Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

15 abril, 2019

Programa especial: Conferencia de Amelia Tiganus ( 12-4-2019)


  Conferencia   de Amelia Tiganus    ( 12-4-2019)

A ninguén lle gusta falar da prostitución, nin tampouco que se faga visible nas nosas vidas. Agora ben, ¿é a prostitución unha opción vital semellante a calquera outro traballo? Certamente é un modo de vida para os "empresarios do sexo" que buscan a normalización legal e social do seu diñeiro. Porque non deberiamos esquecer que a prostitución é o terceiro negocio en beneficios e que unha parte substancial deste negocio repousa na "economía criminal". Está comprobado que ao redor do mundo da prostitución prodúcese un aumento do tráfico de drogas, a delincuencia e outros delitos.

En España hai polo menos tres bordeis por cada hospital público. Nun dos países con máis clientes de prostitución do mundo
Hasta 40 millóns de persoas son prostituídas no mundo, segundo informes internacionais. Tres de cada catro teñen entre 13 e 25 anos de idade. Interior censou a 14.000 prostitutas en España en 2017 aínda que estima que son polo menos o triplo. Outros informes aluden a 100.000. A policía estima que o 80% delas son vítimas forzadas, aínda que non existen cifras oficiais. 

  Para   abordar   este  tema,  dende   Fuco Buxan ,  invitamos a AMELIA TIGANUS  para escoitar de primeira man o seu testemuño, a súa experiencia e compromiso na loita deste problema social. 

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails