomou as rúas nunha xornada especialmente reividicativa e dura. Manhá non haberá traballo. A equipa de Informativos de Rádio FilispiM colleu un micro, vontade e realizou ista serie de fotografias sonoras con voces ben diversas, non só as das "grandes siglas", senón as das pequenas organizacións e, sobre todo, as voces da xente, persoas humanas con voz propia. Isto foi o que aconteceu...
Recortes sonoros (1). Manifestación - Ferrol 01/12/2013:
1. Praza Inferninho. Antes de partir, mulher comprometida.
2. Comeza a manifestación, dúas mozas de 18 anos.
3. Estrada Castela, dous xubilados no naval.
4. Perto de Praza España, nai trintañeira con neno pequeno.
Recortes sonoros (2):
1. Perto de Praza Espanha, tres xubilados.
2. Praza Espanha. Bruno, Nos-UP.
3. Praza Espanha. Nai e filla, 38 e 51 anos.
Recortes sonoros (3):
1. Rúa do Sol. Pepe Leira, Sociólogo e profesor universitario do Campus de Ferrol.
2. Os reporteiros da FilispiM avalliando a manifestación, a pé de micro.
Recortes sonoros (4):
1. Rua do Sol. Trabalhadora dun Restaurante ás portas do negocio vendo pasar a marea humana.
2. Rua do Sol a altura da Praza de Armas. Visión da manifestación dos reporteiros de Rádio FilispIM.
3. Praza de Armas, Manolo Cendán - PSOE-Ferrol
Recortes sonoros (5):
1. Praza de Armas, rapaza 32 anos.
2. Senhora que vai en direccion contraria a manifestación.
3. Joam Lopes. CIG Admón-Ferrol.
4. Senhora que vai en dirección contraria a manifestación (reprise).
Recortes sonoros (6):
1. - Praza de Armas. Xuventudes Comunistas, Jacobo e Begoña.
2. - Escadas da Praza de Armas. Plataforma Nunca Máis, Nes.
Recortes sonoros (7):
1. Praza de Armas, rapaz e rapaza 18 anos.
2. Escadas Praza Armas, Victor Ledo, Secretario General Federación de Industria CCOO.
Recortes sonoros (8):
1. Praza de Armas, rapaza 32 anos.
2. Praza de Armas. Xabi. CNT Ferrol,
Recortes sonoros (9):
1. Praza de Armas, fin manifestación. Ibán Rivas, BNG Ferrol.
2. Praza de Armas. Jorge Suárez. EU-IU Ferrol.
Recortes sonoros (10):
1. Rematada a manifestación, ao pé das escadas da Praza de Armas. Jorge Porto, El Militante.
Recortes sonoros (11):
1. Estrada de Castela, perto da Praza Espanha. Tres xubilados indignados.
2. Muller con presas en dirección contraria a manifestación.
3. Praza de Armas, findou a manifestación. Nai nova co seu fillo de 6 anos.
Audios producidos polo grupo de Traballo de Informativos de Rádio FilispiM, 93.9 FM (libre e comunitaria). Redacción Informativos.
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
8:00 PM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
colectivos sociais,
Informativos Rádio FilispiM,
Novas,
Novas Locais,
sector naval,
sindicalismo
01 dezembro, 2013
Novas Locais. Ferrolterra ESIXE solucións. Audios concentración `Noite Defuntos´.
Na noite do pasado venres 29 de novembro de 2013, milleiros de persoas achegáronse á Praza de Armas de Ferrol, `armados´ de cabazas e fachos, secundado a convocatoria da práctica totalidade dos sindicatos da comarca en defensa do Sector Naval e baixo a mesma bandeira e lema, Ferrolterra Esixe Solucións´. O obxectivo, unir as conciencias dun xeito simbólico, para facer fronte a Longa Noite de Pedra que se aveciña ante a nula carteira de pedidos dos Asteleiros da Comarca, como consecuencia da neglixente xestión dos responsábeis políticos. Daquela, compre mobilizarnos.
Tras desa noite reivindicativa, aínda vivas as sombras dos fachos acendidos e das formas amezantes da cabazas, todo está preparado para que este domingo 1 de decembro de 2013 conflúan, nunha mesma MANIFESTACIÓN, dúas luitas: a da defensa do Naval e a da indignación pola recente sentenza do Prestige. A manifestación, que se prevé multitudinaria, partirá este domingo as 12:30 h. da praza do Inferniño.
Dende os informativos de Rádio FilispiM, animámosvos a sair hoxe domingo á rúa e unirse a convocatoria, donde todas as siglas, colectivos e persoas marcharán cun mesmo obxectivo, como ciudadáns éticamente incombustíbeis non resignados.
Audio: tirado do video producido polo Colectivo Ártabra 21 e editado polo grupo de traballo de Informativos de RFM.
Pequeno Monstro, Redacción Informativos de Rádio FilispiM.
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
11:43 AM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
Artabra 21,
colectivos sociais,
Informativos Rádio FilispiM,
Novas,
Novas Locais,
sector naval,
sindicalismo
27 novembro, 2013
Novas Locais. O Alcalde de Ferrol "pía" agora, mentres continúan as mobilizacións en defensa do Sector Naval.
Tarde piaches?
Pola súa banda, diversas organizacións e colectivos continúan a denunciar, como sempre, a calamitosa situación da industria naval na nosa Comarca ao través de diversas CONVOCATORIAS. As máis inmediatas son as seguintes:
- Venres 29 de novembro, na Galería Sargadelos (R/ Rubalcava, 30-32), a partir das 19:30 h., apresentarase o documentario "Carga de Dignidade", de Xosé Bocixa, realizado a partir da acción colectiva a altura da antigua porta de Bazán.
- Horas máis tarde, o mesmo venres 29, baixo o lema "Ferrolterra esixe solucións", concentración comarcal na Praza de Armas a partir das 21:00 h. á que se pide aos acudir con fachos e cabazas nunha "noite de vixilia".
- Xa para o domingo 1 de decembro, MANIFESTACIÓN en Ferrol, convocada polos Comités de Navantia Fene e Ferrol, así como polos Comités das compañías auxiliares.
Informou o Pequeno Monstro para os Informativos de Rádio FilispiM.
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
9:00 AM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
colectivos sociais,
Informativos Rádio FilispiM,
Novas,
Novas Locais,
sector naval
24 novembro, 2013
Novas Locais. Lei de "Seguridade Cidadá" ou de Represión pura e dura? (Sin Fronteras).
Lei de Seguridade Cidadá? Non. Lei de Represión Cidadá, pura e dura.
A mal chamada "Lei de Seguridade Cidadá" estabelece durísimas multas, de ata 600.000 €, por gravar á policía ou a participar en mobilizacións coma os chamados "scraches". Un auténtico despropósito de Lei que sitúa ás liberdades no Estado español nos tempos da Dictadura do Xeneralísimo Franco (por la Gracia de Dios), donde a cidadanía perderá mesmo o dereito a manifestar a súa rabia e indignación (único recurso que lle quedaba) ante recortes de dereitos e liberdades a esgalla.
A pasada semana dentro da "Sección de Celso", dentro do programa Sin Fronteras de Radio Filispim, Celso Posada, Susana Alaniz e Pablo Melaski, reflexionaron sobre desta mal chamada "Lei de Seguridade de Cidadá". A súa activación supón un regreso ao pasado, coma acontece con outras medidas políticas do absolutista Goberno do PP (Lei contra do dereito ao aborto, Lei da Educación, LOMCE...). Escoitamos as súas voces.
Redacción Informativos de Rádio FilispiM.
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
9:09 PM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
colectivos sociais,
Informativos Rádio FilispiM,
Novas,
Novas Locais,
Sin Fronteras
23 novembro, 2013
Novas Locais. "Un ataque político en toda regla ao Ateneo Ferrolán...".
Nos informativos de Rádio FilispiM recuperamos o audio desta semana de "O Espertar da Razón", a sección semanal de José Torregrosa dentro de o programa O Recuncho do Colectivo Fuco Buxán, que emite Rádio FilispiM, 93.9 FM.
José Torregrosa, Victor Novás e Fernando Ocampo, comentan entre outras cuestións: "Esto es un ataque político en toda regla para desestabilizar una institución y lo más grave es que haya asociaciones que se sumen, de manera instrumental, para hacer esa tarea sucia que está dirigiendo el Concello de Ferrol...", en clara referencia a Directiva da A.VV do Centro de Ferrol e a Concellaría de Cultura dirixida por Manuel Reyes-García Hurtado.
Redacción de Informativos da Rádio FilispiM.
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
8:08 PM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
Ateneo Ferrolán,
colectivos sociais,
Informativos Rádio FilispiM,
Manuel Reyes-Garcia Hurtado,
Novas,
Novas Locais
18 novembro, 2013
Novas Locais. Acción colectiva surreal no Ateneo Ferrolán patrocinada polo Concello.
O que van vostedes ouvir de seguido é a fotografia do actual estado das cousas no edificio do Ateneo Ferrolán. Os antecedentes que fixeron que se chegara a esta situación xa os coñecen: a cesión de parte do edificio do Ateneo, por iniciativa unilateral do Goberno do Partido Popular, a outras entidades logo da sua rehabilitación, no último momento e sen dialogo previo co Ateneo. É dicir, a traición.
O que aconteceu no serán do pasado venres 15 de novembro ás portas no propio Ateneo foi o resultado mesmo de tal "desaguisado", patrocinado polos irresponsables do actual Goberno do Concello de Ferrol, en mans do surrealista Partido Popular.
Os elementos que os ouvintes deben pór en imaxe, antes de ouvir o seguinte audio, son: o Ateneo Ferrolán, unha AVV do Centro, unha televisión local propiedade da presidenta da referida asociación, o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), Man (o de Camelle), Manuel-Reyes-García-Hurtado (o de Cultura), a Policía Municipal e, para rematar, o Real coro Toxos e Froles...
Saquen vostedes a súas propias conclusións. A visión da outra parte será televisada...Miguel Castro & Pequeno Monstro para os informativos de Rádio FilispiM.
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
8:57 PM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
Ateneo Ferrolán,
colectivos sociais,
Informativos Rádio FilispiM,
Manuel Reyes-Garcia Hurtado,
Novas,
Novas Locais,
Surrealismo
Novas Locais. Os praceiros e praceiras de Pontedeume armados de dignidade fronte ao desaloxo.
Os praceiros e praceiras de Pontedeume foron desaloxados pola forza na mañanciña deste luns 18 de novembro de 2013 por efectivos da Garda Civil, logo de dúas semanas de feche no Mercado, esixindo claridade ao Alcalde da vila, canto a situación de provisionalidade na que ficarán tras o feche da nave para a substitución da súa cuberta. Incógnitas que non foron desveladas e si agrandadas coa intervención das "forzas de orde".
Aos poucos minutos do desaloxo, foron centos as mensaxes de indignación, raiva e impotencia que encheron as redes sociais. Delas, eliximos tres, que semallan coincidir na "oscuridade" da acción:
"Están desalojando de la manera más cobarde, como son ellos COBARDES, a las 6:20 de la mañana y como si fuesen los GEOS corriendo en sigilo alrededor de la plaza para rodearla...".
"Que pena ver como entran con cascos y chalecos antibalas, traían el ARIETE para romper la puerta; por consejo de los municipales, que dijeron llamar a la puerta que es gente pacífica y os abren sin destrozar nada, así fue pero la supuesta orden que traían nos la pasaron por delante sin dejar leer. En la linea del Sr. Alcalde. Si esto es legal yo quiero que alguien me lo explique...".
"Este es el diálogo del Sr. Alcalde. Nocturnidad y alevosía. No llegaron ni a leer ni a dejar leer la supuesta orden...".
Durante toda esta semana diferentes espazos de Rádio FilispiM, 93.9 FM, a radio libre de Ferrolterra (Divertimento, Ponte en Galego...) cubriron o que estaba a acontecer, dando voz directa aos praceiros e praceiras. Nesta audio rescatamos un anaco da última emisión do programa "Ponte en Galego", realizado pola Equipa de Normalización Ligüística do I.E.S. Breamo de Pontedeume, reportaxe editada horas antes de acontecer iste triste episodio protagonizado por Torrente, o Alcalde de Pontedeume integrante do dereitista Partido Popular.
Última hora!!!: Concentración iste luns 18 de novembro a partir das 21:30 h. na Praza do Concello de Pontedeume en apoio aos praceiros e praceiras.
Informou o Pequeno Monstro, para Rádio FilispiM
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
8:10 PM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
colectivos sociais,
Informativos Rádio FilispiM,
Novas,
Novas Locais,
ponte en galego,
Pontedeume
11 novembro, 2013
Novas Locais. Fenómenos estraños no Ateneo Ferrolán.

A autodenominada Asociación de Veciños do Centro vén de advertir que, nalgunhas ocasións, as actividades que eles programan no edificio do Ateneo cadran en tempo e espazo coas que programa o propio Ateneo. Ademáis, denuncian que aparecen armarios con útis de limpeza fechados con chave e que no Ateneo "ponen la radio a todo volumen y no podemos dar clases, porque el ruido es ensordecedor". Por outra banda, denuncian que o ascensor que os leva ao segundo andar, onde teñen o seu espazo, non funciona e que segue a haber goteiras, cuestións que xa coñecen dende o mes de maio o Alcalde e concelleiros responsábeis, sen que se dera solución.
O pasado 18 de outono de 2013 Rádio FilispiM estreou un novo espazo o "FilispiM Vai...", que como non podía ser menos, arrincou dende o Salón de Actos do edificio do Ateneo Ferrolán. En directo, durante dúas horas, falouse coas persoas que dan vida a centenaria entidade da rúa Madalena. Recollemos algúns dos momentos nos que o Presidente do Ateneo, Ramón Veloso e unha das traballadoras, Cristina, de administración, comentaban a peculiar situación na que se atopa o Ateneo tras a ocupación da súa sede por parte doutras asociacións, previa traición do actual goberno do Concello de Ferrol, en mans da maioría absoluta do dereitista PP.
Informou o Pequeno Monstro para os Informativos de Rádio FilispiM.
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
9:38 AM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
Ateneo Ferrolán,
Informativos Rádio FilispiM,
Manuel Reyes-Garcia Hurtado,
misterio,
Novas,
Novas Locais,
Surrealismo
Novas Locais. Faleceu Vitoria Fernández Paredes, activista social de Ferrolterra.
A compañeira Vitoria Fernández Paredes, tras unha irreversible enfermidade, deixounos esta semana.
En febreiro do ano 2009 no primeiro aniversario do falecemento do seu marido, Carmelo Teixeiro, no program a O Recuncho emitido en Radio Filispim, se lle fixo unha interesante entrevista onde Victoria repasaba os camiños vitais do seu compañeiro, Carmelo que, sen dúbida, coma escoitaremos, en moitos casos foron tamén os camiños que levou esta excepcional persoa que foi Victoria Fernández.
Escoitamos a Victoria.
Informou Miguel Castro para os Informativos de Rádio FilispiM.
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
9:30 AM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
comité cidadá emerxencia ría ferrol,
Fuco Buxán,
Informativos Rádio FilispiM,
Novas,
Novas Locais
28 outubro, 2013
Novas Locais Chega o primeiro traballo de Alén de Ancos. "Trinus"
Cada vez, que un grupo da cidade, ou do extraradio ferrolano; loitando de ensaio e ensaio; pelexando de estrada en estrada, chega a ese punto en que se poden permitir gravar en condicións (semella cada vez máis barato!) e cando ademáis sona tan bonito e "redondo", só podemos estar ledos.
Falamos con Rubén Gómez (guitarra) e Fausto Escrigas (Saxo e whistles) do grupo folk ferrolá "Alén de Ancos", trala recente edición do seu primeiro traballo, "Trinus".
Nos contan como foi a experiencia deste primeiro traballo, no que dan un repaso a varios anos tocando dun xeito pouco frecuente no folk, xa sexa pola creación de novos temas, ou polo xeito de tocalos clásicos; ou incluso polo atrevemento con novas versións menos ortodoxas.
Falamos con Rubén Gómez (guitarra) e Fausto Escrigas (Saxo e whistles) do grupo folk ferrolá "Alén de Ancos", trala recente edición do seu primeiro traballo, "Trinus".
Nos contan como foi a experiencia deste primeiro traballo, no que dan un repaso a varios anos tocando dun xeito pouco frecuente no folk, xa sexa pola creación de novos temas, ou polo xeito de tocalos clásicos; ou incluso polo atrevemento con novas versións menos ortodoxas.
25 outubro, 2013
Novas Locais. A Semana Galega de Loita contra as Fronteiras" este venres 25 de outubro no Ateneo.
A "Semana Galega de Loita contra as Fronteiras" chega este vernres 25 de Outubro às 20h. ao Ateneo Ferrolán.
Durante esta semana unha serie de colectivos sociais (Foro Galego da Inmigración, Raias Travese iras, Grupo de Axitación Social, ODS-Coia e Liga Estudantil Galega) organizan a Semana Galega de Loita contra as Fronteiras, con actos en Vigo, Compostela, Ourense, A Coruña e Ferrol (en Ferrol será o venres 25 a partir das 20h. no Ateneo Ferrolán), e que contará coa participación de Eduardo Romero, integrante do colectivo asturiano Cambalache, autor de diferentes textos sobre políticas migratorias e co-autor do libro ¿Qué hacemos con las fronteras? (AKAL), que presentará en todas as cidades.
En Ferrol estarán Eduardo Romero, Carlos Piñeiro (Profesional do SERGAS) e Maite Bustamante baixo o título "Fronteiras. Diferentes dispositivos, mesma función. Políticas migratorias e exclusion de dereitos."
Texto: http://artabra21.blogspot.com.es/
Audio: Miguel Castro de Rádio FilispiM entrevista a Eduardo Romero (integrante do colectivo asturiano Cambalache) no programa O Recucho.
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
8:20 PM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
Ateneo Ferrolán,
Foro Galego Inmigración,
Fuco Buxán,
Informativos Rádio FilispiM,
inmigración,
Novas,
Novas Locais
22 outubro, 2013
Novas Locais. Comunicado da sección sindical da CNT no Ateneo ante impagos de nóminas e seguridade social do cadro de persoal.
No transcurso do programa especial "FilispiM vai ... ao Ateneo Ferrolán", do pasado venres 18 de outubro de 2013, chegou a nosa redacción un comunicado da sección sindical da CNT no Ateneo, donde se denuncia o impago de nóminas e débedas a seguridade social relativas ao cadro de persoal, dos que se responsabiliza a actual directiva do Ateneo. Transcribimos de seguido o comunicado completo en texto e audio:
"A Sección Sindical da CNT no Ateneo Ferrolán quere denunciar publicamente que nos últimos 10 meses a entidade endebeda 3 nóminas e media aos/as traballadores/as e ten pendente o pagamento de varias cotas dos seguros sociais. A complicada situación económica da entidade non impide que se fixeran outros pagos aprazables ou prescindibles, en troques de priorizar o pagamento das nóminas e os seguros sociais do cadro de persoal.
Sorpréndenos enormemente as declaracións nos medios de comunicación de Rosa Méndez (secretaria do Ateneo) e de Ramón Veloso (presidente) nas que declaran sentirse satisfeitos pola xestión levada a cabo nos case que dous anos na Xunta Directiva, pois foi precisamente neste período cando a situación laboral das traballadoras e traballadores empeorou notablemente.
A Sección Sindical da CNT no Ateneo Ferrolán considera nefasta a xestión por parte de todos os membros desta Xunta Directiva e unha deixadez nas súas funcións."
Sección Sindical CNT no Ateneo Ferrolán
18 de outubro de 2013
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
12:45 PM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
Ateneo Ferrolán,
CNT,
colectivos sociais,
Informativos Rádio FilispiM,
Novas,
Novas Locais,
sindicalismo
14 outubro, 2013
Novas Locais. O Casino Ferrolano non quere saber nada de tetas.
Hai cuestións que van máis aló dos usos e costumes de entidades privadas coma o Casino Ferrolano e até do recollido nos seus Estatutos. Así o considera a asociación BBTTA de Narón, que estes dias recibiu unha denuncia dunha familia afectada pola prohibición do Presidente do Casino de amamantar a un bebé nun recuncho da coñecida coma "pecera". Como resposta, nun acertado comunicado, BBTTA convida ao seu Presidente a permitir a impartición dunhas xornadas sobre lactancia dentro do Casino, organizadas pola propia asociación de fomento da lactancia. Ditas xornadas estarían dirixidas á Directiva da entidade, socias e socios e calquer interesado en xeral. Según puido saber a redacción dos informativos de Rádio FilsipiM, ao non se ter dado resposta ao oferecemento de BBTTA, esta vén de reiteralo cun segundo comunicado que transcribimos deseguido:
"Boas tardes. Dende a asociación BBTTA dirixímonos a vostede para facerlle saber que, todo o incidente acontecido causou un gran malestar na comunidade de nais lactantes de Ferrolterra.
Varios días despois do sucedido todavía non obtivemos ningunha resposta pola súa parte. Nin disculpas públicas á familia, nin unha explicación aclaratoria de todo o sucedido, nin unha resposta ó comunicado que emitimos dende a nosa asociación.
Polo tanto, pedímoslle que nos conteste dalgún xeito, afirmativa ou negativamente, á nosa proposta, na que plantexamos unha sinxela charla de información sobre lactación materna nas súas instalacións.
Un saúdo.
BBTTA Narón" (luns, 14 de outubro de 2013)
O certo é que son moitas xa as voces que, nas redes sociais, reclaman coma resposta ao silencio unha tetada masiva no exterior da particular sociedade ferrolá, fronte a "pecera".
Redacción Informativos Rádio FilispiM.
Publicado por
Rádio Filispim Filispino
en
6:27 PM
Nenhum comentário:
Vínculos a esta entrada
| Reacciones: |
Etiquetas:
bbtta,
colectivos sociais,
Informativos Rádio FilispiM,
lactancia,
Novas,
Novas Locais
Assinar:
Postagens (Atom)
















